Voda
Unha voda,[1] tamén chamada casoiro,[2] casamento,[3] esposorio[4], himeneo[5] ou nupcias[6] é unha cerimonia civil ou relixiosa mediante a que se principia un acordo de matrimonio. A cerimonia componse de varias partes, que poden variar dependendo do rito, aínda que as máis comúns, fundamentalmente na concepción relixiosa do termo, son o intercambio de aneis e os votos nupciais.
En Galiza
editarEn Galiza, tradicionalmente foron maioritarias as vodas católicas, mais a partir do comezo do século XXI a tendencia foi mudando en favor dos casamentos civís. Foi no ano 2009 cando estes últimos superaron por vez primeira a aqueloutras de corte relixioso.[7] En 2016 casaron en Galiza un total de 9 129 parellas, das que 6 879 (o 75,35%) o fixeron por medio de cerimonias civís e 2 250 (o 24,65%) seguiron o rito católico.[7]
Ano | Total de casamentos |
Rito civil | Rito relixioso | |
---|---|---|---|---|
1996 | 11 551 | 2 339 (20,25%) | 9 212 (79,75%) | |
1998 | 11 866 | 2 682 (22,60%) | 9 184 (77,40%) | |
2000 | 11 955 | 2 676 (22,38%) | 9 279 (77,62%) | |
2002 | 11 472 | 3 121 (27,21%) | 8 351 (72,79%) | |
2004 | 11 339 | 3 839 (33,86%) | 7 500 (66,14%) | |
2006 | 11 024 | 4 506 (40,87%) | 6 518 (59,13%) | |
2008 | 10 759 | 4 812 (44,73%) | 5 947 (55,27%) | |
2010 | 9 675 | 5 292 (54,70%) | 4 383 (45,30%) | |
2012 | 9 380 | 5 767 (61,48%) | 3 613 (38,52%) | |
2014 | 8 687 | 5 856 (67,41%) | 2 831 (32,59%) | |
2016 | 9 129 | 6 879 (75,35%) | 2 250 (24,65%) | |
Tendencia dos casamentos civís e relixiosos en Galiza entre (1996-2016)[7][8] |
O casamento na cultura popular galega
editar- Casaron a Pedro con Manoela; se ruín é el, ruín é ela.
- Casou Pedro e non foi mal; casou en terras de pan.
- Día de casamento, día de contento.
- O día da voda deixade á noiva que se compoña.
- O día que me casei, boa cadea me botei.
- O día que te casas, ou te curas ou te matas.
- O día que te cases, ten coidado non te manques.
- Cásate, Xan, en domingo,/ estarás o luns de voda,/ o martes traballarás,/ e acabouse a festa toda.
- Cásate Xan en domingo,/ estarás o luns de voda/ e o martes traballarás / para que folgue túa dona.
Notas
editar- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para voda.
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para casoiro.
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para casamento.
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para esposorio.
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para himeneo.
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para nupcias.
- ↑ 7,0 7,1 7,2 "Só 1 de cada 4 vodas se celebran xa pola Igrexa en Galicia". Praza.gal. 26 de xuño de 2017. Consultado o 22 de maio de 2018.
- ↑ Pérez Pena, Marcos (6 de decembro de 2014). "A Igrexa, cada vez con menos voz nos 'Si, quero'". Praza.gal. Consultado o 22 de maio de 2018.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Voda |
A Galicitas posúe citas sobre: Voda |