Saltar ao contido

Ion Creangă

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 9 de maio de 2011 ás 16:02 por ChuispastonBot (conversa | contribucións) (r2.7.1) (bot Modificado: he:יון קריאנגה)
Ion Creangă

Ion Creangă (1 de marzo de 1837 en Humuleşti31 de decembro de 1889 en Iaşi) foi un escritor romanés

Primeiros anos

Creangă naceu nas faldras dos Cárpatos orientais, no norte do Principado de Moldavia, era o primeiro de oito irmáns dunha familia campesina. Comezou a súa educación na súa localidade natal co crego local, estudou brevemente en Broşteni antes de volver a casa e matricularse na escola da veciña Târgu Neamţ. Despois dun ano no seminario de Fălticeni, Creangă marchou a Iaşi, a capital moldava, onde continuou a súa preparación para o sacerdocio no seminario teolóxico do mosteiro de Socola.

Diácono e profesor

Creangă converteuse en diácono tras completar os seus estudos en Socola en 1858 e casar coa filla dun sacerdote en Iaşi. Continuou a súa educación en 1864, estudando maxisterio nunha escola preparatoria onde contou con Titu Maiorescu como profesor. Deu clases como profesor substituto e colaborou na escrita de libros de textos para primaria. En conflito cos seus superiores foi suspendido como diácono e como profesor, para o seu sustento abriu unha tenda de tabaco.

Últimos anos e carreira literaria

Tumba de Creangă en Iaşi

Coa axuda de Maiorescu, Creangă conseguiu a rehabilitación en 1874. Ó ano seguinte coñeceu a Mihai Eminescu, un poeta novo que entón traballaba como inspector de escola. Eminescu instou a Creangă a recoller as historias que frecuentemente contaba oralmente e a entrar na sociedade literaria Junimea. Entre 1875 e 1883, debido a problemas de saúde, Creangă escribiu a totalidade dos seus libros. Amintiri din copilărie, as súas memorias de infancia está considerada a súa obra mestra, outras historias famosas son Moş Ion Roată şi Unirea, Dănilă Prepeleac, Povestea porcului, Fata babei şi fata moşului e Ivan Turbincă. Retirouse do ensino en 1887 e morreu dous anos despois por un ataque de epilepsia.

Ligazóns externas