Saltar ao contido

MSN

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A versión para imprimir xa non se actualiza e pode conter erros de renderizado. Actualice os marcadores do seu navegador e empregue mellor a función de impresión propia do navegador.

MSN ou Microsoft Network é un provedor de servizos por Internet e un portal creado pola empresa Microsoft o día 24 de agosto de 1995, coincidindo co lanzamento mundial do sistema operativo Windows 95.

Características

MSN distribúe servizos como contas de correo en Hotmail, posibilidades de mensaxería instantánea (co protocolo .NET Messenger Service) a través do programa MSN Messenger, un servizo de blogs (MSN Spaces) ou un motor de buscas, MSN Search.

Nos Estados Unidos, MSN é o segundo ISP con máis de 9 millóns de clientes, America Online é o líder con algo máis de 26 millóns. A páxina web de MSN é tamén a segunda máis visitada de Internet, por detrás de Yahoo!.

Véxase tamén

Ligazóns externas