Saltar ao contido

Discoteca

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 6 de agosto de 2024 ás 23:18 por O Breixo (conversa | contribucións) (engado a Categoría:Edificacións comerciais mediante HotCat)
(dif) ← Revisión máis antiga | Revisión actual (dif) | Revisión máis nova → (dif)
Discoteca

Unha discoteca é unha sala de baile con música xeralmente non tocada en vivo, senón que provén de discos, que ás veces son mesturados por un disc jockey (DJ).

Historia e características

[editar | editar a fonte]

A primeira discoteca do mundo foi o Scotch Club, na cidade alemá de Aquisgrán, que funcionou a partir de 1959. Nos anos sesenta, as discotecas fixéronse populares en toda Europa, e nos setenta tamén nos Estados Unidos, onde en consecuencia se desenvolveu a música disco.

Algunhas discotecas como o Studio 54 de Nova York fixéronse famosas pola súa música, o seu ambiente o pola asistencia de clientes famosos. Outras, como República Cromagnon de Buenos Aires ou Alcalá 20 de Madrid, apareceron nas novas por desastres agravados polo exceso de xente e as dificultades de evacuación.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.