Jayavarman VIII
Nome orixinal | (km) ជ័យវរ្ម័នទី៨ |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | século XIII |
Rei de Cambodia | |
1243 (Gregoriano) – 1295 (Gregoriano) ← Indravarman II (en) – Indravarman III (en) → | |
Datos persoais | |
Relixión | Shivaísmo |
Actividade | |
Ocupación | monarca |
Familia | |
Cónxuxe | Chakravartirajadevi |
Fillos | Srindrabhupesvarachuda |
Jayavarman VIII (en khmer: ជ័យវរ្ម័នទី៨), coñecido tamén postumamente como Paramesvarapada, foi un dos reis máis destacados do imperio Khmer. Reinou durante 52 anos, dende 1243 ata 1295. Unha das súas esposas era a raíña Chakravartirajadevi.[1] Recuperou o hinduísmo como relixión do reino ao tempo que atacaba o budismo.
Foi durante o reinado de Jayavarman VIII cando as forzas mongolas baixo o mando de Khublai Khan atacaron o imperio de Angkor en 1283. En 1281, Jayavarman VIII encarcerara emisarios do xeneralísimo mongol en Champa.[2][3] En 1283, decidiu pagar tributo e comprar a paz e así o seu goberno sobreviviu.[4] Os anais chineses rexistran que en 1291, "o rei de Lohu" (Camboxa) enviou unha misión que presentou "o tributo habitual de ouro, marfil de elefante e outras cousas".[5] En 1290, o pobo mon recuperou a súa independencia.[6]
Tamén durante o seu reinado, o seu territorio sufriu unha guerra devastadora contra o Reino de Sukhothai.[7]
Jayavarman VIII era xivaíta e destruíu moitas das imaxes budistas do país, ademais de restablecer santuarios anteriormente hindús que foran convertidos ao budismo polo seu predecesor. As esculturas de Buda en templos como Preah Khan foron destruídas, e durante este período o templo Bayon converteuse nun templo de Shiva. A estatua central do templo, un Buda de 3,6 metros de altura, foi guindada a un pozo próximo. Tamén dotou á cidade de Mangalartha dun santuario hindú en 1295, xusto antes de ser derrocado polo seu xenro Indravarman III (Srindravarman), un budista devoto que devolveu o budismo ao reino.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Cœdès 1968, pp. 181,191-192,211-212.
- ↑ Cœdès 1968, p. 192.
- ↑ Daguan, Zhou (1297). 風土記 [Costumes de Camboxa].
- ↑ Cœdès, George (1956). The Making of South East Asia (en inglés). pp. 127–128.
- ↑ Huang, Ji (1983). 續文獻通考 (Xu Wen Xie Tong Kao) (en chinés). Taipei: 臺灣商務印書館 Taiwan shang wu yin shu guan.
- ↑ Cœdès, George (1964). Les États hindouisés d'Indochine et d'Indonésie Paris (en francés).
- ↑ Cœdès 1968, p. 211.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Cœdès, George (1968). Vella, Walter F., ed. The Indianized States of Southeast Asia (en inglés). University of Hawaii Press. ISBN 978-0-8248-0368-1.
Jayavarman VIII
| ||
Títulos Reais | ||
---|---|---|
Precedido por Indravarman II
|
Rei do Imperio Khmer 1243-1295 |
Sucedido por Indravarman III |