Saltar ao contido

Óso temporal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A versión para imprimir xa non se actualiza e pode conter erros de renderizado. Actualice os marcadores do seu navegador e empregue mellor a función de impresión propia do navegador.
Visión do óso temporal do cranio humano (no centro da imaxe)
Situación dos ósos temporais, coloquialmente tempas, no cranio humano

O óso temporal e unha das pezas que forman o cranio, en concreto as súas partes laterais ou tempas[1]. Trátase dun óso par xa que o atopamos en ámbalas dúas metades da cabeza e posúe un estrutura complexa formada por rexións morfoloxicamente distintas chamadas en conxunto “porcións” e que, no caso deste óso, reciben os seguintes nomes: escamosa, mastoide e timpánica (que se aprecian sobre todo na cara exocranial) e petrosa (que observamos na cara endocranial ou cerebral).

O temporal artéllase nos bordos superiores co óso parietal, no bordo posterior co occipital, no bordo de diante co esfenoide e pómulo, por dentro e fóra respectivamente, e coa mandíbula no bordo inferior.

Estrutura externa

Está formado por catro porcións:

  • Porción escamosa : o seu nome é debido a que ten forma de escama. Trátase dunha rexión cóncava e relativamente lisa que ocupa gran parte do óso e que se presenta na cara temporal (externa) e na interna o suco da arteria temporal media.
  • Porción petrosa (penedo): de forma triangular e rematada en vértice. Esta porción contén o oído interno e nela atopamos o conduto carótide e o conduto musculotubárico ademais do poro auditivo interno.
  • Porción mastoide: nesta parte existen unhas células mastoides que se atopan separadas do encéfalo por unha delgada capa de tecido óseo. Nela aparece a incisura mastoide, a apófise mastoides e o orificio mastoide.
  • Porción timpánica: nela atopamos o conduto auditivo externo e a espiña suprameática, ademais da fenda timpanomastoide que separa esta da porción mastoide.

Eminencias

No temporal existen unha serie de saíntes entre os que podemos destacar:

Fendas e incisuras

No temporal aparecen algunhas salientables:

Depresións

No temporal obsérvanse unha serie de orificios, condutos, fosas e depresións característicos:

Sucos

No temporal temos os seguintes sucos:

  • Suco da arteria temporal media.
  • Suco do seo sigmoide.
  • Suco do seo petroso inferior.
  • Suco dos nervios petrosos menores.
  • Suco dos nervios petrosos maiores.
  • Suco da arteria occipital.

Funcións

Entre outras o óso temporal amosa dúas funcións:

  • Forma unha estrutura ríxida que protexe o cerebro dos posibles golpes.
  • Serve de estrutura ríxida para o asento das partes do oído.

Galería

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

Ligazóns externas

Referencias

  1. "Tempas no dicionário RAG". Arquivado dende o orixinal o 09 de xaneiro de 2015. Consultado o 09 de xaneiro de 2015.