Saltar ao contido

Dick Powell

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaDick Powell

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento14 de novembro de 1904 Editar o valor en Wikidata
Mountain View, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte2 de xaneiro de 1963 Editar o valor en Wikidata (58 anos)
West Los Angeles, Estados Unidos de América (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Causa da morteLinfoma Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaForest Lawn Memorial Park Editar o valor en Wikidata
ResidenciaMountain View (pt) Traducir
Berryville (pt) Traducir
Little Rock Editar o valor en Wikidata
RelixiónCiência Cristã (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversity of Arkansas at Little Rock (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónactor, actor de televisión, empresario, actor de cinema, músico de jazz, director de cinema, produtor de cinema, cantante, produtor de televisión Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1930 Editar o valor en Wikidata -
EmpregadorWarner Bros. Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Republicano Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoBig Band Editar o valor en Wikidata
InstrumentoVoz e piano Editar o valor en Wikidata
Selo discográficoBell Records (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeJune Allyson (1945–1963)
Joan Blondell (1936–1944)
Mildred Maund (1925–) Editar o valor en Wikidata
FillosRichard Powell, Jr.
 () June Allyson
Ellen Powell
 () Joan Blondell Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteObálky knih, Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0694090 Allocine: 1407 Allmovie: p106959 38687
BNE: XX1411858 Musicbrainz: 48590214-da26-46c9-ab27-b4b84256667e Discogs: 585772 WikiTree: Powell-12615 Find a Grave: 834 Editar o valor en Wikidata

Richard Ewing Powell, nado en Mountain View (Arkansas) o 14 de novembro de 1904 e finado nos Ánxeles (California) o 2 de xaneiro de 1963,[1] foi un actor, cantante, produtor e director de cinema estadounidense.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Powell estudou no Little Rock College (hoxe Universidade de Arkansas en Little Rock), antes de iniciar a súa carreira como cantante coa Charlie Davis Orchestra, con base en Indianapolis.[2] Gravou varios discos con Davis e tamén pola súa propia conta coa discográfica Vocalion Records a finais da década de 1920.

Powell marchou a Pittsburg, onde tivo un grande éxito local como mestre de cerimonias nos teatros Enright e Stanley.[2] En abril de 1930, Warner Bros. adquiriu Brunswick Records, nese momento propiedade de Vocalion. En Warner Bros. quedaron impresionados pola voz de Powell e pola súa gravidade na escena, polo que lle ofreceron un contrato cinematográfico en 1932. Debutou no cinema como cantante dunha banda en Blessed Event.[3] Continuou a interpretar o papel de mozo crooner en musicais como 42nd Street, Footlight Parade, Gold Diggers of 1933, Dames, Flirtation Walk e On the Avenue, traballando adoito con Ruby Keeler e Joan Blondell.

Powell desexaba sobre todo ampliar o seu repertorio, mais Warner Bros. impedíallo. Finalmente, xa na década de 1940, e aceptando que os seus días de mozo romántico xa quedaran atrás, fixo presión para interpretar o protagonista de Double Indemnity, aínda que perdeu fronte a Fred MacMurray.[4] O éxito de MacMurray, non obstante, aumentou a resolución de Powell de conseguir proxectos de maior envergadura, e en 1944 foi escollido para traballar na primeira parte dunha serie de filmes de cinema negro protagonizadas polo detective privado Philip Marlowe.[4] Este filme foi Murder, My Sweet, dirixido por Edward Dmytryk. Foi un grande éxito, e Powell conseguiu asentarse como actor dramático.

O ano seguinte, Dmytryk e Powell volveron reunirse para rodar Cornered, un apaixonante thriller que axudou a definir o estilo do xénero. Fíxose popular representando "tipos duros" en filmes como Johnny O'Clock e Cry Danger. Mesmo cando traballou con papeis máis lixeiros en filmes como The Reformer and the Redhead e Susan Slept Here, xa nunca volveu cantar no cinema.

Desde 1949 a 1953, Powell tivo un papel principal no programa radiofónico da NBC Richard Diamond, Private Detective. Tratábase dun programa semanal de trinta minutos de duración en que interpretaba un simpático detective privado dotado cun grande enxeño.

Na década de 1950, produciu e dirixiu varios filmes de serie B e foi un dos fundadores de Four Star Television,[1] actuando e supervisando diversos programas para esa compañía. O seu filme The Enemy Below (1957), baseado na novela de Denys Rayner, gañou o Óscar aos mellores efectos especiais.

Powell faleceu en West Los Angeles, California, en 1963 a causa dun linfoma, con 58 anos.[5] Foi un dos moitos membros da rodaxe do filme O conquistador (1956) que faleceron de cancro.[6] O conquistador filmouse en Utah, preto dun lugar no que se realizaron probas atómicas. Dick Powell foi incinerado e as súas cinzas depositadas no Columbarium of Honor no Forest Lawn Memorial Park de Glendale, California.

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Dick Powell estivo casado en tres ocasións:

  1. Con Mildred Maund, de 1925 a 1927.
  2. Coa actriz Joan Blondell. Casaron o 19 de setembro de 1936 e divorciáronse en 1944. Tiveron dous fillos, Ellen e Norman, este último adoptado do primeiro matrimonio de Joan.
  3. Coa actriz e cantante June Allyson. Casaron o 19 de agosto de 1945. O matrimonio durou ata o pasamento de Powell. Tiveron dous fillos, Pamela (adoptada) e Richard Powell, Jr.

Filmografía

[editar | editar a fonte]

Como actor

[editar | editar a fonte]
Ano Filme Personaxe Director Notas
1932 Blessed Event Bunny Harmon Roy Del Ruth
Big City Blues Radio Announcer Mervyn LeRoy Sen acreditar; só voz
Too Busy to Work Dan Hardy John G. Blystone
1933 The King's Vacation John Kent John G. Adolfi
42nd Street Billy Lawler Lloyd Bacon
Gold Diggers of 1933 Brad Roberts Busby Berkeley
Footlight Parade Scotty Blair
College Coach Phil Saegent William A. Wellman
Convention City Jerry Ford Archie Mayo Filme perdido
1934 Wonder Bar Tommy Busby Berkeley
Twenty Million Sweethearts Buddy Clayton Ray Enright
Dames Jimmy Higgens Busby Berkeley
Happiness Ahead Bob Lane Mervyn LeRoy
Flirtation Walk Dick "Canary" Dorcy Frank Borzage
1935 Gold Diggers of 1935 Dick Curtis Busby Berkeley
Broadway Gondolier Richard "Dick" Purcell Lloyd Bacon
Broadway Hostess Quartet member Frank McDonald Sen acreditar
Page Miss Glory Bingo Nelson Mervyn LeRoy
A Midsummer Night's Dream Lysander Max Reinhardt e William Dieterle
Shipmates Forever Dick Melville III Frank Borzage
Thanks a Million Eric Land Roy Del Ruth
1936 Colleen Donald Ames Alfred E. Green
Hearts Divided Capt. Jerome Bonaparte Frank Borzage
Stage Struck George Randall Busby Berkeley
Gold Diggers of 1937 Rosmer Peak Lloyd Bacon
1937 On the Avenue Gary Blake William Seiter
The Singing Marine Bob Brent Busby Berkeley
Varsity Show Charles "Chuck" daly William Keighley
Hollywood Hotel Ronnie Bowers Busby Berkeley
1938 Cowboy from Brooklyn Ellyn Jordan / Wyoming Steve Gibson Lloyd Bacon
Hard to Get Bill Davis Ray Enright
Going Places Peter Mason
1939 Naughty but Nice Prof. Donald Hardwick
1940 I Want a Divorce Alan MacNally Ralph Murphy
Christmas in July Jimmy McDonald Preston Sturges
1941 Model Wife Fred Chambers Leigh Jason
In the Navy Thomas Halstead Arthur Lubin
1942 Star Spangled Rhythm Himself Paul Weatherwax Segmento: "Hit the Road to Dreamland"
1943 Happy Go Lucky Pete Hamilton Curtis Bernhardt
Riding High Steve Baird George Marshall
True to Life Link Ferris
1944 It Happened Tomorrow Larry Stevens René Clair
Meet the People William "Swanee" Swanson Charles Reisner
Murder, My Sweet Philip Marlowe Edward Dmytryk Estreado no Reino Unido como Farewell, My Lovely
1945 Cornered Laurence Gerard
1947 Johnny O'Clock Johnny O'Clock Robert Rossen
1948 To the Ends of the Earth Commissioner Michael Barrows Robert Stevenson
Pitfall John Forbes Andre de Toth
Station West Haven Sidney Lanfield
Rogues' Regiment Whit Corbett Robert Florey
1949 Mrs. Mike Sgt. Mike Flannigan Louis King
1950 The Reformer and the Redhead Andrew Rockton Hale Norman Panama e Melvin Frank
Right Cross Rick Garvey John Sturges
1951 The Tall Target John Kennedy Anthony Mann
Cry Danger Rocky Mulloy Robert Parrish
You Never Can Tell Rex Shepard Lou Breslow
1953 The Bad and the Beautiful James Lee Bartlow Vincente Minnelli
1954 Susan Slept Here Mark Christopher Frank Tashlin

Como director

[editar | editar a fonte]
  1. 1,0 1,1 "Death Takes Dick Powell". The Desert Sun. 3 de xaneiro de 1963. p. 1. Consultado o 18 de febreiro de 2024 – vía University of California/Riverside Center for Bibliographical Studies and Research (CBSR). 
  2. 2,0 2,1 "Richard Ewing Powell." Dictionary of American Biography (1981) Charles Scribner's Sons, Nova York
  3. "Dick Powell." International Dictionary of Films and Filmmakers Vol. 3. (2000) Gale, Detroit
  4. 4,0 4,1 Shutt, Mike (13 de abril de 2022). "Finding Double Indemnity's Leading Man Was A Painful Process". Slashfilm. Consultado o 18 de febreiro de 2024. 
  5. Pathé, British. "U.S.A.: Dick Powell's Funeral.". www.britishpathe.com (en inglés). Consultado o 2023-01-09. 
  6. Olson, James (2002) Bathsheba's Breast: Women, Cancer and History, Johns Hopkins University Press, Baltimore, Maryland ISBN 0-8018-6936-6

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]