Saltar ao contido

Gran Mestra Feminina

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A versión para imprimir xa non se actualiza e pode conter erros de renderizado. Actualice os marcadores do seu navegador e empregue mellor a función de impresión propia do navegador.

Gran Mestra Feminina (en inglés, Woman Grandmaster, WGM) é o título de maior rango de xadrez exclusivamente de mulleres. A FIDE introduciu o título en 1977, xunto ao introducido previamente Mestra Internacional Feminina (WIM).[1]

O título de WGM representa un nivel de mestría no xadrez significativamente menor respecto ao de Gran Mestre (GM) absoluto/mixto. De feito, os requisitos para obter o título de WGM son tamén menores aos do segundo título mundial de maior relevancia, o de Mestre Internacional (MI) absoluto/mixto. A vencedora do Campionato mundial xuvenil de xadrez feminino é automaticamente galardoada co título de WGM.[2]

Moitas xogadoras teñen o título de MI amais do WGM e desde 2000 as 10 mellores mulleres son tamén GM. A vencedora do Campionato do Mundo de xadrez feminino recibe automaticamente o título de Gran Mestra absoluta se non o ten.[3]

Notas

  1. Hooper, David Vincent; Whyld, Kenneth (1992). The Oxford Companion to Chess (2ª ed.). Oxford University Press. p. 450. ISBN 9780198661641. 
  2. "FIDE Handbook: Chess rules". FIDE - Fédération Internationale des Échecs (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 15 de marzo de 2008. 
  3. "FIDE Handbook: Chess rules". FIDE - Fédération Internationale des Échecs (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 15 de marzo de 2008. 

Véxase tamén

Ligazóns externas