Saltar ao contido

Vaidade

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A versión para imprimir xa non se actualiza e pode conter erros de renderizado. Actualice os marcadores do seu navegador e empregue mellor a función de impresión propia do navegador.
"Todo é Vaidade" por C. Allan Gilbert, amosando unha entrevista coa vida e a morte.

A vaidade (chamada tamén orgullo, presunción)[1] é o desexo de atraer a admiración das outras persoas, unha estima esaxerada que alguén ten de si mesmo, das súas cualidades e dos seus intereses. Unha persoa vaidosa crea unha imaxe persoal para transmitir ós outros, co obxectivo de ser admirada e envexada. A vaidade é máis utilizada tamén hoxe para estética, visual e aparencia da propia persoa. A imaxe dunha persoa vaidosa estará polo xeral en fronte dun espello, a exemplo de Narciso.

Nos ensaios de Montaigne hai un capítulo sobre vaidade. Un escritor brasileiro, Flávio Gikovate, dedicouse a analizar a influencia da vaidade na vida das persoas e os seus impactos na sociedade.

Unha abordaxe da vaidade na literatura foi feita por Oscar Wilde no libro O retrato de Dorian Gray, onde o principal tema é a vaidade da personaxe de Dorian, onde o rapaz é ó mesmo tempo vello, e o vello é ó mesmo tempo novo.

Notas

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para vaidade.

Véxase tamén

Outros artigos