Saltar ao contido

Camilo Cienfuegos: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
m Introduciendo ficha
Sen resumo de edición
Liña 1: Liña 1:
{{Biografía}}
{{Infmilitanteilegal
{{Infmilitanteilegal
|nomecompleto = Camilo Cienfuegos Gorriarán
|nomecompleto = Camilo Cienfuegos Gorriarán

Revisión como estaba o 5 de novembro de 2018 ás 10:08

Modelo:Infmilitanteilegal Camilo Cienfuegos Gorriarán, nado 6 de febreiro de 1932 na Habana e finado o 28 de outubro de 1959 nun accidente aéreo, foi un revolucionario cubano e unha das principais figuras da Revolución cubana. Peza clave na toma da cidade de Yaguajay na ofensiva final revolucionaria.

Foi coñecido cos apelativos de O comandante do pobo, O señor da vangarda, Heroe de Yaguajay ou O heroe do sombreiro alón e foi dos líderes revolucionarios máis queridos e máis chorados polo pobo a causa da súa extracción humilde e o seu carácter xovial.

Biografía

Xuventude

Naceu no barrio de Jesús del Monte, fillo de Ramón Cienfuegos Flores e Emilia Gorriarán Zaballa, anarquistas orixinarios de Pravia (Asturias) e Castro Urdiales (Cantabria). Comezou a estudar na Escola Pública Nº96 San Francisco de Paula na Habana, e tras varios cambios de domicilio debidos á mala situación económica da familia acabou na barriada de Lawton a rematar os estudos primarios na Escola Pública Nº105 Félix E. Alpízar.

Comezou a involucrarse nas loitas sociais en 1948 participando nas protestas contra o aumento dos prezos do autobuses urbanos.

Granma

En setembro de 1956 atopábase en México, onde entrou en contacto con Fidel Castro e o Movemento 26 de Xullo, que dende o exilio estaba organizando unha expedición revolucionaria a Cuba para derrocar o réxime de Fulgencio Batista. Ao pouco comezou a adestrarse en guerra de guerrillas e prácticas de tiro no campamento de Abasolo (estado mexicano de Tamaulipas) e incorporouse á expedición do iate Granma.

O Granma partiu o 25 de novembro con 82 expedicionarios a bordo, entre os que ademais de Fidel e Camilo ian futuras figuras da loita revolucionaria coma Juan Almeida, Raúl Castro, Ramiro Valdés ou Ernesto Che Guevara.

O 2 de decembro desembarcaba a dous quilómetros da praia Las Coloradas, onde encallou o barco polo que se perdeu gran parte do material transportado.

Lembranza

Reprodución en cera do Che Guevara e Camilo Cienfuegos en Serra Maestra, Museo da Revolución (A Habana).

Na súa honra tódolos 28 de outubro os escolares cubanos botan flores ao mar, esta iniciativa foi creada polo Che.

A Universidade de Matanzas leva como nome Camilo Cienfuegos na súa honra[1].

No ano 2009 instalouse unha escultura metálica na fachada do edificio do Ministerio da Informática e as Comunicacións, na Praza da revolución da Habana reproducindo o retrato de Camilo Cienfuegos, parella da escultura similar co retrato do Che noutro edificio da mesma praza[2]. O seu retrato tamén aparece nos billetes de vinte pesos cubanos[3], a imaxe do Monumento a Camilo tamén aparece nos de vinte pesos convertíbeis[4].

En 1959 foi renomeada a localidade ata entón coñecida coma Central Hershey, no concello de Santa Cruz del Norte (Provincia da Habana), coma Central Camilo Cienfuegos[5].

En Yaguajay está localizado o Museo Nacional Camilo Cienfuegos, como parte do complexo arquitectónico da Praza da Revolución da cidade[6].

En 2013 con motivo do 54 aniversario da súa desaparición inaugurouse un monumento na avenida Finlay da cidade de Camagüey, esta avenida une a cidade co Aeroporto Internacional Ignacio Agramonte, onde se lle viu por última vez en 1959 antes de engalar[7].

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas