Wikipedia:Ficheiros multimedia
Algúns artigos da Wikipedia poden incluír ficheiros de son ou vídeo. Para reproducilos, o seu ordenador debe dispor do software apropiado; se non dispón del, existen reprodutores libres dispoñíbeis en Internet.
Os ficheiros de son empregan normalmente o formato de son Vorbis e os de vídeo o Theora. Trátase de formatos parecidos a outros frecuentes como MP3 e MPEG. A diferenza estriba en que estes formatos Ogg son completamente libres, abertos e non arrastran problemas de patentes (vexa o artigo sobre o software libre). Os ordenadores con Microsoft Windows non os reproducen por omisión e requiren que se instale software adicional.
Os ficheiros de música poden empregar o formato MIDI. Normalmente MIDI non require novo software, xa que a maioría dos ordenadores dispoñen dunha tarxeta de son que o entende directamente.
Para colocar un ficheiro de son nun artigo pódese facer uso do modelo {{Audio}}.
Volver á páxina de axuda. |