Wizz Air
Wizz Air é unha aeroliña de baixo custo húngara[3] con sede en Vecsés, Hungría, e con presenza na súa meirande parte nos países do leste de Europa. Os seus aeroportos principais son o Aeroporto Internacional de Katowice, Aeroporto de Varsovia-Frédéric Chopin, Aeroporto de Gdańsk-Lech Wałęsa en Polonia, Aeroporto de Sofía en Bulgaria, Aeroporto de Bucarest-Băneasa en Romanía, Aeroporto Internacional de Budapest Ferihegy (a maior base) en Hungría e outros.
Wizz Air | ||
---|---|---|
IATA W6 | OACI WZZ | Indicativo WIZZ AIR |
Fundación | ||
Inicio das operacións | 2003 | |
Aeroporto principal | Aeroporto Internacional de Katowice Aeroporto Internacional de Budapest Ferihegy | |
Frota | 179 (incluíndo subsidiarias)[1] | |
Destinos | 194 (June 2023)[2] | |
Eslogan da compañía | We can all fly now | |
Sede | ||
Dirixentes | József Váradi | |
Páxina web: http://www.wizzair.com |
A súa frota componse de 37 avións Airbus A320-232.[4]
Historia
editarA aeroliña Wizz Air foi fundada en setembro do ano 2003. O seu principal accionista é Indigo Partners, unha empresa de fondos de investimento estadounidense adicada ao mercado do transporte[5] . A aeroliña comezou a súa actividade o 19 de maio de 2004 dende Katowice, 19 días após a admisión de Polonia e Hungría coma membros integrantes de Unión Europea.
József Váradi, Director Executivo de Wizz Air, gañou o premio Ernst & Young ao "Brave Innovator" (o innovador máis ousado) no ano 2007.
No verán de 2008, Wizz Air pasou a ser a primeira compañía de baixo custo de Ucraína, por diante de Ryanair.
No 2011 Wizz Air manexou 11 millóns de pasaxeiros (un 15% máis ca no ano 2010), dos cales 4,2 millóns corresponderan a rutas polacas. Nos últimos tempos, Wizz Air deu por frear o desenvolvemento das súas conexións en Polonia para expandir a súa presenza cara a outros países, abrindo novas bases na República Checa, Bulgaria, Macedonia do Norte, Romanía, Lituania e Serbia. Porén, Polonia segue a ser o principal centro de mercado da aeroliña.[6]
Frota
editarEn novembro de 2014 a frota de Wizz Air estaba formada polos seguintes avións:[7]
Avión | En servizo | Pedidos | Opcións | Almacenados | Pasaxeiros | Notas |
---|---|---|---|---|---|---|
Airbus A320-232 | 52 | 34 | 0 | 0 | Y180 | |
Airbus A321-231 | 0 | 26 | 0 | 0 | Y220 | Entregas en 2016 |
Total |
Notas
editar- ↑ "General Information". Wizz Air. Consultado o 16 June 2023.
- ↑ "Investor Relations Overview". Wizz Air. Consultado o 9 November 2022.
- ↑ wizzair.com
- ↑ Wizz Air. The Book 2010-2011 (en inglés) (Airfleets.net). p. 149.
- ↑ "Ryanair meets Wizz Air: does a merger make sense?". 08-07-2009. Arquivado dende o orixinal o 15-07-2009. Consultado o 28-07-2009.
- ↑ "Wizz Air: 15% wzrost, w Polsce tylko 2%". Consultado o 2011-01-07.
- ↑ Planespotters (ed.). "Frota de Wizz Air". Arquivado dende o orixinal o 08 de outubro de 2017. Consultado o 4 de xaneiro de 2015.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Wizz Air |