Día da Cosmonáutica
Aparencia
O Día Mundial da Aviación e a Cosmonáutica é unha festividade que se celebra o 12 de abril, establecida para conmemorar a primeira viaxe espacial tripulada polo ser humano.
O 12 de abril de 1961 o cosmonauta soviético Iuri Gagarin, a bordo da nave espacial "Vostok 1", orbitou a Terra por vez primeira.[1]
Establecemento da festividade
[editar | editar a fonte]Na Unión Soviética a festividade foi establecida o 9 de abril de 1962 polo Presidium do Soviet Supremo da URSS. Celébrase baixo o nome de Día da Cosmonáutica (en ruso: День космонавтики).
A data foi establecida por decisión da Federación Aeronáutica Internacional.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Cosmonautas rusos envían felicitaciones desde la EEI por el Día de la Cosmonáutica". RT en Español (en castelán). Consultado o 12 de abril de 2020.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Día da Cosmonáutica |