Saltar ao contido

Doris (oceánide)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 18 de xaneiro de 2024 ás 22:11 por HombreDHojalata (conversa | contribucións) (intachébeis*)
(dif) ← Revisión máis antiga | Revisión actual (dif) | Revisión máis nova → (dif)
A oceánide Doris montada nun hipocampo

Na mitoloxía grega, Doris (en grego antigo: Δωρίς Dōrís, "a que regala")[1] era unha oceánide de "fermosos cabelos", filla, por tanto, de Océano e da súa irmá e esposa Tetis.[2][3][4]

Seu nome alude á xenerosidade do mar. Unida con Nereo, o ancián do mar, Doris deu a luz a Glauco e ás nereidas, cincuenta fillas "expertas en obras intachébeis*".[5][6]

Hesíodo, na Teogonía, di que dúas das nereidas, Tetis e Psámate, fixeron a Doris avoa dos heroes Aquiles e Foco.[7] Outra delas, Galatea, refírese á súa nai nunha ocasión.[8]

Curiosamente, unha da súas fillas tamén leva o nome de Doris.[9]

Eliano o Táctico engade que da unión entre Nereo e Doris tamén naceu Nerites, e que este foi o fillo máis novo de Doris.[3]

Adóitase describir a Doris con epítetos como "salobre", "azul" ou "que envolve de espuma as cavernas cristalinas", pero sempre recalcando a súa natureza mariña.[10][11][12]

Doris apenas é mencionada nos textos mitográficos, que adoitan facer fincapé no seu papel como nai das nereidas. Nas Metamorfoses menciónase até tres veces, pero nunha das pasaxes fálase acerca dos númenes mariños.

As augas teñen os seus deuses de cor azul verdoso, o canoso Tritón, o cambiante Proteo, Egeón, que aperta cos seus brazos o dorso inmenso das baleas, Doris e as súas fillas, que aparecen unhas nadando, outras sentadas nas rochas secándose os verdes cabelos, e outras cabalgando sobre un peixe; non teñen todas a mesma cara, nin tampouco caras distintas, como convén ás irmás.
Ovidio: Metamorfoses II. 9-14.
  1. Esta etimoloxía aparece en Hesíodo: obras e fragmentos, volume 13 da Biblioteca Clásica Gredos.
  2. Hesíodo: Teogonía, p. 350
  3. 3,0 3,1 Eliano o Táctico: Sobre a natureza dos animais. XIV, 28.
  4. Pseudo-Apolodoro: Biblioteca I 1, 2.
  5. Hesíodo: Teogonía, pp. 240-264.
  6. Apolodoro: Biblioteca I 2, 6.
  7. Hesíodo: Teogonía, pp. 1004-1008.
  8. Ovidio: Metamorfoses, XIII, 742.
  9. Hesíodo: Teogonía, p. 250.
  10. Ovidio: Metamorfoses XII. 742.
  11. Virxilio: Bucólicas X, 1.
  12. Estacio: Silvas III, 2, 1

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]