Saltar ao contido

Golden State Warriors

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A versión para imprimir xa non se actualiza e pode conter erros de renderizado. Actualice os marcadores do seu navegador e empregue mellor a función de impresión propia do navegador.
Golden State Warriors
Golden State Warriors logo
Golden State Warriors logo
Información xeral
Conferencia Oeste
División Pacífico
Fundación 1946
Historia Philadelphia Warriors (1946–1962)
San Francisco Warriors (1962–1971)
Cores                Azul, amarelo
G League Santa Cruz Warriors
Retirados 6 (13, 14, 16, 17, 24, 42)
Localización
Cidade California Oakland (California)
Pavillón Oracle Arena
Capacidade 19.596 espectadores
Inauguración 9 de novembro de 1966
Persoal
Propietario(s) Joe Lacob, Peter Guber
Director Bob Myers
Adestrador Steve Kerr
Títulos
Campión 7 (1947, 1956, 1975, 2015, 2017, 2018, 2022)
Conferencia 11 (1947, 1948, 1956, 1964, 1967, 1975, 2015, 2016, 2017, 2018, 2019)
División 7 (1975, 1976, 2015, 2016, 2017, 2018, 2019)
warriors.com

Os Golden State Warriors son un equipo profesional de baloncesto estadounidense con sede en Oakland (California). Forman parte da División Pacífico da Conferencia Oeste da National Basketball Association (NBA) e xogan os seus partidos como local no Oracle Arena, un pavillón con capacidade para 19.596 espectadores.

O equipo foi fundado foi en 1946 na cidade de Filadelfia, no estado Pensilvania, xa co nome de Warriors. Durante esa época o equipo gañou o campionato da tempada inaugural da Basketball Association of America (BAA), torneo que acabaría derivando na actual NBA. En 1962, a franquía trasladouse a San Francisco, en California, pasando o equipo a chamarse San Francisco Warriors. Finalmente, en 1971 cambia o seu nome foi polo actual de Golden State Warriors, en referencia ao alcume do Estado califoniano: o "Estado Dourado" (en inglés: Golden State).

Os Warriors xogan no Oracle Arena de Oakland desde 1966, con algunha excepción durante os primeiros anos e ininterrompidamente desde 1971. Porén, en abril de 2014, a franquía anuncia que se trasladará a un novo pavillón situado na cidade de San Francisco para a tempada 2018-19. Ademais do seu título na tempada inaugural da BAA, os Warriors acadaron o título de campións noutras catro ocasións, na tempada 1955-1956 como Philadelphia Warriors, onde venceron na final aos Fort Wayne Pistons; en 1974-1975, xa como Golden State Warriors, onde venceron aos Washington Bullets; e nas tempadas 2014-15 e 2016-17, onde se impuxeron aos Cleveland Cavaliers. Por mor disto son o quinto equipo en canto a palmarés da NBA. Os Warriors retiraron o dorsal a algúns dos seus xogadores máis destacados ao longo da historia: Wilt Chamberlain, Tom Meschery, Al Attles, Chris Mullin, Rick Barry e Nate Thurmond.

Historia

Os Philadelphia Warriors

Os Warriors foron fundados en 1946 en Filadelfia, Pensilvania, co nome de Philadelphia Warriors, sendo un dos membros fundadores da Basketball Association of America (BAA). O seu primeiro propietario foi Peter A. Tyrrell, un empresario do entretemento que tamén era dono dos Philadelphia Rockets da American Hockey League. Para dirixir e adestrar ao equipo, Tyrell contratou a Eddie Gottlieb, un promotor de baloncesto da área de Filadelfia. O nome do equipo foi escollido debido a un antigo equipo profesional que xa existira na cidade. Liderados polo sensacional anotador Joe Fulks, os Warriors gañaron o campionato na tempada inaugural da competición, a 1946-47, batendo a Chicago Stags en cinco partidos. En 1949 a BAA convertese na National Basketball Association, e dous anos despois, en 1951, Gottlieb compra a franquía.

Os Warriors gañaron o seu outro campionato en Filadelfia na temporada 1955-56, derrotando aos Fort Wayne Pistons por catro partidos a un na final. As estrelas deses primeiros Warrios eran Paul Arizin e Neil Johnston. En 1959, o equipo elixe no Draft ao pivote Wilt Chamberlain. Coñecido como "Wilt the Stilt", Chamberlain liderou ao equipo en anotación seis veces e bateu incontábeis récords da NBA, cambiando mesmo o rumbo da liga para sempre. O 2 de marzo de 1962, nun partido no que os Warriors exercían como locais nun pavillón neutral en Hershey, Pensilvania, anotou 100 puntos ante New York Knicks, o que aínda hoxe supón a maior marca de puntos conseguidos nun só partido da historia da liga.

Os San Francisco Warriors

En 1962, Franklin Mieuli adquiriu unha parte maioritaria das accións do equipo e trasladouno ao área da Baía de San Francisco, cambiando ao nome a "San Francisco Warriors". Os novos Warriors xogaron a maior parte dos seus partidos como local da temporada 1962–64 no Cow Palace en Daly City, xusto ao sur dos límites da cidade de San Francisco, e no San Francisco Civic Auditorium durante a temporada 1964–66. Con todo, ás veces xogaban os seus partidos en grandes cidades próximas como Oakland ou San José.

Antes da temporada 1963-64, os Warriors draftearon ao xigante Nate Thurmond para acompañar a Chamberlain. Os Warriors gañaron a coroa da División Oeste desa tempada, mais perderon as Finais ante os Boston Celtics por catro xogos a un. Na temporadada 1964-65, os Warriors traspasaron a Chamberlain aos Philadelphia 76ers a cambio de Connie Dierking, Lee Shaffer, Paul Neumann e 150.000 dólares, pasando a gañar tan só 17 partidos. En 1965, o equipo draftea a Rick Barry na primeira rolda. O xogador, que sería nomeado Rookie do Ano, lidera aos Warriors ás finais da NBA na tempada 1966-67, onde perderían outra vez. Esta vez a derrota sería por catro xogos a dous ante o novo equipo de Chamberlain, os 76ers.

Irado polo fracaso da xestión ao pagarlle certas bonificacións de incentivo que sentía que lle debían, Barry marcha do equipo na tempada 1967-68 e asina para a temporada seguinte cos Oakland Oaks da competición rival: a American Basketball Association. Porén, despois de catro tempadas na ABA volvería aos Warriors en 1972. Durante a ausencia de Barry, a franquía non volveu ser candidata para o título, caendo o mando do equipo en Thurmond, Jeff Mullins e Rudy LaRusso. Coa apertura do Oakland Coliseum Arena en 1966, os Warriors comezaron a xogar un número crecente de partidos como local alí, sendo a temporada 1970-71 a última do equipo co nome de San Francisco Warriors.

Primeiro campionato en California

Na te mporada 1971-72 o equipo cambia o seu nome ao actual "Golden State Warriors", en referencia ao alcume de California: o "Estado Dourado" (en inglés: Golden State), xogando a meirande parte dos seus encontros como local en Oakland. Alén diso, os Warriors xogan seis encontros como local en San Diego, aínda que xa non voltarían nin a San Francisco nin a Daly City. Despois deste cambio de nome, os Warriors convertéronse no único equipo da competición que non inclúe no seu nome o nome da súa cidade ou do Estado.

Entre 1971 e 1977, os Warriors conseguiron chegar aos Playoffs todos os anos menos en 1974, gañando o seu único campionato da NBA desde que están na costa oeste norteamericana na temporada 1974-75. No que moitos consideran a maior sorpresa da historia da NBA, os Golden State non só derrotaron aos Washington Bullets na final, claros favoritos ao título, senón que os varreron en tan só catro partidos. Ese equipo estaba adestrado polo ex-Warrior Al Attles, e liderado na pista por Rick Barry, Jamaal Wilkes e Phil Smith. Barry foi nomeado MVP das Finais.

A partir de 1978, debido á perda de xogadores clave como Barry, Wilkes e Thurmond por mor de traspasos e retiradas, os Warriors experimentaron unha profunda muda. Despois de ser un dos equipos dominantes da NBA na década de 1960 e da maior parte da década de 1970, tiveron que loitar para poder conseguir ter un equipo competitivo desde 1978 até 1987. A través do Draft da NBA adquiriron algúns xogadores como o ala-pivote anotador Purvis Short (1978) ou o pivote da Universidade de Purdue Joe Barry Carroll (1980). Este último chegou aos Warriors, tras traspasar en 1980 ao pivote Robert Parish (drafteado en 1976) aos Boston Celtics, e xunto cunha futura elección de Draft que lles depararía a Kevin McHale. Parish e McHale serían pezas clave nos Boston Celtics tetracampións da NBA.

En 1983, os Warriors igualan oferta dos New York Knicks para asinar ao axente libre Bernard King, mais, incapaces de pagar o seu alto salario, traspasárono rapidamente ao equipo neoiorquino a cambio do escolta Michael Ray Richardson, quen pronto sería enviado aos New Jersey Nets a cambio do base de Georgetown Eric "Sleepy" Floyd, e ao ala Mickey Johnson. Floyd chegaría a anotar 29 puntos para os Warriors no último cuarto dun partido de playoffs contra os Lakers, aínda que sería posteriormente traspasado aos Houston Rockets. A saída destes xogadores simbolizou por diversas razóns a vacuidade da franquía durante este período. Proba disto son os numerosos cambios de adestrador que fixo o equipo despois de que Attles deixase o posto para converterse no director xeral en 1980. Os novos propietarios, Jim Fitzgerald e Dan Finane, finalmente lograron devolver o equipo ao seu antigo prestixio mediante a contratación de exadestrador dos Cleveland Cavaliers George Karl en 1986, xunto coa selección no Draft do ala da Universidade de St. John Chris Mullin en 1985.

A era Run T-M-C

Despois do mediocre período de finais de 1970 e principios de 1980, o equipo tivo un breve rexurdimento baixo o mando de George Karl, chegando ás semifinais da Conferencia Oeste de 1987 contra os Lakers de Earvin "Magic" Johnson e Kareem Abdul-Jabbar. O cuarto partido desta eliminatoria aínda é emitido na actualidade por televisión como un dos mellores encontros da historia da NBA. Neste partido destacou por riba de todo o rendemento do base All-Star Sleepy Floyd o segundo período, onde bateu os récord dos Playoffs da NBA de puntos nun cuarto (29) e nun medio (39). As súas seis canastras consecutivas ao final do partido levárono a acadar a marca de 51 puntos para el e unha vitoria para os Warriors. Porén, a eliminatoria remataría cunha derrota por 4-1 para os Warriors.

O "partido de Sleepy Floyd" foi un catalizador para incrementar o interese pola NBA na área da Baía, impulsado ademais polo novo adestrador Don Nelson, quen chegara aos Warriors desde os Milwaukee Bucks dan man de Jim Fitzgerald, quen con Dan Finnane, foi o propietario do equipo entre 1986 e 1995. Co novo adestrador conseguiuse outra exitosa serie de vitorias entre finais da década 1980 e comezos de 1990. Na pista destacaba a achega do trío de anotadores exteriores Tim Hardaway, Mitch Richmond e Chris Mullin, coñecidos colectivamente como "Run TMC" debido ao grupo de rap "Run-DMC". Con todo, os "Run TMC" duraron só dúas tempadas, nas que tan só conseguiron superar unha rolda dos playoffs. O motivo da disolución foi a tentativa do adestrador Nelson de conseguir unha nova promesa que xogase en posicións interiores, podendo así complementar o seu sistema "run-and-gun". Finalmente Richmond é enviado aos Sacramento Kings a cambio do ala-pivote novato Billy Owens. En 1993-94, grazas a Chris Webber, elección de primeira rolda do Draft e posteriormente Rookie do Ano, xunto co escolta Latrell Sprewell, os Warriors chegan de novo ás eliminatorias polo título.

Ao comezo da seguinte tempada, con todo, formouse un abismo entre Webber e Sprewell por unha banda e Nelson pola outra. Os tres pronto deixaron o equipo e a franquía foise a pique. A temporada 1994-95 foi a primeira baixo a rexencia do novo dono do equipo, Chris Cohan, que o comprara a Fitzgerald e Finnane. No Draft de 1995 os Warriors tiveron a súa primeira oportunidade na historia de ter unha primeira elección, a cal utilizaron para seleccionar ao ala-pivote Joe Smith. Alén diso, contratouse a Rick Adelman como o novo adestrador. A mediados de competición houbo máis movementos, ao enviar a Tim Hardaway e a Chris Gatling aos Miami Heat a cambio de Kevin Willis e Bimbo Coles. Finalmente o equipo acabaría cunha marca de 36-46, a tan só tres vitorias de entrar nos playoffs. Ao ano seguinte os Warriors reformarían o seu pavillón, o Oakland Coliseum Area, polo que ese ano xogaron os seus partidos como local no San Jose Arena. Finalmente o ano acabaría cun rexistro de 30-52.

Pavillón

Véxase tamén: Oracle Arena.
O Oracle Arena.
Interior do Oracle Arena.

Os Golden State Warriors xogan os seus partidos como local no Oracle Arena de Oakland (California). Este pavillón é o fogar permanente dos Warriors desde a temporada 1971, exceptuando unha parada dun ano mentres se estaba a renovar. Con todo, xa o tiñan utilizado previamente na temporada 1966−67. Antes de trasladarse ao seu fogar definitivo o equipo xogou en diferentes cidades e pavillóns. O primeiro de todos foi o Philadelphia Arena, en Filadelfia, Pensilvania, o cal foi utilizado durante os primeiros dezaseis anos da historia da entidade. Ademais, tamén utilizaron, de forma compartida co anterior, o Philadelphia Convention Hall. Xa en California, o club moveuse entre diferentes pavillóns das cidades de Daly City, no Condado de San Mateo, San Francisco, San Diego e San Jose.

En 2018, o intención do club é de mudarse a novo pavillón situado en San Francisco. Os plans para a construción desta nova instalación foron anunciado o 22 de maio de 2012 nunha rolda de prensa na que estaban Ed Lee, alcalde de San Francisco, David Stern, comisionado da NBA, Gavin Newsom, vicegobernador de California, así como os donos e algúns empregados dos Warriors. O pavillón terá un custo de aproximadamente 500 millóns de dólares e terá capacidade para entre 17.000 e 19.000 espectadores. Nun principio, a idea era que o pavillón estivese situado á beira da Baía de San Francisco no Peirao 30-32, porén, o 19 de abril de 2014 os Warriors mudaron de plan, adquirindo uns terreos no barrio de Mission Bay.

Pavillón Localización Estado Capacidade Período
Philadelphia Arena Filadelfia Pensilvania Pensilvania 5.526 1946 1962
Philadelphia Convention Hall Filadelfia Pensilvania Pensilvania 9.600 1952 1962
Cow Palace Daly City California California 12.953 1962 1964
San Francisco Civic Auditorium San Francisco California California 7.000 1964 1966
War Memorial Gymnasium San Francisco California California 5.300 1964 1966
Cow Palace Daly City California California 12.953 1966 1971
Coliseum Arena Oakland California California 19.596 1966 1967
San Diego Sports Arena San Diego California California 14.500 1971 1972
Oracle Arena Oakland California California 19.596 1971 2018
San Jose Arena San Jose California California 18.549 1996 1997
Novo San Francisco Arena San Francisco California California 2018

Temporadas

Nota: As estatísticas están actualizadas até a temporada 2014−15.

Campións da NBA Campións de Conferencia Campións de División En posición de Playoffs
Temporada Liga Conferencia Posto División Posto V D %V PD Playoffs Premios
Philadelphia Warriors
1946−47 BAA Leste 35 25 .583 14 Gañada Primeira Rolda (Bombers) 2–1
Gañadas Semifinais da BAA (Knicks) 2–0
Gañadas Finais da BAA (Stags) 4–1
1947−48 BAA Leste 27 21 .563 Gañadas Semifinais da BAA (Bombers) 4–3
Perdidas Finais da BAA (Bullets) 4–2
1948−49 BAA Leste 28 32 .467 10 Perdidas Semifinais de División (Capitols) 2–0
1949−50 NBA Leste 26 42 .382 27 Perdidas Semifinais de División (Nationals) 2–0
1950−51 NBA Leste 40 26 .606 Perdidas Semifinais de División (Nationals) 2–0
1951−52 NBA Leste 33 33 .500 7 Perdidas Semifinais de División (Nationals) 2–1 Paul Arizin (AMVP)
1952−53 NBA Leste 12 57 .174 34.5
1953−54 NBA Leste 29 43 .403 15
1954−55 NBA Leste 33 39 .458 10
1955−56 NBA Leste 45 27 .625 Gañadas Finais de División (Nationals) 3–2
Gañadas Finais da NBA (Pistons) 4–1
1956−57 NBA Leste 37 35 .514 7 Perdidas Semifinais de División (Nationals) 2–0
1957−58 NBA Leste 37 35 .514 12 Gañadas Semifinais de División (Nationals) 2–1
Perdidas Finais de División (Celtics) 4–1
Woody Sauldsberry (ROY)
1958−59 NBA Leste 32 40 .444 20
1959−60 NBA Leste 49 26 .653 10 Gañadas Semifinais de División (Nationals) 2–1
Perdidas Finais de Divisón (Celtics) 4–2
Wilt Chamberlain (MVP, ROY, AMVP)
1960−61 NBA Leste 46 33 .582 11 Perdidas Semifinais de División (Nationals) 3–0
1961−62 NBA Leste 49 31 .613 11 Gañadas Semifinais de División (Nationals) 3–2
Perdidas Finais de Divisón (Celtics) 4–3
San Francisco Warriors
1962−63 NBA Oeste 31 49 .388 22
1963−64 NBA Oeste 48 32 .600 Gañadas Finais de Divisón (Hawks) 4–3
Perdidas Finais da NBA (Celtics) 4–1
Alex Hannum (COY)
1964−65 NBA Oeste 17 63 .213 32
1965−66 NBA Oeste 35 45 .438 10 Rick Barry (ROY)
1966−67 NBA Oeste 44 37 .543 Gañadas Semifinais de División (Lakers) 3–0
Gañadas Finais de Divisón (Hawks) 4–2
Perdidas Finais da NBA (76ers) 4–2
Rick Barry (AMVP)
1967−68 NBA Oeste 43 39 .524 13 Gañadas Semifinais de División (Hawks) 4–2
Perdidas Finais de Divisón (Lakers) 4–0
1968−69 NBA Oeste 41 41 .500 14 Perdidas Semifinais de División (Lakers) 4–2
1969−70 NBA Oeste 30 52 .366 18
1970−71 NBA Oeste Pacífico 41 41 .500 7 Perdidas Semifinais de Conferencia (Bucks) 4–1
Golden State Warriors
1971−72 NBA Oeste Pacífico 51 31 .622 18 Perdidas Semifinais de Conferencia (Bucks) 4–1
1972−73 NBA Oeste Pacífico 47 35 .573 13 Gañadas Semifinais de Conferencia (Bucks) 4–2
Perdidas Finais de Conferencia (Lakers) 4–1
1973−74 NBA Oeste Pacífico 44 38 .537 3
1974−75 NBA Oeste Pacífico 48 34 .585 Gañadas Semifinais de Conferencia (SuperSonics) 4–2
Gañadas Finais de Conferencia (Bulls) 4–3
Gañadas Finais da NBA (Bullets) 4–0
Rick Barry (FMVP)
Jamaal Wilkes (ROY)
1975−76 NBA Oeste Pacífico 59 23 .720 Gañadas Semifinais de Conferencia (Pistons) 4–2
Perdidas Finais de Conferencia (Suns) 4–3
1976−77 NBA Oeste Pacífico 46 36 .561 7 Gañada Primeira Rolda (Pistons) 2–1
Perdidas Semifinais de Conferencia (Lakers) 4–3
1977−78 NBA Oeste Pacífico 43 39 .524 15
1978−79 NBA Oeste T-8º Pacífico 38 44 .463 14
1979−80 NBA Oeste T-10º Pacífico 24 58 .293 36
1980−81 NBA Oeste Pacífico 39 43 .476 18
1981−82 NBA Oeste Pacífico 45 37 .549 12
1982−83 NBA Oeste T-9º Pacífico 30 52 .366 28
1983−84 NBA Oeste T-9º Pacífico 37 45 .451 17
1984−85 NBA Oeste 12º Pacífico 22 60 .268 40
1985−86 NBA Oeste 12º Pacífico 30 52 .366 32
1986−87 NBA Oeste Pacífico 42 40 .512 23 Gañada Primeira Rolda (Jazz) 3–2
Perdidas Semifinais de Conferencia (Lakers) 4–1
1987−88 NBA Oeste 11º Pacífico 20 62 .244 42
1988−89 NBA Oeste Pacífico 43 39 .524 14 Gañada Primeira Rolda (Jazz) 3–0
Perdidas Semifinais de Conferencia (Suns) 4–1
Mitch Richmond (ROY)
1989−90 NBA Oeste 10º Pacífico 37 45 .451 26
1990−91 NBA Oeste Pacífico 44 38 .537 19 Gañada Primeira Rolda (Spurs) 3–1
Perdidas Semifinais de Conferencia (Lakers) 4–1
1991−92 NBA Oeste Pacífico 55 27 .671 2 Perdida Primeira Rolda (SuperSonics) 3–1 Don Nelson (COY)
1992−93 NBA Oeste 10º Pacífico 34 48 .415 28
1993−94 NBA Oeste Pacífico 50 32 .610 13 Perdida Primeira Rolda (Suns) 3–0 Chris Webber (ROY)
1994−95 NBA Oeste 11º Pacífico 26 56 .317 33
1995−96 NBA Oeste Pacífico 36 46 .439 28
1996−97 NBA Oeste 10º Pacífico 30 52 .366 27
1997−98 NBA Oeste T-11º Pacífico 19 63 .232 42
1998−99 NBA Oeste 10º Pacífico 21 29 .420 14
1999−00 NBA Oeste 13º Pacífico 19 63 .232 48
2000−01 NBA Oeste 14º Pacífico 17 65 .207 39
2001−02 NBA Oeste 14º Pacífico 21 61 .256 40
2002−03 NBA Oeste 11º Pacífico 38 44 .463 21 Gilbert Arenas (MIP)
2003−04 NBA Oeste 12º Pacífico 37 45 .451 19
2004−05 NBA Oeste 12º Pacífico 34 48 .415 28
2005−06 NBA Oeste 12º Pacífico 34 48 .415 20
2006−07 NBA Oeste Pacífico 42 40 .512 19 Gañada Primeira Rolda (Mavericks) 4–2
Perdidas Semifinais de Conferencia (Jazz) 4–1
Monta Ellis (MIP)
2007−08 NBA Oeste Pacífico 48 34 .585 9
2008−09 NBA Oeste 10º Pacífico 29 53 .354 36
2009−10 NBA Oeste 13º Pacífico 26 56 .317 31
2010−11 NBA Oeste 12º Pacífico 36 46 .439 21
2011−12 NBA Oeste 13º Pacífico 23 43 .348 18
2012−13 NBA Oeste Pacífico 47 35 .573 9 Gañada Primeira Rolda (Nuggets) 4–2
Perdidas Semifinais de Conferencia (Spurs) 4–2
2013−14 NBA Oeste Pacífico 51 31 .622 6 Perdida Primeira Rolda (Clippers) 4–3
2014−15 NBA Oeste Pacífico 67 15 .817 Gañada Primeira Rolda (Pelicans) 4–0
Gañadas Semifinais de Conferencia (Grizzlies) 4–2
Gañadas Finais de Conferencia (Rockets) 4–1
Gañadas Finais da NBA (Cavaliers) 4–2
Stephen Curry (MVP)
Andre Iguodala (FMVP)

Rexistro histórico

Estatística Vitorias Derrotas % vitorias
Philadelphia Warriors en Temporada Regular (1947–1962) 1.091 545 .667
San Francisco Warriors en Temporada Regular (1963–1971) 330 399 .453
Golden State Warriors en Temporada Regular (1971–presente) 1.594 1.922 .453
Total en Temporada Regular (1947–presente) 2.482 2.866 .464
Philadelphia Warriors en Playoffs (1947–1962) 35 41 .461
San Francisco Warriors en Playoffs (1963–1971) 21 27 .437
Golden State Warriors en Playoffs (1971–presente) 54 57 .486
Total en Playoffs (1947–presente) 110 125 .468
Total en Temporada Regular e Playoffs 2.592 2.991 .464

Xogadores

Cadro actual

Golden State Warriors 2022–2023
Xogadores Adestradores
Pos. # Nac. Nome Altura Peso Procedencia
A/AP 7 Baldwin, Patrick Jr. 2.06 m (6 ft 9 in) 98 kg (215 lb) Milwaukee
B/E 30 Curry, Stephen (C) 1.91 m (6 ft 3 in) 84 kg (185 lb) Davidson
B/E 0 DiVincenzo, Donte 1.93 m (6 ft 4 in) 92 kg (203 lb) Villanova
A/AP 23 Green, Draymond 1.98 m (6 ft 6 in) 104 kg (230 lb) Michigan State
AP/P 1 Green, JaMychal 2.06 m (6 ft 9 in) 103 kg (227 lb) Alabama
E/A 9 Iguodala, Andre 1.98 m (6 ft 6 in) 98 kg (215 lb) Arizona
E/A 10 Jerome, Ty 1.96 m (6 ft 5 in) 88 kg (195 lb) Virginia
A/AP 00 Kuminga, Jonathan 2.01 m (6 ft 7 in) 102 kg (225 lb) The Patrick School (NJ)
A/AP 40 Lamb, Anthony 1.98 m (6 ft 6 in) 103 kg (227 lb) Vermont
A/AP 5 Looney, Kevon 2.06 m (6 ft 9 in) 101 kg (222 lb) UCLA
B/E 4 Moody, Moses 1.96 m (6 ft 5 in) 96 kg (211 lb) Arkansas
B/E 8 Payton, Gary II 1.88 m (6 ft 2 in) 88 kg (195 lb) Oregon State
B/E 3 Poole, Jordan 1.93 m (6 ft 4 in) 88 kg (194 lb) Michigan
B/E 25 Quiñones, Lester 1.93 m (6 ft 4 in) 94 kg (208 lb) Memphis
B/E 2 Rollins, Ryan 1.93 m (6 ft 4 in) 82 kg (180 lb) Toledo
B/E 11 Thompson, Klay 1.98 m (6 ft 6 in) 98 kg (215 lb) Washington State
A/AP 22 Wiggins, Andrew 2.01 m (6 ft 7 in) 89 kg (197 lb) Kansas
Adestrador
Asistente(s)
  • Ron Adams
  • Kenny Atkinson
  • Mike Brown
  • Bruce Fraser

Lenda
  • (C) Capitán
  • (DP) Drafteado sen asinar
  • (FA) Axente libre
  • (IN) Inactivo
  • (S) Suspendido
  • Mancado Mancado

Cadro
Actualizado: 04-06-2023

Líderes históricos

Negra indica que ao xogador segue en activo na franquía. Cursiva indica que ao xogador segue en activo, mais non na franquía.

Puntos anotados (temporada regular) (a finais da temporada 2016−17)[1]

  1. Wilt Chamberlain (17.783)
  2. Rick Barry (16.447)
  3. Paul Arizin (16.266)
  4. Chris Mullin (16.235)
  5. Nate Thurmond (13.191)
  6. Stephen Curry (13.088)
  7. Jeff Mullins (12.547)
  8. Purvis Short (11.894)
  9. Neil Johnston (10.023)
  10. Joe Barry Carroll (9.996)
  11. Klay Thompson (8.854)
  12. Tim Hardaway (8.337)
  13. Monta Ellis (8.087)
  14. Latrell Sprewell (8.032)
  15. Jason Richardson (8.008)
  16. Joe Fulks (8.003)
  17. Guy Rodgers (7.516)
  18. Phil Smith (7.343)
  19. Joe Graboski (6.961)
  20. Antawn Jamison (6.775)
  21. Sleepy Floyd (6.607)
  22. Al Attles (6.328)
  23. Tom Meschery (5.854)
  24. Tom Gola (5.710)
  25. David Lee (5.454)
  26. Mitch Richmond (5.301)
  27. Larry Smith (5.225)
  28. Terry Teagle (5.179)
  29. Clyde Lee (4.953)
  30. Cazzie Russell (4.631)

Outras estatísticas (temporada regular) (a finais da temporada 2016−17)[2]

Minutos xogados

  1. Nate Thurmond (30.735)
  2. Chris Mullin (28.225)
  3. Paul Arizin (24.897)
  4. Rick Barry (24.443)
  5. Jeff Mullins (23.495)

Rebotes

  1. Nate Thurmond (12.771)
  2. Wilt Chamberlain (10.768)
  3. Larry Smith (6.440)
  4. Clyde Lee (6.416)
  5. Paul Arizin (6.129)

Asistencias

  1. Guy Rodgers (4.855)
  2. Tim Hardaway (3.926)
  3. Stephen Curry (3.916)
  4. Rick Barry (3.247)
  5. Chris Mullin (3.146)

Roubos

  1. Chris Mullin (1.360)
  2. Stephen Curry (1.029)
  3. Rick Barry (929)
  4. Tim Hardaway (821)
  5. Purvis Short (710)

Tapóns

  1. Adonal Foyle (1.140)
  2. Joe Barry Carroll (836)
  3. Erick Dampier (728)
  4. Manute Bol (592)
  5. Andris Biedriņš (580)

Dorsais retirados

Dorsais retirados no Oracle Arena.
Dorsais retirados polos Golden State Warriors
Xogador Posición Período
13 Wilt Chamberlain P 1959–65
14 Tom Meschery AP 1961–71
16 Al Attles B 1960–71
17 Chris Mullin A 1985–97, 2000–01
24 Rick Barry A 1965–67, 1972–78
42 Nate Thurmond P 1963–74

Basketball Hall of Fame

Os seguintes xogadores, adestradores e contribuidores dos Golden State Warriors, e das súas anteriores denominacións Philadelphia Warriors e San Francisco Warriors, foron incluídos no Basketball Hall of Fame.

Membros do Basketball Hall of Fame dos Golden State Warriors
Xogadores
Nome Posicións Período Ingreso Nome Posicións Período Ingreso
6 Neil Johnston P 1951–1959 1990 17 Chris Mullin A 1985–1997; 2000–2001 2011
10 Joe Fulks A 1946–1954 1978 23 Mitch Richmond E 1988–1991 2014
10 Jo Jo White B 1979–1980 2015 24 Rick Barry A 1966–1967; 1972–1978 1987
11 Paul Arizin E 1950–1962 1978 25 Guy Rodgers B 1958–1966 2014
13 Wilt Chamberlain P 1959–1965 1979 30 Bernard King A 1980–1982 2013
13 Šarūnas Marčiulionis E 1989–1994 2014 41 Jamaal Wilkes A 1974–1977 2012
14 Tom Gola E 1955–1962 1976 42 Nate Thurmond AP 1963–1974 1985
16 Jerry Lucas AP 1969–1971 1980 50 Ralph Sampson P 1987–1989 2012
17 Andy Phillip E 1950–1953 1961 00 Robert Parish P 1976–1980 2003
Adestradores
Nome Posicións Período Ingreso Nome Posicións Período Ingreso
Alex Hannum Adestrador 1963–1966 1998 Don Nelson Adestrador 1988–1995; 2006–2010 2012
Contribuidores
Nome Posicións Período Ingreso Nome Posicións Período Ingreso
Eddie Gottlieb Propietario 1952–1964 1972

Galardóns individuais

All-Star da NBA

Adestradores

P Partidos adestrados
V Vitorias
D Derrotas
% Porcentaxe de vitorias
# Número de adestrador
Elixido no Basketball Hall of Fame coma adestrador
Pasou toda a súa carreira de adestrador NBA cos Warriors
Hall of Fame coma adestrador e pasou toda a súa carreira de adestrador NBA cos Warriors
Al Attles (Campión en 1975)
Steve Kerr (Campión en catro ocasións)
# Nome Anos Temporada regular Playoffs Logros
P V D % P V D %
Philadelphia Warriors
1 Gottlieb, EdwardEdward Gottlieb 19461955 581 263 318 .453 32 15 17 .469 Un título da BAA (1947)
2 Senesky, GeorgeGeorge Senesky 19551958 216 119 97 .551 20 10 10 .500 Un título da NBA (1956)
3 Cervi, AlAl Cervi 19581959 72 32 40 .444
4 Johnston, NeilNeil Johnston 19591961 154 95 59 .617 12 4 8 .333
5 McGuire, FrankFrank McGuire 19611962 80 49 31 .613 12 6 6 .500
San Francisco Warriors
6 Feerick, BobBob Feerick 19621963 80 31 39 .388
7 Hannum, AlexAlex Hannum 19631966 240 100 140 .417 12 5 7 .417 Adestrador do Ano da NBA (1964)
8 Sharman, BillBill Sharman 19661968 163 87 76 .534 25 13 12 .520
9 Lee, GeorgeGeorge Lee 19681970 134 63 71 .470 6 2 4 .333
10 Attles, AlAl Attles 19701971 82 30 52 .366
Golden State Warriors
10 Attles, AlAl Attles 19711980 747 413 334 .553 61 30 31 .492 Un título da NBA (1975)
11 Bach, JohnnyJohnny Bach 1980 21 6 15 .286
Attles, AlAl Attles 19801983 246 114 132 .463
Bach, JohnnyJohnny Bach 19831986 246 89 157 .362
12 Karl, GeorgeGeorge Karl 19861988 146 58 88 .397 10 4 6 .400
13 Gregory, EdEd Gregory 1988 18 4 14 .222
14 Nelson, DonDon Nelson 19881995 537 277 260 .516 24 9 15 .375 Adestrador do Ano da NBA (1992)
15 Lanier, BobBob Lanier 1995 37 12 25 .324
16 Adelman, RickRick Adelman 19951997 164 66 98 .402
17 Carlesimo, P.J.P.J. Carlesimo 19971999 159 46 113 .289
18 St. Jean, GarryGarry St. Jean 19992000 55 13 42 .236
19 Cowens, DaveDave Cowens 20002001 105 25 80 .238
20 Winters, BrianBrian Winters 20012002 59 13 46 .220
21 Musselman, EricEric Musselman 20022004 164 75 89 .457
22 Montgomery, MikeMike Montgomery 20042006 164 68 96 .415
Nelson, DonDon Nelson 20062010 328 145 183 .442 11 5 6 .455 10 mellores adestradores da historia da NBA
23 Smart, KeithKeith Smart 20102011 82 36 46 .439
24 Jackson, MarkMark Jackson 20112014 230 121 109 .526 19 9 10 .474
25 Kerr, SteveSteve Kerr 2014 629 429 200 .682 127 93 34 .732 4 títulos da NBA (2015, 2017, 2018, 2022)
Adestrador do Ano da NBA (2016)

Notas

  1. "Warriors: Players". Basketball Reference (en inglés). 15 de xuño de 2015. Arquivado dende o orixinal o 17 de novembro de 2015. Consultado o 13 de novembro de 2015. 
  2. "Golden State Warriors Career Leaders". Basketball Reference (en inglés). 15 de xuño de 2015. Arquivado dende o orixinal o 17 de novembro de 2015. Consultado o 7 de novembro de 2015. 

Véxase tamén

Ligazóns externas