Mazzy Star
Aparencia
Mazzy Star | |
---|---|
Orixe | Santa Monica (California), Estados Unidos |
Período | 1989 - presente |
Xénero(s) | rock alternativo, dream pop, rock psicodélico, shoegazing |
Selo(s) discográfico(s) | Rhymes Of An Hour (actual) Rough Trade, Capitol |
Membros | Hope Sandoval David Roback Suki Ewers Keith Mitchell Colm Ó Cíosóig Paul McQuillan |
Antigos membros | William Cooper Jill Emery |
Artistas relacionados | Opal, Rain Parade, Dream Syndicate, Hope Sandoval & the Warm Inventions, Hole |
Na rede | |
Mazzy Star é unha banda estadounidense de dream pop formada en 1989 por David Roback e Kendra Smith, ex-integrantes do grupo Opal. Posteriormente, Smith deixaría a banda, sendo substituída pola súa amiga Hope Sandoval no rol de vocalista.[1]
Acadaron sona coa súa canción "Fade into You", que lles reportou grande éxito a mediados dos anos 1990, sendo o seu maior éxito entre o grande público. Roback e Sandoval eran o centro creativo da banda, con Sandoval escribindo as letras e Roback compondo a música ata a súa morte nos Ánxeles o 24 de febreiro de 2020.
O seu álbum de estudio máis recente, Seasons of Your Day, foi editado no ano 2013, seguido polo EP Still en 2018.
Discografía
[editar | editar a fonte]Álbum | Ano | Selo |
---|---|---|
She Hangs Brightly | 1990 | Capitol Records |
So Tonight That I Might See | 1993 | Capitol Records |
Among My Swan | 1996 | Capitol Records |
Seasons of Your Day | 2013 | Rhymes of An Hour |
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Vídeo do tema Fade into you
- Mazzy Star Boulevard Arquivado 29 de xullo de 2018 en Wayback Machine. (en inglés)
- Páxina de Hope Sandoval (en inglés)
- ↑ Strong, M. C. (2003). The great indie discography (2nd ed ed.). Edinburgh: Canongate. ISBN 1-84195-335-0. OCLC 52530784.