Heinkel He 111
Aparencia
Heinkel He 111 | |
---|---|
He 111K engalando | |
Tipo | bombardeiro medio |
Fabricante | Heinkel |
Deseñado por | Siegfried e Walter Günter |
Primeiro voo | 1934 |
Introducido | 1936 |
Retirado | 1945 (Luftwaffe) 1958 (España) |
Principais usuarios | Luftwaffe |
Produción | 1935 - 1944 |
Unidades construídas | 6.508 |
Variantes | CASA 2.111 |
O Heinkel He 111 foi o principal bombardeiro alemán da Luftwaffe durante os primeiros anos da segunda guerra mundial, destacando a súa participación na batalla de Inglaterra. Foi tamén un dos protagonistas da guerra civil española. Usouse en todas as frontes durante a contenda mundial e realizou tamén labores de guía de formacións (equipado con equipos de radio especiais) e ataques contra barcos.
Na guerra civil española enviouse un He 111B para a súa avaliación por parte da Lexión Cóndor, e a partir de febreiro de 1937 uns 50 He 111B-1/2 chegarían a España. A partir de marzo de 1938 enviaríanse outros 45 He 111E-1, con maior carga de bombas, e os He 111B-1/2 pasaron a mans dos nacionalistas.