Saltar ao contido

Longametraxe

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 29 de decembro de 2021 ás 21:09 por Ourol (conversa | contribucións)
(dif) ← Revisión máis antiga | Revisión actual (dif) | Revisión máis nova → (dif)
Cartel de The Story of the Kelly Gang, considerada a primeira longametraxe da historia.

Unha longametraxe é un filme realizado para a súa exhibición en cines e que conta cunha duración significativa, as normas para considerar un filme longametraxe dependen de cada país ou organización.

O filme australiano The Story of the Kelly Gang que tivo a súa estrea o 26 de decembro de 1906 considérase a primeira longametraxe e como tal a UNESCO inscribiuna no Programa Memoria do Mundo [1].

Definición

[editar | editar a fonte]
  • En España considérase longametraxe aquela que ten unha duración mínima de sesenta minutos e aqueloutras superiores a corenta e cinco minutos sempre que se produzan en formato de 70 mm, cun mínimo de oito perforacións por imaxe.[2]
  • Nos Estados Unidos, considérase unha longametraxe os filmes cun mínimo de corenta minutos de duración, seguindo os requirimentos da Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas[3]
  • En Francia considéranse longametraxes as de duración superior a unha hora.[4]
  1. "Programa Memoria do Mundo". Arquivado dende o orixinal o 20 de outubro de 2016. Consultado o 26 de agosto de 2018. 
  2. Real decreto 526/2002
  3. Normas da Academia para optar aos Oscar
  4. "Decreto 99-130 do 24 de febreiro de 1999". Arquivado dende o orixinal o 28 de novembro de 2008. Consultado o 23 de novembro de 2010.