Valparaíso é unha cidade, porto e comuna de Chile, capital da provincia e rexión de Valparaíso. Sitúase uns 117 km da capital do país, Santiago de Chile. É o centro histórico, administrativo, universitario e principal núcleo urbano da Área Metropolitana de Valparaíso, que forma xunto ás comunas de Viña del Mar, Quilpué, Villa Alemana e Concón. Segundo o censo 2012 conta cunha poboación estimada de 300.000 persoas, que ascende a 1.040.000 habitantes se incluímos a súa conurbación, sendo a terceira cidade e área metropolitana máis poboada de Chile, por detrás da de Santiago e Concepción.

Modelo:Xeografía políticaValparaíso
Imaxe

Localización
Mapa
 33°02′46″S 71°37′11″O / -33.0461, -71.6197
EstadoChile
RexiónRexión de Valparaíso
ProvinciaProvincia de Valparaíso
ComunaValparaíso (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación296.655 (2017) Editar o valor en Wikidata (6.182,89 hab./km²)
Xeografía
Superficie47,98 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude21 m Editar o valor en Wikidata
Creación1536 Editar o valor en Wikidata
Organización política
Membro de
Identificador descritivo
Código postal2340000 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico32 Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con

Sitio webmunicipalidaddevalparaiso.cl Editar o valor en Wikidata
BNE: XX455648

Valparaíso é sede do Congreso Nacional, da Comandancia da Armada de Chile e doutras institucións do Estado de carácter nacional como o Consello Nacional da Cultura e as Artes, a Subsecretaría de Pesca, os servizos de Aduanas e de Pesca e Acuicultura. É o principal porto de Chile e un dos máis importantes do Pacífico Sur.[1] Ademais a cidade é sede dalgunhas das universidades máis prestixiosas do país como a Pontificia Universidade Católica de Valparaíso, Universidade de Praia Ancha, Universidade de Valparaíso e Universidade Técnica Federico Santa María.

Geograficamente, a cidade preséntase en forma dun grande anfiteatro natural, na baía homónima e rodeada de cerros, nos cales vive a maior parte da poboación.[2] Entre o pé dos cerros e o mar fórmase o Plan, centro administrativo, comercial e financeiro da cidade; mentres o bordemar é ocupado polo porto.

Debido á súa riqueza arquitectónica desenvolvida principalmente a fins do século XIX,[3] en 2003 o seu centro histórico foi declarado Patrimonio da Humanidade pola Unesco, converténdose no terceiro sitio chileno protexido polo organismo internacional, tralo Parque nacional Rapa Nui e 16 igrexas de Chiloé.[3]

O poeta chileno Pablo Neruda tiña unha casa na cidade.

  1. "Ranking Portos 2015". AméricaEconomía. Consultado o 3 de agosto de 2015. [Ligazón morta]
  2. Cidade de Valparaíso. "Cerros de Valparaíso, o paréntesis visual da cidade". Archived from the original on 20 de setembro de 2011. Consultado o 30 de xaneiro de 2011. 
  3. 3,0 3,1 "Barrio histórico da cidade portuaria de Valparaíso". Consultado o 2 de novembro de 2014. [Ligazón morta]

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar