Vicente Blasco Ibáñez

Vicente Blasco Ibáñez, nado en València o 29 de xaneiro de 1867 e finado en Menton o 28 de xaneiro de 1928, foi un escritor, xornalista e político valenciano.

Modelo:BiografíaVicente Blasco Ibáñez

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento29 de xaneiro de 1867 Editar o valor en Wikidata
Valencia, España Editar o valor en Wikidata
Morte28 de xaneiro de 1928 Editar o valor en Wikidata (60 anos)
Menton, Francia Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCemiterio Xeral de Valencia Editar o valor en Wikidata
Deputado das Cortes
18 de abril de 1898 – 18 de novembro de 1908 – Julio Cervera Baviera (pt) Traducir →
Circunscrición electoral: Valencia
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónUniversidade de Valencia Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo París
Madrid Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónescritor, novelista, guionista, avogado, director de cinema, político, xornalista, poeta Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1888 Editar o valor en Wikidata - 1928 Editar o valor en Wikidata
Partido políticoAutonomist Republican Union Party (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
MovementoRealismo literario Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
FillosJulio César Blasco-Ibáñez Blasco, Mario Blasco-Ibáñez Blasco, Libertad Blasco Ibáñez, Sigfrido Blasco-Ibáñez Blasco Editar o valor en Wikidata
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteSvensk Uppslagsbok (pt) Traducir
Grande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Бласко Ибаньес Висенте)
Ensayo de un catálogo de periodistas españoles del siglo XIX (1903-1904), (sec:Blasco Ibáñez (Vicente), p.49) Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0087658 Allocine: 74486 Allmovie: p217562 IBDB: 78995
BNE: XX1028057 WikiTree: Blasco_Ibáñez-1 Find a Grave: 7268122 Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Cursou estudos de Dereito na Universidade de Valencia e licenciouse en 1888, aínda que practicamente non exerceu esta carreira. Dividiu a súa vida entre a política, a literatura e o amor ás mulleres, das que era un admirador profundo, tanto da beleza física como das súas características psicolóxicas. Definíase como un home de acción, antes que como un literato. Escribía cunha inusitada rapidez. Entusiasta de Miguel de Cervantes e da historia e a literatura castelás.

Quixo que a súa vida fose a súa mellor novela e conseguiuno. Militante do partido republicano desde a súa xuventude, fundou o diario El Pueblo en Valencia, foi deputado en Cortes en diversas ocasións e bateuse en duelo varias veces. Nun destes desafíos estivo a punto de perder a vida pois a bala alcanzou a fibela do cinto, grazas á cal salvouse. Tivo amores tempestuosos, e cara 1909 viaxou a Arxentina onde, ademais de crear dúas cidades, Nova Valencia e Cervantes, impartiu conferencias sobre a historia e a literatura casteláns. Anos despois, cansado da súa vida de colonizador na que recolleu algúns fracasos que non lle son atribuíbles, marchou a París, coincidindo coa chegada ao poder de Cánovas del Castillo e o inicio da primeira guerra mundial. Recibiu o encargo persoal do Presidente Raymond Poincaré de escribir unha novela sobre a guerra. E foi Los cuatro jinetes del Apocalipsis, que cativou ou público norteamericano e chegou a ser máis lida que a Biblia naquel país. Cultivou diversos xéneros dentro da narrativa. Así, obras como Arròs i tartana, Canyes i fang (1902) o La barraca (1898), entre outras, pódense considerar novelas rexionais. Ao mesmo tempo, destacan os seus libros de carácter histórico, como Mare Nostrum, Los cuatro jinetes del Apocalípsis (1916), El Papa del Mar, A los pies de Venus ou de carácter autobiográfico como La maja desnuda, La voluntad de vivir, La catedral, fresco detallado dos manexos eclesiásticos da Catedral de Toledo, e sobre todo Los argonautas, onde mestura a súa propia biografía coa historia da colonización española de América.

A pesar de ser incluído por algúns críticos entre os escritores da xeración do 98, o certo é que os seus contemporáneos non o admitiron entre eles. Foi un home afortunado en todas as ordes da vida e ademais enriqueceuse coa literatura, cousa que os seus compañeiros non conseguiron. Ademais, a súa personalidade irresistible, impetuosa, vital, fíxolle ser antipático para algúns. A pesar diso o mesmo Azorín, un dos seus detractores, escribiu páxinas extraordinarias nas que manifesta a súa admiración polo escritor valenciano: polas súas máxicas descricións da horta de Valencia e do seu esplendoroso mar, semellantes en luminosidade e vigor ao trazos dos pinceis do seu gran amigo, o pintor valenciano Joaquín Sorolla.

Ingresou con 21 anos na masonaría, o 6 de febreiro de 1887, e adoptou o nome simbólico de Danton. Formou parte da Loxa Unión núm. 14 de Valencia e posteriormente da Loxa Acacia núm. 25.

Politicamente era un republicano federal. Militou na Unión Republicana de Nicolás Salmerón, pero despois fíxose amigo de Alejandro Lerroux e organizou con el o Partido Republicano Radical en Valencia, do que se separou en 1908 para fundar o Partido de Unión Republicana Autonomista,[1] que durante a Segunda República Española dirixiu o seu fillo Sigfrido Blasco-Ibáñez. Foi o impulsor da doutrina política valenciana coñecida como blasquismo.

Algúns autores atribuíronlle un posicionamento ideolóxico anticatalanista, fundamentándose no episodio de boicot e unha conferencia de Joan Ventosa e Francesc Cambó no Teatro Principal de Valencia en 1918, por parte dos seguidores republicanos da esquerda populista do partido de Blasco Ibáñez que irromperon no teatro aos berros de «¡Viva España, muera Cataluña!».[2] En realidade, ese feito ocultaba un conflito social da época entre proteccionismo (conservadorismo catalá) e librecambismo (republicanismo valenciano) económico, nun contexto de forte crecemento da economía capitalista.[2] Un exemplo que refuta esta teoría é a homenaxe que o partido fai en Valencia en 1934 para conmemorar a morte do líder republicano catalán Francesc Macià, chegando a publicar no seu diario oficial, El Pueblo, titulares como: «Don Francisco Maciá era para Cataluña lo que Blasco Ibáñez para Valencia».[2]

Nesta liña, unha delegación oficial valenciana formada por Sigfrido Blasco-Ibáñez (fillo de Vicente Blasco Ibáñez), en nome do PURA e dos deputados republicanos valencianos; delegados da Deputación de Valencia; e o primeiro tenente de alcalde, xuntamente cos rexedores do Concello de Valencia viaxaron para acompañar a Macià no seu enterro.[2] Sen ir máis lonxe e como exemplo do sentimento colectivo respecto ao catalanismo no País Valencià durante a época, o goberno local do pequeno concello de la Nucia, preto de Benidorm (Marina Baixa), expresou as súas condolencias pola defunción de Macià: «con este motivo y por tratarse de un gran luchador a favor de la implantación de la República Española, acordó la Corporación hacer constar en acta su sentimiento...».[2]

Conservou unha vila na praia da Malvarosa, a pesar das súas viaxes polo mundo, onde debatía cos intelectuais e amigos da súa época. Esta vila, que foi restaurada, denomínase Casa Museu Blasco Ibáñez.

Vicent Blasco Ibáñez era fillo de aragoneses e, aínda que falaba valenciano, escribiu a súa obra case exclusivamente en castelán, excepto algún relato curto en valenciano publicado no almanaque de Lo Rat Penat grazas ao seu amigo Constantí Llombart. Nas súas primeiras obras de carácter máis popular os diálogos dos personaxes escribíaos en valenciano sen tradución, ben por consideralo máis xenuíno o ben por consideralo un caso particular que podía ser ben entendido polos castelanfalantes.

A obra de Vicente Blasco Ibáñez, na maioría das historias da literatura española, polas súas características xerais acostuma cualificarse como pertencente ao naturalismo literario. Tamén podemos observar, na primeira fase, algúns elementos costumistas e rexionalistas.

 
La araña negra (1892) portada do tomo I.
 
Sarcófago do escritor, feito por Mariano Benlliure, no Museo de Belas Artes de Valencia
  • A los pies de Venus (1926)
  • Argentina y sus grandezas (1910)
  • Arròs i tartana (1894) [1]
  • Canyes i fang (1992) [2]
  • Cuentos valencianos
  • El caballero de la virgen
  • El femater (1893)
  • El intruso (1904)
  • El oriente
  • El papa del mar (1925)
  • El paraíso de las mujeres (1922) [3]
  • El préstamo de la difunta [4]
  • El sol de los muertos
  • En busca del Gran Khan
  • Entre naranjos (1900)
  • Fantasma de las alas de oro
  • Flor de maig (1895)
  • La araña negra (1892)
  • La barraca (1898) [5]
  • La bodega (1904/5)
  • La catedral (1903) [6]
  • La horda (1905)
  • La maja desnuda (1906)
  • La Tierra de Todos (1922) [7]
  • La voluntad de vivir (1953)
  • La vuelta al mundo de un novelista
  • Los argonautas (1915)
  • Los Cuatros Jinetes del Apocalipsis (1916) [8]
  • Los enemigos de la mujer (1919)
  • Los muertos mandan (1909)
  • Luna Benamor (1909)
  • Mare Nostrum
  • Militarismo mejicano . (1920)
  • Novelas de la costa azul
  • Oriente
  • Puesta de sol
  • Sangre y arena (1908)
  • Sónnica la cortesana (1901)
  • Vistas sudamericanas
  • ¡Viva la república! (1893)
  1. Simón, Federico (11-1-2009). "El niño que quería ser ministro". elpais.com (en castelán). Consultado o 5-6-2020. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 Boira i Maiques, Josep Vicent (2010). La Commonwealth catalanovalenciana: la formació de l'eix mediterrani al segle XX. Colección: L'Arquer (en catalán). Barcelona: Columna CAT. pp. 201, 230, 231. ISBN 978-84-664-1175-2. 

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Boira i Maiques, Josep Vicent (2010). La Commonwealth catalanovalenciana: la formació de l'eix mediterrani al segle XX (en catalán). L'Arquer. ISBN 978-84-664-1175-2. 

Ligazóns externas

editar