Camilo Cienfuegos
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 6 de febreiro de 1932 A Habana (República de Cuba) |
Morte | p. 28 de outubro de 1959 (27 anos) Océano Atlántico, presumiblemente |
Causa da morte | accidente de aviación, presumiblemente |
Actividade | |
Ocupación | político, revolucionario, oficial |
Partido político | Movemento do 26 de xullo |
Membro de | |
Carreira militar | |
Rango militar | general de exército (pt) |
Conflito | Revolución cubana |
Familia | |
Irmáns | Osmany Cienfuegos Gorriarán |
Descrito pola fonte | Grande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Сьенфуэгос Камило) Obálky knih, |
Camilo Cienfuegos Gorriarán, nado o 6 de febreiro de 1932 na Habana e finado o 28 de outubro de 1959 nun accidente aéreo, foi un revolucionario cubano e unha das principais figuras da Revolución cubana. Peza clave na toma da cidade de Yaguajay na ofensiva final revolucionaria.
Foi coñecido cos apelativos de O comandante do pobo, O señor da vangarda, Heroe de Yaguajay ou O heroe do sombreiro alón e foi un dos líderes revolucionarios máis queridos e máis chorados polo pobo a causa da súa extracción humilde e o seu carácter xovial.
Biografía
[editar | editar a fonte]Xuventude
[editar | editar a fonte]Naceu no barrio de Jesús del Monte, fillo de Ramón Cienfuegos Flores e Emilia Gorriarán Zaballa, anarquistas orixinarios de Pravia (Asturias) e Castro Urdiales (Cantabria). Comezou a estudar na Escola Pública Nº 96 San Francisco de Paula na Habana, e tras varios cambios de domicilio debidos á mala situación económica da familia acabou na barriada de Lawton a rematar os estudos primarios na Escola Pública Nº 105 Félix E. Alpízar.
Comezou a involucrarse nas loitas sociais en 1948 participando nas protestas contra o aumento dos prezos do autobuses urbanos.
Granma
[editar | editar a fonte]En setembro de 1956 atopábase en México, onde entrou en contacto con Fidel Castro e o Movemento 26 de Xullo, que dende o exilio estaba organizando unha expedición revolucionaria a Cuba para derrocar o réxime de Fulgencio Batista. Ao pouco comezou a adestrarse en guerra de guerrillas e prácticas de tiro no campamento de Abasolo (estado mexicano de Tamaulipas) e incorporouse á expedición do iate Granma.
O Granma partiu o 25 de novembro con 82 expedicionarios a bordo, entre os que ademais de Fidel e Camilo ían futuras figuras da loita revolucionaria coma Juan Almeida, Raúl Castro, Ramiro Valdés ou Ernesto Che Guevara.
O 2 de decembro desembarcaba a dous quilómetros da praia Las Coloradas, onde encallou o barco polo que se perdeu gran parte do material transportado.
Lembranza
[editar | editar a fonte]Na súa honra tódolos 28 de outubro os escolares cubanos botan flores ao mar, esta iniciativa foi creada polo Che.
A Universidade de Matanzas leva como nome Camilo Cienfuegos na súa honra[1].
No ano 2009 instalouse unha escultura metálica na fachada do edificio do Ministerio da Informática e as Comunicacións, na Praza da revolución da Habana reproducindo o retrato de Camilo Cienfuegos, parella da escultura similar co retrato do Che noutro edificio da mesma praza[2]. O seu retrato tamén aparece nos billetes de vinte pesos cubanos[3], a imaxe do Monumento a Camilo tamén aparece nos de vinte pesos convertíbeis[4].
En 1959 foi renomeada a localidade ata entón coñecida coma Central Hershey, no concello de Santa Cruz del Norte (Provincia da Habana), coma Central Camilo Cienfuegos[5].
En Yaguajay está localizado o Museo Nacional Camilo Cienfuegos, como parte do complexo arquitectónico da Praza da Revolución da cidade[6].
En 2013 con motivo do 54 aniversario da súa desaparición inaugurouse un monumento na avenida Finlay da cidade de Camagüey, esta avenida une a cidade co Aeroporto Internacional Ignacio Agramonte, onde se lle viu por última vez en 1959 antes de engalar[7].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ http://www.ecured.cu/index.php/Universidad_de_Matanzas_Camilo_Cienfuegos
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 14 de xullo de 2014. Consultado o 08 de xullo de 2014.
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 14 de xullo de 2014. Consultado o 07 de xullo de 2014.
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 14 de xullo de 2014. Consultado o 07 de xullo de 2014.
- ↑ Lonely Planet (2009)
- ↑ http://www.ecured.cu/index.php/Museo_Nacional_Camilo_Cienfuegos
- ↑ http://www.juventudrebelde.cu/cultura/2013-05-02/realizaran-monumento-a-camilo-cienfuegos-en-camaguey/
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Camilo Cienfuegos |