Trofalaxia
A trofalaxia ou trofalaxe (/ks/) é a transferencia de comida ou outros fluídos entre membros dunha comunidade xa sexa por medio dunha alimentación boca a boca (estomodeal) ou ano-boca (proctodeal). Está máis amplamente desenvolvida nos insectos sociais como as formigas, térmites, avespas e abellas. A palabra foi introducida polo entomólogo William Morton Wheeler en 1918.[1] Este comportamento foi utilizado no pasado como apoio de teorías sobre a orixe da socialidade nos insectos.[2] O psicólogo e entomólogo suízo August Forel tamén cre que a compartición de comida foi a clave da sociedade das formigas e utilizou unha ilustración diso como portada para o seu libro The Social World of the Ants Compared with that of Man (O mundo social das formigas comparado co do home).[3]
En formigas como a formiga de fogo (Solenopsis invicta) os membros individuias das colonias almacenan alimento nos seus boches e intercambiano regularmente con outros membros da colonia e larvas para formar unha sorte de "estómago comunal" de toda a colonia. Nas térmites e cascudas,[4] a trofalaxia proctodeal é esencial para recuperar os microorganismos endosimbiontes do aparato dixestivo que se perden despois de cada muda. Isto non debería confundirse coa coprofaxia.
Moitas avespas, como Protopolybia exigua e Belonogaster petiolata, mostran un comportamento de alimentación no que os adultos realizan a trofalaxia con outros adultos e coas larvas.[5][6]
Ademais, as avespas Vespula austriaca tamén realizan a trofalaxia cos seus obreiros hóspedes para obter nutrientes.[7]
Algúns vertebrados, como algunhas espeices de aves, lobos grises, e vampiros tamén alimentan as súas crías dun modo similar á trofalaxia.
A trofalaxia serve como un medio para a comunicación polo menos nas abellas e formigas. Nalgunhas especies de formigas, pode xogar un papel no espallamento do olor da colonia que identifica aos seus membros.[8]
Notas
editar- ↑ Wheeler, W. M. (1918). "A study of some ant larvae with a consideration of the origin and meaning of social habits among insects". Proc. Am. Philos. Soc. 57 (4): 293–343. JSTOR 983940.
- ↑ Roubaud, E. (1916). "Recherches biologiques sur les guepes solitaires et sociales d'Afrique. La genese de la vie sociale et l'evolution de l'instinct maternel chez les vespides". Ann Sci Nat (en francés) 1: 1–160.
- ↑ Sleigh, Charlotte (2002). "Brave new worlds: Trophallaxis and the origin of society in the early twentieth century". Journal of History of the Behavioral Sciences 38 (2): 133–156. doi:10.1002/jhbs.10033.
- ↑ Kitade, Osamu (2004). "Comparison of Symbiotic Flagellate Faunae between Termites and a Wood-Feeding Cockroach of the Genus Cryptocercus". Microbes and Environments 19 (3): 215–220. doi:10.1264/jsme2.19.215.
- ↑ Rocha, AA, and Carlos Costa Bichara Filho. "Resources Taken to the Nest by Protopolybia Exigua (Hymenoptera, Vespidae) in Different Phases of the Colony Cycle, in a Region of the Medio Sao Fransisco River, Bahia, Brazil."Sociobiology54.2 (2009): 439-56. Print.
- ↑ Keeping, Malcolm G. "Social Behavior and Brood Decline in Reproductive-phase Colonies OfBelonogaster Petiolata(Degeer) (Hymenoptera: Vespidae)." Journal of Insect Behavior 10.2 (1997): 265-78. Web. 20 Sept. 2014.
- ↑ Reed, H.C.; Akre, R.D. (1983). "Colony behavior of the obligate social Vespula austriaca (Panzer) (Hymenoptera Vespidae)". Insectes Sociaux 30 (3): 259–273. doi:10.1007/bf02223984.
- ↑ Dahbi, A.; Hefetz, A.; Cerda, X.; Lenoir, A. (1999). "Trophallaxis mediates uniformity of colony odor in Cataglyphis iberica ants (Hymenoptera, Formicidae)". Journal of Insect Behavior 12 (4): 559–567. doi:10.1023/A:1020975009450.