Soulfly
Soulfly | |
---|---|
Max Cavalera actuando con Soulfly | |
Orixe | Phoenix, Arizona, |
Período | 1997-presente |
Xénero(s) | groove metal, thrash metal, death metal, nu metal |
Selo(s) discográfico(s) | Nuclear Blast, Roadrunner Records |
Membros | Max Cavalera Marc Rizzo Zyon Cavalera Mike Leon |
Antigos membros | Marcelo "Cello" Dias Roy Mayorga Lúcio Maia Logan Mader Mikey Doling Joe Nunez Bobby Burns David Kinkade Tony Campos |
Na rede | |
http://www.soulfly.com | |
Soulfly é unha banda estadounidense de metal formada en Phoenix, Arizona en 1997. O grupo está liderado por Max Cavalera, antigo líder de Sepultura, que formou Soulfly tras deixar o conxunto brasileiro un ano antes. Ata a data leva publicados dez álbums de estudio, un EP, 23 sinxelos e un vídeo. O seu álbum de estrea, Soulfly, editouse o 21 de abril de 1998, mentres que o máis recente, Archangel, lanzouse o 14 de agosto de 2015.
Soulfly incorpora moitos estilos de metal con música tribal brasileira e world music. Os seus primeiros seis álbums estreáronse nos Estados Unidos na lista Billboard 200, sendo a posición máis alta o número 32 conseguido polo seu segundo traballo, Primitive.[1] En novembro de 2005 Soulfly foi certificado ouro pola RIAA.[2] A banda pasou por diferentes cambios na súa formación, sendo Cavalera sendo o único membro constante. Nunha entrevista no ano 2015 Max revelou que o nome do grupo foi collido da canción "Headup" de Deftones, na cal colaborou.
Discografía
[editar | editar a fonte]Álbum | Ano | Selo |
---|---|---|
Soulfly | 1998 | Roadrunner Records |
Primitive | 2000 | |
3 | 2002 | |
Prophecy | 2004 | |
Dark Ages | 2005 | |
Conquer | 2008 | |
Omen | 2010 | |
Enslaved | 2012 | |
Savages | 2013 | Nuclear Blast |
Archangel | 2015 | |
Ritual | 2018 | |
Totem | 2022 |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "The week of October 14, 2000". Billboard. Consultado o 27 de setembro de 2018.
- ↑ "Sepultura's 'Roots', Soulfly's Debut Certified Gold". Blabbermouth. Consultado o 27 de setembro de 2018.