Saltar ao contido

Illas Austrais: Diferenzas entre revisións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Contido eliminado Contido engadido
PixelBot (conversa | contribucións)
SieBot (conversa | contribucións)
m robot Añadido: pt:Ilhas Austrais
Liña 32: Liña 32:
[[nl:Australeilanden]]
[[nl:Australeilanden]]
[[pl:Wyspy Tubuai]]
[[pl:Wyspy Tubuai]]
[[pt:Ilhas Austrais]]
[[ru:Тубуаи]]
[[ru:Тубуаи]]
[[sv:Australöarna]]
[[sv:Australöarna]]

Revisión como estaba o 31 de decembro de 2007 ás 15:22

Bandeira das Illas Austrais
mapa

As illas Austrais (en francés îles Austrais, en tahitiano Tuha´a Pae) é o arquipélago máis meridional da Polinesia Francesa, ao sur das illas da Sociedade. Tamén se denominan como illas Tubuai a partir do nome da illa máis grande. O nome de Austrais provén da súa situación ao sur de Tahití a lado e lado do trópico de Capricornio.

Coa excepción dos illotes María, todas as illas son de orixe volcánico, aliñadas sobre un eixo de noroeste a sueste, prolongación das illas Cook meridionais. O arquipélago consta de cinco illas habitadas máis dous grupos de illotes deshabitados nos seus extremos. Xeoloxicamente, a antigüidade das illas vai de noroeste ao sueste. As cinco illas habitadas forman cinco comunas.

De noroeste a sueste, as illas son as sigüientes:

  • Illotes María (ou illotes Hull): é un atol deshabitado.
  • Rimatara: é a máis pequena das illas habitadas do arquipélago, e unha das últimas illas habitadas descubertas polos europeos na Polinesia.
  • Rurutu: historicamente tamén chamada Oheteroa e Hitiroa.
  • Tubuai: é a illa máis poboada e o centro administrativo e económico do arquipélago.
  • Raivavae: tambiém chamada Vavitu.
  • Rapa: tamén chamada Rapa Iti, «a pequena Rapa», para distinguila de Rapa Nui, «a gran Rapa», nome da illa de Pascua.
  • Marotiri (ou illotes de Bass): están deshabitados.


Debido á situación xeográfica, o clima é máis fresco que o habitual na Polinesia. A poboación total é de 6.386 habitantes (censo de 2002).

As illas Austrais fóronse incorporando nos Establecementos Franceses de Oceanía entre 1880 e 1889, como reacción ao protectorado británico das veciñas illas Cook. Hoxe en día forman un distrito administrativo da Polinesia Francesa.