Thomas Malthus
Este artigo contén varias ligazóns externas e/ou bibliografía ao fin da páxina, mais poucas ou ningunha referencia no corpo do texto. Por favor, mellora o artigo introducindo notas ao pé, citando as fontes. Podes ver exemplos de como se fai nestes artigos. |
Thomas Robert Malthus | |
Nome orixinal | (en) Thomas Malthus |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 14 de febreiro de 1766 Surrey Inglaterra |
Morte | 23 de novembro de 1826 (60 anos) Bath Inglaterra |
País de nacionalidade | inglés |
Relixión | Anglicanismo |
Educación | Jesus College (1784–) Universidade de Cambridge Warrington Academy (en) |
Q89547790 | Demografía e Macroeconomía |
Actividade | |
Ocupación | economista, profesor, demógrafo, escritor, sacerdote |
Membro de | |
Profesores | William Frend (en) e Gilbert Wakefield |
Influencias | |
Obra | |
Obras destacables | |
Familia | |
Cónxuxe | Harriet |
Fillos | Henry, Emily, Lucy |
Pais | Daniel Malthus e Catherine Graham |
Irmáns | Mary Anne Malthus Sydenham Malthus |
Premios | |
Descrito pola fonte | Larousse Encyclopedia online (pt) , Grande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Мальтус Томас Роберт) Dictionary of National Biography |
Thomas Robert Malthus, nado en Surrey o 14 de febreiro de 1766 e finado en Bath o 23 de decembro de 1834, foi un economista inglés, pertencente á corrente de pensamento clásica, considerado o pai da demografía. É coñecido principalmente polo seu An Essay on the Principle of Population (Ensaio sobre o principio da poboación) (1798), no que se expón o principio segundo o cal a poboación humana crece en progresión xeométrica, mentres que os medios de subsistencia fano en progresión aritmética. Así, chegará un punto no que a poboación non atopará recursos suficientes para a súa subsistencia (catástrofe maltusiana). Aínda que el non o deixou escrito e non hai constancia de que o pensase, comunmente achácaselle o corolario a esta teoría de que os recursos son limitados e o ser humano está condenado á extinción.
En realidade, o que Malthus rexistrou na súa obra era que a loita entre a capacidade humana de reprodución e a produción de alimentos sería perpetua. A pesar de que a progresión de crecemento da poboación era maior que a dos alimentos (medios de subsistencia), a longo prazo entrarían en xogo poderosos freos. O freo positivo (a poboación podería frearse pola guerra, a fame, as pragas ou as enfermidades), o freo preventivo (a restrición ó crecemento da poboación por "a prudencia e a prevención", isto é, pola abstinencia ou o atraso da idade do matrimonio) ou, en última instancia, o freo final (o crecemento das taxas de mortalidade).
A teoría da poboación de Malthus contribuíu a que a Economía sexa coñecida tamén como a ciencia lúgubre.
Malthus realizou tamén importantes achegas á teoría do valor e a súa medida, e á teoría das crises e o subconsumo, polo que John Maynard Keynes considerábao o seu precursor.
Malthus foi descrito polo seu biógrafo principal como "o home mellor ultraxado do seu tempo": efectivamente, e a pesar da lenda popular tanto da súa época como posterior (dado o pesimismo das súas proposicións), foi un home de temperamento agarimoso, xeneroso e xentil. Das súas moitas amizades, a máis significativa para a historia das ideas foi a que mantivo con David Ricardo, o seu adversario intelectual en moitas ocasións, pero o seu aliado na procura da verdade.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Thomas Malthus |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Biografía de Malthus no Dicionario BZM
- Malthus, Thomas: Sobre as Limitacións do Desenvolvemento da Poboación
Este artigo sobre matemáticas é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |