Nosa Señora do Monte Carmelo
Nosa Señora de Monte Carmelo, referida comunmente e máis coñecida como Virxe do Carme, é unha das diversas advocacións da Virxe María.
Nosa Señora do Monte Carmelo | |
---|---|
Virxe do Carme e santos carmelitas | |
Advocación da Virxe María | |
Historia | |
Orixe da devoción | século XII en Monte Carmelo, Terra Santa, por primeiro grupo carmelita |
Veneración | |
Venerada en | Igrexa Católica |
Festividade | 16 de xullo |
Atributos | Escapulario do Carme |
Patroa de | Mariñeiros |
Historia e características
editarA súa denominación procede do chamado Monte Carmelo, en Israel, un nome que deriva da palabra Karmel ou Al-Karem e que se podería traducir como xardín. A relación co lugar procede de que uns seguidores do profeta Elías acamparon alí, foi unha aparición axudoulles a decidir o seu rumbo e tras disto declarárona a súa padroeira. Represéntase co neno Xesús no seu colo á dereita, e con cadanseus dous escapularios.
En España é patroa do mar e da Armada Española, e en Colombia das Forzas Armadas, a Policía e os Bombeiros. Esta advocación dá nome a todas aquelas persoas que se chaman Carme, Carmela ou Carmelo, celebrando a súa onomástica o día da festa da virxe, o 16 de xullo.
Existen hoxe en activo ordes carmelitas repartidas por todo o mundo, masculinas e femininas, as cales viran ó redor desta figura mariana.
O nome de Carme é un dos máis populares en Galicia.
Galería de imaxes
editarA Virxe do Carme en Galicia
editar-
Imaxe en Ponte Sampaio.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Nosa Señora do Monte Carmelo |
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar- Páxina dos carmelitas (en varias linguas).