Justo Villanueva: Diferenzas entre revisións
Xas (conversa | contribucións) Nova páxina: "'''Justo Villanueva Gómez''', nado en Corcubión o 17 de mayo de 1892 1893 e finado en Madrid en 1952, foi un avogado e político galego. ==Traxectoria== Catedrát..." |
Xas (conversa | contribucións) datas |
||
Liña 1: | Liña 1: | ||
'''Justo Villanueva Gómez''', nado en [[Corcubión]] o 17 de |
'''Justo Villanueva Gómez''', nado en [[Corcubión]] o [[17 de maio]] de [[1892]] e finado en [[Madrid]] en [[1952]], foi un avogado e político galego. |
||
==Traxectoria== |
==Traxectoria== |
Revisión como estaba o 17 de abril de 2011 ás 21:39
Justo Villanueva Gómez, nado en Corcubión o 17 de maio de 1892 e finado en Madrid en 1952, foi un avogado e político galego.
Traxectoria
Catedrático de Dereito político das universidades de La Laguna (1922), Santiago de Compostela, Sevilla e Valladolid e militante do Partido Republicano Radical, foi elixido deputado pola provincia de Ourense nas eleccións a Cortes Constituíntes de 1931, nas eleccións xerais de 1933 e nas eleccións xerais de 1936. Nestas últimas, foi considerado inicialmente como deputado (quedara en noveno lugar, o último da circunscrición en votos), pero a Comisión de Actas anulou a súa elección o 2 de abril ao non computarse como válidos un total de 106.000 votos por diversas irregularidades.
Coa sublevación do 18 de xullo de 1936 refuxiouse en Portugal. Foi depurado sendo separado da súa cátedra o 24 de setembro de 1937; en 1939 foi sometido ao Xulgado de Responsabilidades Políticas. Foi rehabilitado o 16 de febreiro de 1952.