Xosé Luís Baltar
Xosé Luís Baltar Pumar, nado en Esgos o 10 de outubro de 1940, é un político galego.
Nome orixinal | Xosé Luís Baltar Pumar |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 10 de outubro de 1940 (84 anos) Esgos, España |
Senador de España | |
1993 – 2000 | |
Presidente da Deputación de Ourense | |
1990 – 2012 (dimisión) ← Vitorino Núñez – José Manuel Baltar Blanco → | |
Alcalde de Nogueira de Ramuín | |
1976 – 1995 | |
Actividade | |
Lugar de traballo | Madrid |
Ocupación | presidente da Deputación de Ourense |
Período de actividade | 1990 ata 2012 |
Partido político | Partido Popular |
Familia | |
Fillos | José Manuel Baltar Blanco |
Traxectoria
editarMestre, foi alcalde de Nogueira de Ramuín (1976-1995), presidente da deputación provincial de Ourense dende 1990, senador (1993-2000). Foi secretario xeral de Centristas de Galicia ata que ese partido se integrou no PPdeG, do que é presidente provincial.
En xaneiro de 2003 impulsou unha rebelión de deputados ourensáns contra o que entendía era unha deriva de "desgaleguización" do PPdG a raíz da destitución de Xosé Cuíña co gallo da crise do Prestige, ameazando con deixar a Fraga en minoría no Parlamento de Galicia.[1] Como continuación desta liña política, o 20 de setembro de 2004 comunicou a Fraga a súa intención de formar un partido nacionalista de centro dereita sucesor de Centristas de Galicia, se non se lle daba total liberdade para formar a lista de Ourense para as eleccións autonómicas de 2005 e non se incluía ao defenestrado Cuíña nun posto digno na de Pontevedra. O 4 de outubro Fraga chegou a un acordo con el aceptando estas condicións.[2]
Sucesión
editarEn xaneiro de 2010 o seu fillo, José Manuel Baltar Blanco gañaba o XV Congreso provincial do Partido, nunha pretendida reafirmación de autonomía e identidade galega e ourensá, con algo máis do 60% dos votos,[3] e no que tivo enfronte unha candidatura apoiada polo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo.[4] O 24 de xaneiro de 2012, con 71 anos de idade, anunciou publicamente a dimisión dos cargos públicos que mantiña: presidente da Deputación de Ourense, deputado provincial nesa mesma provincia e concelleiro no concello de Ourense, quedando exclusivamente como militante de base do PPdeG. Foi sucecido polo seu fillo, José Manuel Baltar Blanco.[5]
Condena
editarDurante o seu período á fronte da Deputación de Ourense, foi acusado en varias veces de favoritismos e malas prácticas sen que se puidese probar nada. Porén, dous anos despois de dimitir de tódolos seus cargos, foi condenado pola contratación irregular de 104 traballadores en vésperas do congreso provincial no que se levou a cabo o seu relevo.[4]
Notas
editar- ↑ Beramendi (2007-2008), p.193
- ↑ Beramendi (2007-2008), p. 209
- ↑ Europa Press (2010-01-30). "Baltar Blanco, nuevo presidente del PP de Ourense". farodevigo.es (en castelán). Consultado o 2023-10-29.
- ↑ 4,0 4,1 Ascón., Miguel (14 de xuño de 2023). "El adiós de Baltar pone fin a tres décadas de la saga familiar en Ourense". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 29 de outubro de 2023.
- ↑ De la Fuente, S. (2012-02-07). "Baltar asume la Diputación de Ourense con la promesa de gobernar sin influencias externas". farodevigo.es (en castelán). Consultado o 2023-10-29.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Barrera, Feliciano, ed. (2002). "Baltar Pumar, José Luis". Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXI (en castelán). Santiago de Compostela: El Correo Gallego. p. 52. ISBN 84-8064-113-4.
- Beramendi, Justo (2007-2008). A gran historia de Galicia. Tomo XIV, volume 2. A Coruña: La Voz de Galicia. ISBN 978-84-96931-32-9.
Outros artigos
editarLigazóns externas
editarPredecesor: - |
Alcalde de Nogueira de Ramuín 1976 - 1995 |
Sucesor: José Eugenio Galindo |
Predecesor: Vitorino Núñez |
Presidente da Deputación de Ourense 1990 - 2012 |
Sucesor: José Manuel Baltar Blanco |