Saltar ao contido

Federalismo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 26 de xaneiro de 2023 ás 12:27 por Breobot (conversa | contribucións) (Reemplazos con Replacer: «de súas»)
(dif) ← Revisión máis antiga | Revisión actual (dif) | Revisión máis nova → (dif)

O Federalismo é unha forma de organización política. Esta organización fórmana organismos distintos (que poden chamarse estados - como no Brasil e Estados Unidos, provincias - como na Arxentina, cantóns - como en Suíza, o outro nome) que se asocian, delegando parte das súas liberdades ou poderes a un organismo superior ou centralizador (Estado federal, federación). Pero conservan algunha soberanía e algunhas competencias exclusivas, xa que non delegan todas para o organismo central.

Federación X Confederación

[editar | editar a fonte]

A diferenza entre unha federación e unha confederación é que, na última, o poder central é máis limitado. Tamén se pode considerar unha confederación cando unha serie de estados (ou países) temporalmente comparten a súa soberanía nalgúns aspectos, pero conservan o poder de se desligaren do pacto unilateralmente. Pero nunha federación, non hai esa liberdade de desligamento: a autonomía dos entes federativos ata pode crecer co paso do tempo e mudanzas nas leis, pero en xeral a constitución do país non dá ás entidades federativas o dereito a decidiren a secesión.

Organización política

[editar | editar a fonte]

En xeral, a defensa, a política exterior (relación con outras nacións), a moeda e as grandes liñas da economía son de competencia da federación. Pero a administración da saúde, educación, a competencia para crear algúns impostos, a organización das policías e outras tarefas, son de responsabilidade dos estados-membros, provincias ou cantóns.

Conforme a constitución de cada país, o grao de autonomía de cada estado-membro para facer as súas lexislacións locais pode ser maior o menor. Nos Estados Unidos, por exemplo, ós estados elaborar as súas propias leis penais, comerciais, civís e administrativas pois a constitución estadounidense non restrinxe este dereito. Por esta razón é que hai estados estadounidenses que permiten a pena de morte, o casamento de homosexuais, e outros non. Xa no Brasil, a lexislación civil, penal, comercial, parte das lexislacións tributaria (as normas xerais para creación de novos impostos) e administrativa é de responsabilidade do goberno federal. O estado de São Paulo, por exemplo, non pode alterar as leis penais para punir máis severamente algúns crimes o amnistiar outros, porque a lexislación penal é de competencia federal. Pero pode aumentar ou diminuír o imposto sobre os automóbiles por leis estatais, porque a constitución brasileira así o permite.

Constitución

[editar | editar a fonte]

En xeral, quen dá os límites da autonomía das entidades federadas é a constitución de cada país. É a constitución que define as competencias que serán exclusivas da Unión (federación), as que serán exclusivas dos estados-membros/cantóns/provincias, e as que serán ou poderán ser compartidas.

Federalismo simétrico e asimétrico

[editar | editar a fonte]

Chamamos federalismo simétrico cando hai igualdade de competencia entre todas as unidades rexionais, sen diferenciación de graos de autonomía entre elas. Se unha unidade rexional (estado, provincia etc) pode lexislar sobre certo tipo de asunto, outra pode lexislar sobre aquel mesmo asunto, aínda que de modo diferente, cada cal no seu territorio.

Chamamos federalismo asimétrico cando algúns territorios teñen máis autonomía nalgúns asuntos que outros. Isto ocorre normalmente en países que teñen diferenzas culturais en parte de seu territorio. Por exemplo: no Canadá, soamente a provincia do Quebec ten autonomía para fixar a súa lingua oficial, e faino de forma diferente do resto do país: alí, o francés é o idioma oficial.