Cálculo vectorial
Aparencia
O cálculo vectorial é un campo das matemáticas referidas ao cálculo con vectores, elementos dun espazo vectorial. Consiste nunha serie de fórmulas e técnicas para solucionar problemas moi útiles para a enxeñería e a física.
Unha das aplicacións fundamentais do cálculo vectorial é o estudo de campos, tanto escalares como vectoriais. Un campo escalar é aquel en que a cada punto se lle asocia un valor que non ten dirección (por exemplo a temperatura nun punto ou a presión). Nun campo vectorial, pola contra, a cada punto asóciaselle un vector (como a velocidade ou unha forza) moitas cantidades útiles exprésanse utilizando o operador nabla():
Operación | Notación | Descrición | Dominio/Rango |
---|---|---|---|
Gradiente | Mide a dirección e a variación dun campo escalar. | Escalar->Vector. | |
Rotacional | Mide a rotación do campo arredor dun punto (variación tanxencial). | Vector->Vector. | |
Diverxencia | Mide o carácter de fonte ou sumidoiro dun punto (variación normal). | Vector->Escalar. | |
Laplaciano | Diverxencia do gradiente. | Escalar->Escalar. |
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte] Este artigo sobre matemáticas é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |