Camilo Brandín
Os títulos de obras literarias, musicais, filmes, videoxogos etc. contidos neste artigo deberían aparecer na súa forma orixinal, a non ser que exista versión en galego (consulte a base de datos de libros editados en España ou a lista de filmes con versión en galego). Colabore connosco neste artigo e noutros en condicións semellantes para que a Galipedia mellore e medre. |
Faltan ligazóns internas neste artigo ou sección. Por favor, axude wikificándoo. |
Este artigo ou sección precisa dunha revisión do formato que siga o libro de estilo da Galipedia. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
Este artigo contén varias ligazóns externas e/ou bibliografía ao fin da páxina, mais poucas ou ningunha referencia no corpo do texto. Por favor, mellora o artigo introducindo notas ao pé, citando as fontes. Podes ver exemplos de como se fai nestes artigos. |
Este artigo ou apartado contén afirmacións non neutrais e/ou texto que promociona o tema tratado de forma subxectiva sen achegar información neutral e verificable. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Atención: Este artigo ou sección semella conter investigacións orixinais. |
Este artigo ou sección precisa dunha revisión ortográfica e/ou de gramática (recurso útil: corrector ortográfico en liña de galego). Podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: Preferencias → Trebellos → Navegación → Ortografía: Activar o revisor ortográfico. Colabora connosco neste artigo e noutros en condicións semellantes para que a Galipedia mellore e medre. |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 22 de xullo de 1946 (78 anos) Sarreaus, España |
Actividade | |
Ocupación | psicólogo, profesor universitario, político |
Partido político | Partido dos Socialistas de Galicia |
Familia | |
Cónxuxe | Lorenza Pérez Alonso |
Camilo Brandín Feijóo, nado en Sarreaus, Ourense, o 22 de xullo de 1946,[1][2] é un psicólogo galego, da Universidade de Vigo. Xubilouse no curso 2010-2011.[3]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Iniciou Teoloxía en Salamanca e, posteriormente, trasladou o expediente á Complutense de Madrid para se licenciar en Psicoloxía, acadando ademais o título de Diplomado en Psicoloxía da Educación pola mesma Universidade. Posteriormente[cando?] doutorouse cunha tese sobre bilingüismo galego-castelán.
Foi seleccionado como profesor para impartir Psicoloxía da Educación e do Aprendizaxe en Maxisterio na Escola de Formación do Profesorado en Ourense, dependente da Universidade de Vigo e, máis tarde, foi profesor interino na Universidade de Vigo, onde se converteu en titular do departamento de Psicoloxía Evolutiva e Educación.
A súa concepción da psicoloxía baséase no “construtivismo moderno”, polo que entende que os valores, as relixións, as crenzas, maioritariamente son meros constructos metais configurados por cada persoa ou cultura de cada momento da historia, a partires de procesar e transformar na mente a información recibida. Posteriormente, cada persoa crea a súa estrutura mental que a considera verdadeira e case inamovible, dando lugar ao que modernamente se coñecen como “memes” psicolóxicos.[Cómpre referencia]
Polémica
[editar | editar a fonte]A partires da lectura da súa tese de doutoramento (2001), produciuse boa confusión debido a unha mala información non coincidente coa realidade.[Cómpre clarificar] A tese versaba sobre o bilingüismo galego-castelán e o seu dominio mental: “Bilingüismo, habilidades verbais e automatismos do procesamento lector nos escolares galego-castelán parlantes”.[4] Ata entón todos os estudios feitos sobre o galego eran máis ben sociolóxicos. Trataban de: onde se falaba galego, en que porcentaxe se falaba galego, que grupos de idade falaban máis ou menos galego, en que porcentaxe se utilizaba o galego e o castelán, que preferencias se tiñan polo galego ou castelán… Pero nesta tese fíxose o primeiro estudo de medir con altas técnicas de precisión en que medida os tempos de procesamento mental no cerebro eran máis ou menos rápidos nas distintas linguas dos bilingües galego-castelán para constatar si o bilingüismo estaba equilibrado. E algúns non o entenderon así.[5] De aí produciuse parte da confusión, pensando que aínda estábamos con estudios sociolóxicos e non de tempos de procesamento mental.
Logo de aplicar as probas de tempos de procesamento, concluíase que o bilingüismo en Galicia aínda non estaba equilibrado debido a que a lingua dominante, o castelán, no ensino, nos medios e na sociedade se impuxera a lingua sometida, o galego. Pois a velocidade de procesamento mental (medida con instrumentos de alta precisión) seguía sendo algo superior en castelán xa que dun xeito xeral, o cerebro reaccionaba unhas milésimas de segundo antes cando as probas se facían en castelán ca cando se practicaban en galego.[6] Concluímos[quen?] que pra chegar a un bilingüismo equilibrado había que potenciar o galego en máis tempo e dedicación para igualarse ao castelán e acadar un bilingüismo equilibrado.[7]
Aquí foi onde se propuxo a confusión. Pois medios de comunicación, sen ter lido directamente o traballo[Cómpre referencia] e sen consultar co autor, publicaron con varios titulares que: “los niños gallegos aprenderán mucho mejor si se les enseña en castellano y no en gallego”.[8] Cando a tese nunca tratou de aprendizaxe senón de tempos de reacción cerebral a estímulos, defendía xustamente que había que facer todo o contrario ao publicado, ou sexa, potenciar o uso do galego si se quería alcanzar un bilingüismo máis equilibrado, negando por tanto tal afirmación.[9] Loxicamente xurdiron múltiples críticas e por moito que se tratara de explicar a verdade, non foi fácil contradicir o que xa se publicara.[10] Ata chegou unha comunicación da Real Academia Galega advertindo de que esta clase de conclusións dunha tese de universidade non favorecía para nada ó galego. Algo co que o autor, como non podía ser doutro xeito, está totalmente de acordo.[Cómpre referencia]
Obras
[editar | editar a fonte]Libros publicados
[editar | editar a fonte]- 1984, Fundamentos de Psicología para Maestros. A Coruña: Editorial La Voz de Galicia. ISBN 84-398-1036-9
- Os xogos dos nosos rapaces. Ourense. Obra Cultural Caixa Ourense, 1986.
- Educación Ambiental y Ansiedad. Grafinova. Santiago de Compostela, 2000.
- 2002, Bilingüismo. Habilidades verbais e velocidade de procesamento de material escrito nos escolares bilingües galegos. A Coruña: Ediciones GERSAM. ISBN 84-932857-3-0
- 2007, Construye tu propio pensamiento,“666”. A Coruña: Editorial DANÚ. ISBN 978-84-936158-4-0
- Agora son unha nena feliz. (Colaboración en literatura infantil). Santiago de Compostela. Tórculo Ediciones, 2008.
- La Religión, ¿Un Constructo Mental?. Madrid. Editorial BUBOK PUBLISHING (Descarga libre en Internet), 2009.
- 2021, Recordos dun Pueblo (Perrelos). Santiago de Compostela: Editor Camilo Brandín. DL OU 157-2021[11]
Artigos publicados (selección)
[editar | editar a fonte]- "A dislexia nos nenos". Revista O Ensino - 6º (1984).
- "Integración del Deficiente y actitud de los Profesores" Revista Quinesia – 3º, 1984.
- "La Prevención de las Drogodependencias en la Educación Secundaria". Revista Galega de Psico-Pedagoxía. Nº 10-11, 1995.
- "La Corriente Ecológica. Base de la Salud Mental en el Desarrollo Humano". VI Congreso de Psicología Ambiental. La Coruña, 1998.
- “El Estrés y el Medio Ambiente”. En Maceira, A. y Rodríguez, A. Educación y Ansiedad. Santiago de Compostela, 2000.
- “El Empleo con apoyo para sujetos con discapacidad”. En Deaño, M. Modelos de Orientación en Educación Especial. GERSAM. Ourense. 2001.
- “Velocidade de Procesamento da Información de Material Escrito en Escolares Bilingües Gallegos”. Actas VIII Conferencia Internacional de Linguas Minoritarias. Dirección Xeral de Política Lingüística. Santiago de Compostela, 2002.
- “Diversidade de lingua e diversidade ideolóxica”. VII Congreso Internacional “Esixencias da Diversidade” Santiago de Compostela, 2002.
- Psicoloxía da Educación e formación do profesorado no campus universitario ourensán. En Repensar a Educación e a Sociedade: Realidades e Desafios. Cid, X. coord. Servicio de Publicación. Universidade de Vigo, 2006.
- Niño Emperador, Adolescente Tirano. En Actas del XXIII Congreso de INFAD. Poio, Pontevedra, 2007.
- A afectividade nos nenos de pais separados. En Actas del IX Congreso Internacional Galego-Portugués de Psicopedagoxía. Universidade da Coruña, 2007.
- Inteligencia emocional, asertividad y éxito. En Educación e Sociedade. Novas reflexións multidisciplinares. Publicacións Universidade de Vigo. 2011.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Camilo Brandín Feijoo". galiciadigital.com (en castelán). Consultado o 26 de marzo de 2024.
- ↑ "Camilo Brandín Feijóo". museodalimia.com. Consultado o 26 de marzo de 2024.
- ↑ Tedín, Rosa (15 de decembro de 2011). "Ciencias da Educación rende unha emotiva homenaxe aos seus docentes que se xubilan". uvigo.gal. Consultado o 26 de marzo de 2024.
- ↑ Brandín Feijoo, C. (2001). Bilingüismo, habilidades verbales y automatismos del procesamiento lector en escolares gallego-castellano parlantes. Tese de Doutoramento. Universidade de Vigo.
- ↑ La voz de Galicia, 23 de xaneiro, 2002. “Los alumnos “aprenden” más rápido cuando estudian en castellano que en gallego”.
- ↑ Brandín Feijoo, C. (2002). Bilingüismo: Habilidades verbais e velocidade de procesamento de material escrito nos escolares bilingües galegos. Ourense. Ediciones GERSAM.
- ↑ A CIGA, Santiago. Redacción - (29/1/2002). O estudio que afirma que "todos os procesos mentais seguen a ser predominantemente máis rápidos en castelán" segue a suscitar polémica por todos os bandos. As últimas: a do profesor responsable da tese, Camilo Brandín, quen matiza esas afirmacións tan rotundas que se publican do seu estudio, indicando que "se procesa máis rápido cando está en castelá. A versión da CIG é que este feito amosa un "fracaso das políticas de normalización lingüística desenvolvidas desde a Xunta de Galicia".
- ↑ La voz de Galicia, 23 de xaneiro, 2002. “Los alumnos “aprenden más rápido cuando estudian en castellano que en gallego”.
- ↑ La Voz de Galicia, 25 de xaneiro de 2002. El autor del estudio niega que los niños aprendan más rápido en español que en gallego, pois non se trataba de aprendizaxe.
- ↑ González, Xosé Manuel (30 de xaneiro de 2002): Culturagalega. “Sobre o fondo do asunto do famoso estudio, o propio autor Camilo Brandín xa saíu desmentindo eses titulares no periódico “La Región”, onde di nunha carta ó director, que esas conclusións (“los niños aprenden más rápido en castellano que en gallego”) son falsas e afondan nos prexuízos da xente cara o galego e que a información, subministrada, fora difundida sen consultar tan sequera cos autores do traballo”.
- ↑ "Recordos dun pueblo : (Perrelos)". rbgalicia.xunta.gal. 2021. Consultado o 26 de marzo de 2024.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- "Bradín Feijoo, Camilo". Dicionario biográfico de Galicia 1. Ir Indo Edicións. 2010-2011. p. 137.
- Barrera, F., ed. (2002). Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXI (en castelán). El Correo Gallego. p. 79. ISBN 84-8064-113-4.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- http://www.brandín.es/
- Nespereira, Antonio (15/10/2011) "«Non hai esquerda nin dereita, hai xente honesta ou deshonesta»" La Voz de Galicia.