Tratado de Amiens
páxina de homónimos
Esta é unha páxina de homónimos, unha axuda de navegación que presenta unha lista de páxinas que comparten o mesmo título porque se pronuncian ou escriben igual. Se chegaches aquí a través dunha ligazón interna, quizais desexes corrixila de modo que apunte ao artigo axeitado. Podes axudarte do detector de homónimos, activándoo en: Preferencias → Trebellos → Navegación → Homónimos: Activar o detector de homónimos. |
Tratado de Amiens pode referirse a algún dos diferentes tratados ou paces asinados nesta localidade francesa:
- Tratado de Amiens (1279), entre Filipe III de Francia e Eduardo I de Inglaterra, polo que o monarca francés aceptaba a aplicación do Tratado de París (1259) e aceptaba ceder ao monarca inglés, trala morte de Afonso de Poitiers, Agen e Périgord.
- Tratado de Amiens (1423), foi unha alianza entre o John de Lancaster (duque de Bedford), Jean V (duque da Bretaña) e Filipe III de Borgoña, pola que recoñecían a Henrique VI de Inglaterra como rei de Francia comprometéndose a combater contra o delfín Carlos e as súas pretensións ao trono de Francia.
- Tratado de Amiens (1802), que puxo fin á guerra entre o Reino Unido, dunha banda, e a República Francesa, o Reino de España e a República Bátava. doutra.