Pereira
Aparencia
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Pereira (homónimos).
Pereira común | |||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Froito da pereira | |||||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||||
'Pyrus communis' L. |
A pereira ou pereira común (Pyrus communis, L.) é unha árbore da familia das rosáceas. O seu froito é a pera.
Características
O seu talo é algo curvado e reclinado. As ramas son bastante curtas e moi ramificadas. Pode acadar entre 5 e 20 metros de altura.
A cortiza é escura, dividida e escamada en finas estrías e tiras verticais ou transversais. As follas son bastante delgadas, elípticas ou redondeadas, de 3-7 cm de lonxitude. As flores ábrense coa saída das follas. Chegan a medir 4 centímetros de lonxitude. O seu froito é a pera, duns 10 centímetros de lonxitude e case de igual grosor, en forma de xarrón.
Distribución e hábitat
As pereiras son orixinarias de rexións temperadas do vello mundo. Localízase en soutos ou bosques caducifolios luminosos e cálidos.
Véxase tamén
Outros artigos
- A pereira brava, outra especie do xénero Pyrus presente en Galicia.
- A pera, froito da pereira.
Ligazóns externas
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Pereira |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Pereira |