Saltar ao contido

Johannes Itten

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 18 de xaneiro de 2022 ás 21:11 por Mrmw (conversa | contribucións) ((GR) File:Farbkreis Itten 1961.pngFile:Farbkreis Itten 1961.svg vva)
(dif) ← Revisión máis antiga | Revisión actual (dif) | Revisión máis nova → (dif)
Modelo:BiografíaJohannes Itten

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento11 de novembro de 1888 Editar o valor en Wikidata
Wachseldorn, Suíza (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte25 de marzo de 1967 Editar o valor en Wikidata (78 anos)
Zürich, Suíza Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCemetery Hönggerberg (en) Traducir, 27 8 81029 Editar o valor en Wikidata
RelixiónMazdaznan (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
EducaciónÉcole Supérieure des Beaux-Arts, Genève (en) Traducir (1909–1910)
State Academy of Fine Arts Stuttgart (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoPintura Editar o valor en Wikidata
Lugar de traballo Berlín (1926–1934)
Weimar (1919–1922)
Ámsterdam
Zürich Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpintor, debuxante, fotógrafo, arquitecto, escritor, artista gráfico Editar o valor en Wikidata
EmpregadorCirrus
Bauhaus Editar o valor en Wikidata
MovementoExpresionismo Editar o valor en Wikidata
ProfesoresAdolf Hölzel (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
AlumnosJosef Albers, Lou Scheper-Berkenkamp (pt) Traducir e Hertha Olivet Editar o valor en Wikidata
Obra
Arquivos en
Familia
CónxuxeAnneliese Itten (1939–)
Hildegard Anbelang (1919–1938) Editar o valor en Wikidata
FillosMarion Lichardus-Itten
 () Anneliese Itten
Klaus Itten
 () Anneliese Itten Editar o valor en Wikidata
Premios

BNE: XX1322380 Discogs: 2388281 Find a Grave: 158724617 Editar o valor en Wikidata
Roda de cores de Itten, 1961.

Johannes Itten, nado en Südern-Linden o 11 de novembro de 1888 e finado en Zúric o 27 de maio de 1967, foi un pintor, deseñador, mestre, escritor e teórico da arte suízo asociado coa Bauhaus. Foi tamén profesor na Hochschule für Gestaltung de Ulm, impulsada e dirixida por Max Bill, exalumno da Bauhaus.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Itten naceu en Südern-Linden e foi influenciado na súa educación por Friedrich Fröbel. A súa primeira formación non foi como pintor, senón como mestre en Berna, onde se familiarizou coa teoría da psicanálise. Matriculouse na escola de Belas Artes de Xenebra, que o frustrou, e volveu a Berna. Alí desenvolveu o interese pola relixión e o misticismo, que o moveron a trasladarse a Xenebra para estudar con Eugène Gilliard, un pintor francés que ensinaba sobre os elementos xeométricos da arte. Esta primeira educación en elementos xeométricos traslúcese na obra posterior de Itten, no seu interese pola xeometría da roda de cores. Entre 1919 e 1922, Itten ensinou, xunto a outros artistas de vangarda na Bauhaus en Weimar, Alemaña. Alí, os seus diversos intereses converxeron e deron como froito a súa teoría da cor. Itten expandeu a roda de cores desenvolvida por Adolf Hozel inventando un círculo de cores e sete contrastes e ollando para a cor desde todos os ángulos, filosóficos, relixiosos, psíquicos, psicolóxicos e físicos.

A nova roda de cores de Itten revolucionou a maneira en que miramos as cores, influenciando artistas e deseñadores. A compilación definitiva do que ensinaba no seu Curso Elemental publicouse baixo o título A arte da cor. A roda de cores de Itten tiña en conta a sensación subxectiva que se asocia coa cor obxectiva e os valores psíquicos e emocionais das cores. Itten aseguraba que existen determinadas características inherentes ás cores particulares que influencian a maneira en que se sente o observador. É así, por exemplo, que se asevera que "o azul é frío".

Johannes Itten abandonou a Bauhaus a raíz de desavinzas con Walter Gropius. O seu traballo de exploración do uso e composición da cor remiten ás teas op-art de Josef Albers, Max Bill ou Bridget Riley e as obras expresionistas de Wassily Kandinsky.

Libros publicados

[editar | editar a fonte]
  • A arte da cor: A experiencia subxectiva e a xustificación obxectiva da cor (The Art of Color: The Subjective Experience and Objective Rationale of Color)
  • Deseño e Forma: O Curso Elemental da Bauhaus (Design and Form: The Basic Course at the Bauhaus and Later, Revised Edition)
  • A estrela de cores (The Color Star)

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]