Río Henares
Aparencia
Río Henares | |
---|---|
País | España |
Nacemento | Serra Ministra |
Altitude | 1.220 m.s.n.m. |
Lonxitude | 150 km |
Desembocadura | Río Jarama |
O río Henares é un curso fluvial de Castela, afluente do río Jarama.
Percorrido
O Henares nace na Serra Ministra, cerca de Sigüenza, na provincia de Guadalaxara, a uns 1.220 m.s.n.m. Pasa pola cidade de Guadalaxara, para entrar posteriormente na provincia de Madrid, onde pasa xunto as cidades de Alcalá de Henares e San Fernando de Henares. Desauga logo de 150 km de curso na beira esquerda do río Jarama, á súa vez tributario do río Texo, preto da localidade de Mejorada del Campo.
Afluentes
Entre os afluentes do Henares destacan: o Torote, o Sorbe e o Bornova.
Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |