Dino Baggio
(2018) | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 24 de xullo de 1971 (53 anos) Camposampiero, Italia (pt) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 188 cm | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Peso | 80 kg | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 1988 - | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | Italia | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Liga | Premier League | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Centrocampista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Participou en | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
1998 | Mundial de Fútbol Francia 1998 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
xuño de 1996 | Eurocopa de Fútbol Inglaterra 1996 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
1994 | Mundial de Fútbol Estados Unidos 1994 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
1992 | Xogos Olímpicos de 1992 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Dino Baggio, nado en Camposampiero o 24 de xullo de 1971, é un exfutbolista italiano, que xogaba como centrocampista. Destacou especialmente no Parma, club co que gañou catro títulos nos anos 90, entre eles dúas Copas da UEFA. É o xogador con máis goles marcados nas finais desta competición, con cinco tantos.
Foi subcampión do mundo coa selección italiana en 1994, sendo titular na final perdida ante o Brasil. Chamado Baggio 2 pola prensa italiana para distinguilo de Roberto Baggio, do que foi compañeiro na Juventus e na selección,[1][2] foi 60 veces internacional coa azzurra, coa que marcou sete goles, e participou en dous Mundiais (1994 e 1998) e nunha Eurocopa (1996).
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Torino
[editar | editar a fonte]Comezou a xogar ao fútbol aos cinco anos en Tombolo, na provincia de Padua. Aos trece anos foi descuberto polos directivos de Torino, que o incorporaron á canteira do club.[3] O 20 de maio de 1990 debutou co primeiro equipo na Serie B, nun encontro ante o Catanzaro, no que entrou na segunda parte como substituto de Giorgio Enzo.[4] O equipo logrou esa tempada o ascenso.
O 9 de setembro de 1990 debutou na Serie A, nun empate sen goles ante a Lazio. Fíxose pronto coa titularidade e na súa primeira campaña na máxima categoría acumulou 25 partidos e un gol.
Juventus
[editar | editar a fonte]En 1991 foi traspasado á Juventus por 9.800 millóns de liras,[5] e o club turinés cedeuno ao Inter de Milán durante unha tempada, durante a cal o xogador disputou 27 partidos e marcou un gol.[6]
De regreso na Juventus gañou un posto no once titular de Trapattoni e conquistou a Copa da UEFA 1992/93, marcando tres goles na final ante o Borussia Dortmund, un no partido de ida e dous no de volta. Disputou unha segunda tempada cos bianconeri antes de ser traspasado ao Parma de Nevio Scala por 14.000 millóns de liras.[7]
Parma
[editar | editar a fonte]No seu primeiro ano co equipo parmesano gañou a Copa da UEFA, a primeira na historia do club, derrotando na final ao seu antigo equipo, a Juventus. Foi de novo protagonista na final, marcando un tanto na ida e outro na volta.
Continuou como titular nos seguintes anos, cos adestradores Carlo Ancelotti primeiro e Alberto Malesani despois. Con este último gañou por terceira vez a Copa da UEFA en 1999, vencendo na final ao Olympique de Marsella. No partido de ida dos oitavos de final ante o Wisła Cracovia polaco, resultou ferido na cabeza por un coitelo lanzado por un afeccionado, recibindo cinco puntos de sutura.[8] Como resultado, o Wisła foi suspendido das competicións europeas durante un ano. Ese mesmo ano coroouse co Parma campión da Copa de Italia, vencendo na final á Fiorentina, e tamén da Supercopa de Italia, superando neste caso ao Milan.
Lazio e cesións
[editar | editar a fonte]En outubro de 2000 fichou pola vixente campioa italiana, a Lazio, onde xogou tres anos antes de ser cedido en 2003 ao Blackburn inglés. Posteriormente xogou cedido no Ancona, antes de regresar en 2004 á Lazio, onde foi colocado á marxe do equipo. Xunto co seu compañeiro Paolo Negro, presentou unha demanda por acoso laboral contra o club, presidido por aquel entón por Claudio Lotito.[9]
Últimos anos
[editar | editar a fonte]En 2005 fichou pola Triestina, da Serie B, onde xogou só tres partidos antes de rescindir o seu contrato e deixar o fútbol. Con todo, en febreiro de 2008, dous anos e medio despois da súa retirada, volveu aos campos de fútbol. Con case 37 anos pasou a xogar no Tombolo da Terza Categoría, a novena e última categoría do fútbol italiano, ás ordes do que fora o seu primeiro adestrador, Cesare Crivellaro.[10]
En total na súa carreira disputou 333 partidos na Serie A, marcando 25 goles. Xogou ademais 73 partidos en competicións europeas, sumando 13 goles.
Selección italiana
[editar | editar a fonte]Categorías inferiores
[editar | editar a fonte]En 1992 disputou coa selección italiana sub-21 dirixida por Cesare Maldini a Eurocopa sub-21, proclamándose campión tras vencer na final a Suecia. Ese mesmo ano participou nos Xogos Olímpicos en Barcelona, caendo nos oitavos de final ante España.
Selección absoluta
[editar | editar a fonte]Convocado polo novo seleccionador Arrigo Sacchi, debutou coa selección italiana o 21 de decembro de 1991, aos 20 anos, saíndo como titular no último partido da clasificación para Eurocopa de 1992, unha vitoria por 2-0 sobre Chipre en Foggia.[11]
Marcou o seu primeiro gol internacional o 24 de febreiro de 1993 no Porto, na vitoria a domicilio por 1-3 contra Portugal no partido de clasificación para o Mundial. Formou durante anos o eixe central do medio campo xunto con Demetrio Albertini.[12]
Participou no Mundial de 1994 nos Estados Unidos, onde foi protagonista marcando dous goles.[13] Anotou o primeiro deles na vitoria ante Noruega (1-0) na fase de grupos e o segundo contra España (2-1) nos cuartos de final.[14] Disputou os sete partidos do Mundial e foi titular na final que Italia perdeu ante o Brasil na quenda de penaltis.[15]
Foi parte do equipo italiano na Eurocopa de 1996 en Inglaterra, onde Italia foi eliminada na primeira rolda. Neste torneo, con todo, só saltou ao campo no segundo partido do grupo, a derrota por 2-1 ante a República Checa.
Disputou tamén o Mundial de 1998, con Maldini como adestrador, sendo titular nos cinco partidos disputados por Italia, que foi eliminada nos cuartos de final contra Francia, posteriormente campioa. Disputou o seu último partido como internacional o 13 de novembro de 1999, nunha derrota por 1-3 ante Bélxica en Lecce. Xogou un total de 60 partidos coa selección, nos que marcou 7 goles.
Características técnicas
[editar | editar a fonte]Centrocampista defensivo fiable, completo e fisicamente forte, dotado de velocidade e espírito de sacrificio,[16][17][18][19] distinguiuse polo seu ánimo competitivo e pola súa capacidade na contención e encarando.[17][19][11] Estas características permitíronlle converterse nun dos mellores centrocampistas italianos da década dos noventa.[16][19][20] Grazas á súa flexibilidade táctica,[21] era capaz de cubrir calquera posto no medio do campo,[19] e a pesar de xogar principalmente como centrocampista defensivo, foi despregado en case todas as posicións no terreo de xogo.[11][22]
Aínda que de carácter principalmente defensivo, tamén contribuía no ataque,[16][19][11][21] grazas á súa capacidade para se desmarcar e ás súas habilidades no xogo aéreo e nos remates dende lonxe.[17][21][23][19][24] Ademais estaba dotado dunha boa técnica individual e dunha visión de xogo que o facían capaz de realizar pases precisos para os seus compañeiros.[19]
Palmarés
[editar | editar a fonte]- Torino
- Serie B (1): 1989/90.
- Copa Mitropa (1): 1991.
- Parma
- Copa Italia (1): 1998/99.
- Supercopa de Italia (1): 1999.
- Copa da UEFA (2): 1994/95, 1998/99.
- Selección italiana sub-21
- Eurocopa sub-21 (1): 1992.
No teatro
[editar | editar a fonte]Amante do teatro, debutou nos escenarios en 2008 no Teatro Académico de Castelfranco Veneto interpretando a un soldado romano en A Paixón de Cristo, coa compañía Va Pensiero de Tombolo. Na compañía tamén actúa a súa muller, María Teresa Mattei, que antes de casar con el traballara nos programa de televisión Non è la Rai e Buona Domenica.[25]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "C' E' BAGGIO 2, PER FARSI RIMPIANGERE". la Repubblica (en italiano). 27 de febreiro de 1994. p. 26. Consultado o 21 de abril de 2022.
- ↑ Padovan, Giancarlo; Teotino, Gianfranco (18 de novembro de 1993). "Baggio 2 timbra il visto per l'America". Corriere della Sera (en italiano). p. 41. Arquivado dende o orixinal o 13 de marzo de 2014. Consultado o 21 de abril de 2022.
- ↑ "La biografia di Dino Baggio in uscita con CIESSE Edizioni" (en italiano). 25 de setembro de 2011. Arquivado dende o orixinal o 14 de xullo de 2014. Consultado o 21 de abril de 2022.
- ↑ "Catanzaro - Torino 1990". Transfermarkt (en italiano). Consultado o 22 de abril de 2022.
- ↑ Calciatori ‒ La raccolta completa Panini 1961-2012 (en italiano). Vol. 8 (1991-1992). Panini. 25 giugno 2012. p. 10.
- ↑ Ferrara, Benedetto (27 de xullo de 1991). "L' INTER S' ACCONTENTA, DINO BAGGIO". la Repubblica (en italiano). p. 43. Consultado o 21 de abril de 2022.
- ↑ Calciatori ‒ La raccolta completa Panini 1961-2012 (en italiano). 11 (1994-1995). Panini. 16 luglio 2012. p. 10.
- ↑ Melli, Franco (21 de outubro de 1998). "Un coltello vola in campo, paura per Baggio". Il Corriere della Sera (en italiano). p. 42. Arquivado dende o orixinal o 26 de decembro de 2012. Consultado o 21 de abril de 2022.
- ↑ "Le grane dell'era Lotito" (en italiano). 2 de xullo de 2009. Consultado o 21 de abril de 2022.
- ↑ "Dino Baggio riparte dalla terza categoria" (en italiano). 15 de febreiro de 2008. Consultado o 21 de abril de 2022.
- ↑ 11,0 11,1 11,2 11,3 "BAGGIO, Dino". Enciclopedia dello Sport (en italiano). Consultado o 21 de abril de 2022.
- ↑ "Anni Ottanta, Novanta e Duemila: qual è la Nazionale italiana più forte tra queste?". operazionenostalgia.com (en italiano). 15 de maio de 2020. Consultado o 21 de abril de 2022.
- ↑ "BAGGIO DUE, L' INDISPENSABILE". la Repubblica (en italiano). 8 de xullo de 1994. p. 3. Consultado o 21 de abril de 2022.
- ↑ "Baggio minore". rivistaundici.com (en italiano). 26 de setembro de 2016. Consultado o 21 de abril de 2022.
- ↑ "Brasil 0 - 0 Italia". FIFA (en inglés). Consultado o 21 de abril de 2022.
- ↑ 16,0 16,1 16,2 Gates, Emmet (21 de xaneiro de 2015). "Remembering Dino, the other Baggio". The Guardian (en inglés). Consultado o 21 de abril de 2022.
- ↑ 17,0 17,1 17,2 Padovan, Giancarlo; Rondelli, Giorgio (4 de setembro de 1995). "Sacchi, un guaio in più : Costacurta". Il Corriere della Sera (en italiano). p. 37. Arquivado dende o orixinal o 15 de xuño de 2015. Consultado o 21 de abril de 2022.
- ↑ Valdiserri, Luca (4 de setembro de 1995). "Casiraghi, Dino Baggio e Signori: tori scatenati Pagliuca, che sfortuna". Il Corriere della Sera (en italiano). p. 40. Arquivado dende o orixinal o 18 de novembro de 2015. Consultado o 21 de abril de 2022.
- ↑ 19,0 19,1 19,2 19,3 19,4 19,5 19,6 "Il Baggio dimenticato" (en italiano). 11 de febreiro de 2015. Arquivado dende o orixinal o 21 de abril de 2022. Consultado o 21 de abril de 2022.
- ↑ "Dino Baggio: «Conte è un vincente, ma occhio alle insidie»" (en italiano). 5 de outubro de 2011. Consultado o 21 de abril de 2022.
- ↑ 21,0 21,1 21,2 "Storie di ex: Dino Baggio" (en italiano). 9 de febreiro de 2015. Arquivado dende o orixinal o 16 de xuño de 2015. Consultado o 21 de abril de 2022.
- ↑ "Gli eroi in bianconero: Dino BAGGIO" (en italiano). 24 de xullo de 2013. Consultado o 21 de abril de 2022.
- ↑ Valdiserri, Luca (21 de abril de 1993). "Jorge teme il suo Paris più di Baggio e Moeller". Il Corriere della Sera (en italiano). p. 45. Arquivado dende o orixinal o 15 de xuño de 2015. Consultado o 21 de abril de 2022.
- ↑ Monti, Fabio (10 de marzo de 1993). "il bomber di scorta rianima il Torino". Il Corriere della Sera (en italiano). p. 43. Arquivado dende o orixinal o 23 de novembro de 2015. Consultado o 21 de abril de 2022.
- ↑ "Dino Baggio attore nella Passione di Cristo" (en italiano). 10 de marzo de 2008. Arquivado dende o orixinal o 24 de decembro de 2008. Consultado o 21 de abril de 2022.