Saltar ao contido

STS-64

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 8 de decembro de 2021 ás 21:14 por Xosema (conversa | contribucións) (Características: Arranxo menor)
(dif) ← Revisión máis antiga | Revisión actual (dif) | Revisión máis nova → (dif)
STS-64
Lanzamento da misión STS-64.
TipoTripulado
OrganizaciónNASA
Data de lanzamento9 de setembro de 1994, 22:22 GMT[1][2][3][4]
Foguete portadorTransbordador espacial[3][5]
Sitio de lanzamentoCentro de Lanzamento de Cabo Cañaveral, rampla 39B[3][6]
Duración da misión10,95 días[6]
Obxectivo da misiónObservacións astronómicas coa plataforma SPARTAN-201 e realización de varios experimentos a bordo.[3][6]
Regreso20 de setembro de 1994[6]
Sitio de regresoCentro Espacial Kennedy
NSSDC ID1994-059A

STS-64 foi unha misión do transbordador espacial Discovery lanzada o 9 de setembro de 1994 desde a rampla 39B do Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral.[2][3][5][6]

Características

[editar | editar a fonte]

STS-64, con seis astronautas a bordo, foi lanzada para facer varios experimentos a bordo, realizar observacións astronómicas coa plataforma SPARTAN-201 e utilizar por primeira vez o instrumento LITE, un lídar desde o espazo para estudar a atmosfera terrestre. A tripulación estaba formada polo comandante Richard N. Richards, o piloto L. Blaine Hammond e os especialistas de misión Jerry M. Linenger, Susan J. Helms, Carl J. Meade e Mark C. Lee. Durante a misión tivo lugar a primeira actividade extravehicular estadounidense sen cables en dez anos e na que Lee e Meade probaron unha mochila propulsora denominada SAFER para uso en caso de que un astronauta se soltara accidentalmente das súas agarradeiras durante un paseo espacial.[3][5][6][7]

O transbordador regresou a terra no Centro Espacial Kennedy o 20 de setembro de 1994.[3][5][6][7]

  1. N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "STS 64" (en inglés). Consultado o 4 de febreiro de 2018. 
  2. 2,0 2,1 "Note verbale dated 29 November 1994 from the Permanent Representative of the United States of America to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF) (94-28819T). 15 de decembro de 1995: 9. Consultado o 4 de febreiro de 2018. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 NASA (21 de marzo de 2017). "STS 64" (en inglés). Consultado o 4 de febreiro de 2018. 
  4. Claude Lafleur (2010). "STS-64 - LITE 1" (en inglés). Consultado o 4 de febreiro de 2018. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 Gunter Dirk Krebs (2016). Gunter's Space Page, ed. "Shuttle" (en inglés). Consultado o 4 de febreiro de 2018. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 6,5 6,6 Mark Wade (2011). "STS-64" (en inglés). Consultado o 4 de febreiro de 2018. 
  7. 7,0 7,1 NASA (1 de abril de 2010). "STS-64" (en inglés). Consultado o 8 de decembro de 2021. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]