Nova York
New York (en) | |||||
Alcume | Big Apple e The City That Never Sleeps | ||||
---|---|---|---|---|---|
Epónimo | Xacobe II de Inglaterra | ||||
Localización | |||||
| |||||
Estado | Estados Unidos de América | ||||
Estado federado | Nova York | ||||
Capital de | Estados Unidos de América (1785–1790) | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 8.804.190 (2020) (7.255,98 hab./km²) | ||||
Número de fogares | 3.191.691 (2020) | ||||
Xentilicio | Neoiorquino, Neoiorquina | ||||
Lingua oficial | lingua inglesa | ||||
Xeografía | |||||
Situado na entidade territorial estatística | Região Metropolitana de Nova Iorque (pt) (Poboación:20.140.470) | ||||
Superficie | 1.213,369839 km² | ||||
Auga | 35,3995 % (1 de abril de 2010) | ||||
Bañado por | Río Hudson, Rio East (pt) , Rio Bronx (pt) , Rio Harlem (pt) , Long Island Sound, Océano Atlántico, Upper New York Bay (pt) e Lower New York Bay (pt) | ||||
Altitude | 25 m | ||||
Punto máis alto | Todt Hill (pt) | ||||
Comparte fronteira con | Condado de Westchester Condado de Nassau (pt) Condado de Hudson (pt) Condado de Union (pt) Condado de Bergen (pt) | ||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Cronoloxía | |||||
Evento clave
| |||||
Organización política | |||||
• Alcalde | Eric Adams (pt) (2022–) | ||||
Órgano lexislativo | Conselho da Cidade de Nova Iorque (pt) , (Escano: 51) | ||||
PIB nominal | 886.000.000.000 $ (2021) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 10000–10499, 11004–11005, 11100–11499 e 11600–11699 | ||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | 212, 347, 646, 718, 917 e 929 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Páxina web | nyc.gov | ||||
Nova York[1] (en inglés: New York; /njuːˈjɔɹk/ (axuda · info)) é a principal cidade do Estado de Nova York e dos Estados Unidos de América. Foi construída a partir dunha pequena colonia na illa de Manhattan, nos seus comezos holandesa co nome de Nova Ámsterdan, que pasou logo a mans inglesas.
Cos seus oito millóns de habitantes, que chegan aos 18,7 millóns na súa área metropolitana, a rexión metropolitana de Nova York é facilmente a maior dos Estados Unidos de América, e a segunda máis populosa da América do Norte (despois da Cidade de México). De feito, apenas dez Estados americanos (non incluíndo nesta lista o Estado de Nova York) posúen máis habitantes do que a cidade de Nova York. Desde a súa fundación en 1625, Nova York ten sido un dos principais destinos de inmigrantes que, chegados de todas as partes do mundo, fixeron dela unha cidade altamente cosmopolita, e unha das máis diversificadas etnicamente do mundo.
As empresas financeiras e comerciais que operan na cidade desempeñan un papel primario na economía dos Estados Unidos e do mundo. Os bancos e as bolsas de valores instaladas na cidade axudan a financiar a maioría das empresas americanas. Nova York é unha cidade que non para no tempo. Varias empresas, centros comerciais e outros estabelecementos, ben como o seu sistema de transporte público (bus e metro) operan 24 horas por día, 7 días por semana. É por iso que ás veces se describe como The City That Never Sleeps ("A cidade que nunca dorme").
Porén, Nova York, como todas as grandes metrópoles mundiais, enfróntase a enormes problemas de cuño socioeconómico. Preto dun millón de habitantes reciben algún tipo de axuda social, e ducias de millares de familias viven en guetos espallados pola cidade. Moitas persoas, os "sen teito", vense obrigadas a viviren na rúa. A contaminación, a criminalidade, os conflitos raciais e o alto custo de vida son problemas que fan parte de Nova York, forzando moitas persoas a abandonaren a cidade, e migraren para os arrabaldes ou outras rexións do país.
Malia os seus problemas, Nova York continúa a ser considerada unha das cidades máis interesantes e fascinantes dos Estados Unidos, senón do mundo, atraendo máis turistas do que calquera outra cidade americana, sexan turistas norteamericanos ou internacionais.
Datos
[editar | editar a fonte]- Superficie: 779,59 km²
- Poboación: 8.274.527 hab. (2007)
A cidade divídese en cinco distritos, a poboación de cada un deles é:
Ten 3 aeroportos (JFK, La Guardia e Newark), máis de 12.000 taxis, 490 estacións de metro e máis de 17.000 restaurantes. A poboación hispana é superior ós 2 millóns de persoas.
Nova York é tamén o centro da Área Metropolitana de Nova York, cunha poboación de 21.199.865 habitantes, unha das maiores do mundo.
Historia
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Historia urbana de Nova York.
As primeiras referencias europeas datan de 1524, de Giovanni da Verrazzano. A rexión estaba habitada por indíxenas da tribo dos lenape. O explorador italiano, ao servizo da coroa francesa, bautizouna como Nouvelle Angoulême (Nova Angulema).[2] Os primeiros europeos en asentarse no actual territorio neoiorquino foron os neerlandeses no 1614, que fundaron a cidade de Nova Ámsterdam no 1625, e en 1626, o director da colonia, Peter Minuit, mercoulle a illa de Manhattan aos lenape [3] , e o lugar especializaríase no comercio das peles.
En 1664, os ingleses conquistaron a cidade e denominárona co nome de Nova York, na honra do Duque de York e Albany.[4] Ao final da segunda guerra anglo-holandesa, os neerlandeses quedaron co control da illa de Run, en Indonesia, a cambio de que os ingleses controlasen Nova Ámsterdam. A comezos do século XVIII, a poboación lenape fora reducida a 200 habitantes.[5]
A cidade de Nova York gañou importancia como porto comercial baixo o Imperio británico. En 1754 fundouse a primeira casa de estudos da cidade, a Universidade de Columbia.[6]
Independencia estadounidense
[editar | editar a fonte]Durante a guerra de independencia dos Estados Unidos, a cidade foi escenario dunha serie de importantes batallas coñecidas como «A campaña de Nova York e Nova Jersey». Finalizada a contenda, en Nova York reuniuse o Congreso Continental, e en 1789, o primeiro presidente dos Estados Unidos, George Washington, foi anunciado no Federal Hall de Wall Street.[7] Nova York foi a capital dos Estados Unidos até o ano seguinte.
Século XIX
[editar | editar a fonte]No século XIX, a inmigración e o desenvolvemento transformou a cidade. Unha visionaria proposta de futuro, o Commissioners' Plan of 1811, estendeu a grella urbana por toda a illa de Manhattan, e a apertura en 1819 da Canle de Eire conectou o porto atlántico cos vastos mercados agrícolas do interior de Norteamérica.[8] Por volta de 1835, a cidade de Nova York superaba Filadelfia como a cidade maior dos Estados Unidos. A política local estaba baixo o dominio do Tammany Hall, un sistema de clientelismo político apoiado polos inmigrantes irlandeses.[9] Algúns membros da antiga aristocracia mercante contribuíron ao estabelecemento do Central Park, o cal se converteu no primeiro parque paisaxístico dunha cidade estadounidense en 1857. Por outra banda, un importante movemento abolicionista existiu en Manhattan e Brooklyn, e aínda que os escravos existiron en Nova York na década de 1820, para a década seguinte, Nova York converterase no centro de activismo abolicionista do Norte.
Entre o 13 e 16 de xullo de 1863, a oposición ao servizo militar durante a guerra civil estadounidense (1861-1865) provocou unha serie de manifestacións violentas coñecidas como Draft Riots ou Draft Week; ditos eventos son considerados como un dos peores levantamentos civís da historia estadounidense.[10] En 1898, formouse a moderna cidade de Nova York coa anexión a Manhattan de Brooklyn (até aquela unha cidade independente) e municipalidades doutros distritos grazas a proxectos como a Ponte de Brooklyn.[11] A apertura do metro en 1904 axudou a unir a cidade. Na primeira metade do século XX, a cidade converteuse nun centro mundial para a industria, o comercio e as comunicacións.
Século XX
[editar | editar a fonte]Nos anos vinte do século XX, a cidade era un destino principal para os afroamericanos durante a chamada «Gran migración» desde o sur estadounidense. En 1916, Nova York era o fogar da maior diáspora urbana africana en América do Norte. O renacemento de Harlem floreceu durante a era da prohibición, coincidindo cunha explosión económica que impulsou a construción de rañaceos. Nova York converteuse na cidade máis poboada do mundo en 1948, superando Londres, que ocupara o primeiro posto durante máis dun século. Durante os anos da Gran Depresión, Fiorello LaGuardia foi elixido como alcalde e propiciouse a caída do Tammany Hall logo de oitenta anos de poder.[12]
A inmigración europea e o regreso dos veteranos da segunda guerra mundial motivaron o desenvolvemento económico e impulsaron a construción de vivendas ao leste de Queens. Nova York saíu da guerra como a principal cidade do mundo, con Wall Street liderando o ascenso dos Estados Unidos como a potencia económica dominante. O Cuartel Xeral das Nacións Unidas (construído en 1952) salientou a influencia política de Nova York e o ascenso do expresionismo abstracto na cidade desbancando a París do cumio no mundo da arte.[13] Na década de 1960 a cidade sufriu problemas económicos, aumento da taxa de crimes e racismo, que alcanzaron o seu pico na década seguinte.
Na década de 1980, un rexurdimento da industria financeira mellorou a saúde fiscal da cidade. Nos noventa, as tensións raciais calmáronse, os índices criminais caeron drasticamente e moitos inmigrantes chegaron dende Asia e América Latina. Novos sectores, como Silicon Alley (negocios de Internet), apareceron na economía da cidade, e a poboación de neoiorquinos acadou o seu máximo de todos os tempos no censo do 2000.
Século XXI
[editar | editar a fonte]A cidade foi un dos obxectivos dos atentados do 11 de setembro de 2001, nos que case 3.000 persoas morreron nos ataques suicidas que se levaron a cabo cando 19 membros da rede terrorista Al-Qaeda secuestraron catro avións de pasaxeiros, dos cales dous, o Voo 11 de American Airlines e o Voo 175 de United Airlines foron estrelados contra as torres xemelgas do World Trade Center.
A One World Trade Center foi construída no mesmo sitio no que se atopaban as torres xemelgas,[14] converténdose no edificio máis alto do hemisferio occidental.
Xeografía
[editar | editar a fonte]Nova York atópase no nordeste dos Estados Unidos, no sueste do estado de Nova York e no medio, aproximadamente, de Washington D.C. e Boston.[15] A súa localización na boqueira do río Hudson, que forma un porto naturalmente protexido e desemboca no océano Atlántico, axudou ao crecemento da cidade e á súa importancia como cidade comercial. A maior parte de Nova York está construída sobre tres illas: Manhattan, Staten Island e Long Island, facendo que o terreo edificábel sexa escaso e xerando así unha alta densidade de poboación.
O río Hudson flúe a través do val homónimo até a baía de Nova York. Entre Nova York e a cidade de Troy, o río convértese nun estuario.[16] O Hudson separa a cidade de Nova Jersey. O East River flúe desde o estreito de Long Island e separa Bronx e Manhattan de Long Island. O río Harlem, entre os ríos Este e Hudson, separa Manhattan do Bronx.
O terreo da cidade foi alterado considerablemente pola intervención humana, varios terreos foron gañados aos ríos desde os tempos coloniais neerlandeses. Isto é máis notable no sur de Manhattan, onde se levaron a cabo planificacións como Battery Park City nos anos 1970 e 1980.[17] Algunhas das variacións na topografía foron niveladas, particularmente en Manhattan.[18]
A área da cidade é de 831,4 km².[19] O punto máis alto da cidade é o outeiro Todt en Staten Island (124,9 metros sobre o nivel do mar). O cume está cuberto por bosques, posto que é parte do cinto verde de Staten Island.[20]
Clima
[editar | editar a fonte]A pesar de estar na mesma latitude que Galicia, moito máis cálida, Nova York ten un clima húmido continental, resultado dos constantes ventos que traen aire frío desde o interior do continente americano.[21] Nova York posúe invernos fríos, mais a localización costeira da urbe, mantén as temperaturas un pouco máis elevadas que nas rexións interiores, axudando a moderar a cantidade de neve, 63,5 a 88,9 cm ao ano de media.[21] A cidade ten un período temperado que dura unha media de 199 días entre as xeadas estacionais.[21] A primavera e o outono son erráticos, e poden variar desde frío e nevado a cálido e húmido. O verán é temperado e húmido, con temperaturas de 30 °C ou máis cun termo medio entre 18 e 25 días cada verán.[21]
En Nova York hai rexistros de furacáns, como o ocorrido en 1981 que inundou o sur de Manhattan, ou o de 1938 que matou a máis de 700 persoas, a maioría delas na rexión de Nova Inglaterra; aínda que estes fenómenos atmosféricos son pouco frecuentes.
Parámetros climáticos por termo medio de Nova York | |||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Mes | Xan | Feb | Mar | Abr | Mai | Xuñ | Xul | Ago | Set | Out | Nov | Dec | Ano |
Temperatura máxima media (°C) | 3 | 4 | 10 | 15 | 21 | 26 | 29 | 28 | 24 | 18 | 12 | 6 | |
Temperatura mínima media (°C) | -4 | -3 | 1 | 6 | 12 | 17 | 20 | 19 | 15 | 10 | 5 | -1 | |
Precipitacións (mm) | 86 | 84 | 99 | 102 | 112 | 95 | 112 | 104 | 99 | 91 | 127 | 99 | |
Fonte: Weatherbase |
Medio ambiente
[editar | editar a fonte]O uso do transporte público en Nova York é o máis alto nos Estados Unidos e o consumo de combustible está ao mesmo nivel que estaba a media nacional en 1920.[22] A densa poboación de Nova York e a baixa dependencia dos automóbiles axudaron a pór á cidade entre as máis eficientes consumidoras de enerxía do país.[23] As emisións de gas de efecto invernadoiro son relativamente baixas cando se miden per cápita, a 7,1 toneladas cúbicas por persoa, por debaixo da media estatal, de 24,5.[24] Os neoiorquinos son responsables do un por cento das emisións de gases dos Estados Unidos,[24] a pesar de ser o 2,7% da poboación nacional. O neoiorquino medio consome menos da metade da electricidade que un residente de San Francisco e case un cuarto da consumida por un residente de Dallas.[25]
Nos últimos anos, a cidade intentou reducir o seu impacto ambiental. As grandes cantidades de contaminación en Nova York deron lugar a un alto índice de persoas enfermas de asma e outras doenzas respiratorias entre os seus habitantes.[26] Nova York conta ademais coa maior frota de autobuses híbridos ou equipados con gas natural comprimido do país,[27] como tamén algúns dos primeiros taxis híbridos[28].
Nova York abastécese de auga potable desde as montañas Catskill.[29] Como resultado desta orixe cun proceso de filtración natural, Nova York é unha das cinco principais cidades dos Estados Unidos con auga potable suficientemente pura como para non necesitar un tratamento de purificación por medio de plantas de tratamento de auga.[30]
Demografía
[editar | editar a fonte]
|
|
Nova York é a cidade máis poboada dos Estados Unidos, cunha poboación no 2005 de 8.213.839 habitantes. Isto é arredor do 40% do total da poboación do estado e unha porcentaxe similar do total da súa rexión metropolitana. Durante a última década, a poboación da cidade aumentou, e os demógrafos estiman que no 2030 alcanzará un total de entre 9,2 e 9,5 millóns de persoas.[33].
As dúas características chave da demografía da cidade son a súa densidade de poboación e a súa diversidade cultural. Ten a densidade máis alta (10.194 hab/km²) de calquera municipalidade estadounidense cunha poboación de máis de 100.000.[34] A densidade do condado de Nova York (25.846 hab./km²) é a máis alta de todos os condados do país.[35]
No transcurso da historia neiorquina, a cidade foi un dos principais portos de entrada de inmigrantes; o termo melting pot cuñouse para describir os barrios de inmigrantes, densamente poboados, da Lower East Side. Na actualidade, o 36% dos habitantes da cidade naceron no estranxeiro,[36] cifra que no país só superan Os Ánxeles (California) e Miami (Florida).[37] Porén, mentres que as comunidades inmigrantes das outras cidades son dominadas por unhas poucas nacionalidades, en Nova York ningunha nacionalidade ou rexión é predominante. Os dez principais países de orixe de inmigrantes son: a República Dominicana, China, Xamaica, Güiana, Paquistán, Ecuador, Haití, Trinidad e Tobago, Colombia e Rusia.[38] Na cidade fálanse uns 170 idiomas diferentes.[39]
A área metropolitana é lar da maior comunidade xudía fóra de Israel. De feito, a poboación xudía de Tel Aviv é superada en número pola de Nova York. Un 12% dos neoiorquinos son xudeus ou de ascendencia xudía.[40] É tamén fogar dun cuarto dos aboríxes da nación,[41] e da comunidade negra maior de calquera cidade do país.
Os catro grupos étnicos máis importantes (con excepción dos caucásicos) da cidade son: portorriqueños, italianos, dominicanos e chineses.[42] A poboación portorriqueña de Nova York é a maior fóra de Porto Rico.[43]
Nova York ten unha gran disparidade de ingresos. No 2005 o ingreso medio por fogar e na zona máis rica era de $188.697 anuais, mentres que nas zonas máis pobres era de $9.320.[44] A cidade tamén experimentou un baby boom. Desde o 2000, o número de nenos menores de cinco anos en Manhattan creceu un 32%.[45]
O 33% dos neoiorquinos son donos das propiedades nas que viven, unha cifra moito menor que a media nacional, do 69%.[46]
Cultura
[editar | editar a fonte]Varios dos movementos culturais estadounidenses máis importantes comezaron na cidade, como o renacemento de Harlem, que introduciu a literatura afroamericana no país. A cidade foi o epicentro do jazz nos anos 40, do expresionismo abstracto nos anos 50 e o berce da cultura hip hop nos anos 1970. A cidade tamén ten o seu papel na industria cinematográfica.
A cidade ten máis de 2.000 organizacións culturais e de artes e máis de 500 galerías de arte de distintos tamaños.[47]
Industriais adiñeirados do século XIX construíron unha rede de importantes institucións culturais, como o famoso Carnegie Hall e o Museo Metropolitano de Arte, que gañarían fama internacional. Coa chegada da luz eléctrica apareceron os teatros nas rúas de Broadway nos anos 80 do século XIX.
Medios de comunicación
[editar | editar a fonte]Nova York é un centro neurálxico para as industrias da televisión, a publicidade, a música, o xornalismo e as publicacións literarias e editoriais. Dous dos tres grandes diarios estadounidenses son neoiorquinos: The Wall Street Journal e The New York Times. El Diario La Prensa é o xornal en español máis importante e máis antigo do país.[48]. Tamén existe un diario dirixido ao público afroamericano, The New York Amsterdam News. Un terzo dos filmes independentes estadounidenses prodúcense en Nova York.[49] Máis de 200 periódicos e 350 revistas teñen unha oficina na cidade e a industria editorial emprega arredor de 25.000 persoas.[50]
As catro canles principais de televisión dos Estados Unidos, ABC, CBS, FOX e NBC, teñen a súa sede en Nova York, así como moitas canles de cable, como MTV, Fox News, HBO e Comedy Central.
Cidades irmandadas
[editar | editar a fonte]Nova York está actualmente irmandada con dez cidades[51].
|
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para neoiorquino.
- ↑ Rankin, Rebecca B., Cleveland Rodgers (1948). Harper, ed. New York: the World's Capital City, Its Development and Contributions to Progress.
- ↑ Miller, Christopher L., George R. Hamell (Septiembre de 1986). "A New Perspective on Indian-White Contact: Cultural Symbols and Colonial Trade". The Journal of American History 73 (2). Consultado o 21-3-2007.
- ↑ Homberger, Eric (2005). Owl Libros, ed. The Historical Atlas of New York City: A Visual Celebration of 400 Years of New York City's History. pp. p. 34. ISBN 0805078428.
- ↑ ""Gotham Center for New York City History" Liña de tempo 1700-1800" (en inglés). Consultado o 19-2-2008.
- ↑ Moore, Nathaniel Fish (1876). Columbia College, ed. An Historical Sketch of Columbia College, in the City of New York, 1754-1876. pp. p. 8.
- ↑ "The People's Vote: President George Washington's First Inaugural Speech (1789)" Arquivado 21 de outubro de 2013 en Wayback Machine. U.S. News and World Report, 28-5-2007
- ↑ Bridges, William (1811). Map Of The City Of New York And Island Of Manhattan With Explanatory Remarks And References.; Lankevich (1998), pp. 67–68.
- ↑ Mushkat, Jerome Mushkat (1990). Kent State University Press, ed. Fernando Wood: A Political Biography. pp. 36. ISBN 087338413X.
- ↑ Cook, Adrian (1974). The Armies of the Streets: The New York City Draft Riots of 1863. pp. pp. 193–195.
- ↑ The 100 Year Anniversary of the Consolidation of the 5 Boroughs into New York City, New York City. Consultado o 29 de xuño de 2007.
- ↑ Allen, Oliver E. (1993). "Chapter 9: The Decline". En Addison-Wesley Publishing Company. The Tiger – The Rise and Fall of Tammany Hall.
- ↑ Burns, Ric (22-8-2003). PBS, ed. "The Center of the World - New York: A Documentary Film (Transcript)". Arquivado dende o orixinal o 19-08-2006. Consultado o 20-7-2006.
- ↑ Silverstein Properties (ed.). "Rebuilding the WTC". Consultado o 11-10-2007.
- ↑ Washington, D.C. está a unha distancia en estrada de Nova York de 228 miles (367 km), mentres que Boston a 217 miles (349 km). - Google Maps
- ↑ "Information about the Hudson River estuary" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 04 de xuño de 2017. Consultado o 31 de outubro de 2008.
- ↑ Gillespie, Angus K. (1999). Rutgers University Press, ed. Twin Towers: The Life of New York City's World Trade Center. p. p. 71.
- ↑ Lopate, Phillip (2004). Anchor Press, ed. Waterfront: A Walk Around Manhattan. ISBN 0385497148.
- ↑ New York City Department of City Planning (ed.). "Land Use Facts". Arquivado dende o orixinal o 30-03-2007. Consultado o 13-3-2007. A área total da cidade é de 468,9 sq mi (1 214,4 km2). 159,88 sq mi (414,09 km2) de ela é auga e 321 sq mi (831 km2) é terra.
- ↑ Howard, David (2002). W. W. Norton & Company, ed. Outside Magazine's Urban Adventure New York City. pp. 35. ISBN 0393322122.
- ↑ 21,0 21,1 21,2 21,3 New York State Climate Office (ed.). "The Climate of New York". Consultado o 27-3-2007.
- ↑ Jervey, Ben (2006). Globe Pequot Press, ed. The Big Green Apple: Your Guide to Eco-Friendly Living in New York City. ISBN 0762738359.
- ↑ Owen, David (18 de outubro 2004). The New Yorker, ed. "Green Manhattan".
- ↑ 24,0 24,1 New York City Office of Long-term Planning and Sustainability, ed. (abril 2007). "Inventory of New York City Greenhouse Gas Emissions" (PDF). Consultado o 11-4-2007.
- ↑ PlaNYC / The City of New York, ed. (6-12-2006). "Global Warming and Greenhouse Gases". Arquivado dende o orixinal o 25-12-2010. Consultado o 13-12-2006.
- ↑ Coburn, Jason, Jeffrey Osleeb, Michael Porter (June 2006). "Urban Asthma and the Neighbourhood Environment in New York City". Health & Place. 12(2): pp. 167–179. PMID 16338632.
- ↑ Metropolitan Transportation Authority (ed.). "A Century of Buses in New York City" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 25-05-2006. Consultado o 17-11-2006.
- ↑ Sierra Club, ed. (1 de xullo, 2005). "New York City's Yellow Cabs Go Green" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 07-01-2009. Consultado o 19-7-2006.
- ↑ New York City Department of Environmental Protection (ed.). "Current Reservoir Levels". Consultado o 4-6-2007.
- ↑ New York City Department of Environmental Protection, ed. (2005). "New York City 2005 Drinking Water Supply and Quality Report" (PDF) (en inglés). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 28-09-2006. Consultado o 17-7-2006.
- ↑ Campbell Gibson (Xuño 1998). Bureau du recensement, ed. "Population of the 100 Largest Cities and Other Urban Places in the United States:1790 to 1990". Arquivado dende o orixinal o 07 de xullo de 2007. Consultado o 6 de agosto de 2010.
- ↑ Bureau du recensement (ed.). "2005 population estimate for New York city". Arquivado dende o orixinal o 22 de novembro de 2011. Consultado o 6 de agosto de 2010.
- ↑ New York City Department of City Planning, ed. (Decembro 2006). "New York City Population Projections by Age/Sex and Borough, 2000-2030" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 12 de xaneiro de 2007. Consultado o 6 de agosto de 2010.
- ↑ United States -- Places and (in selected states) County Subdivisions with 50,000 or More Population; and for Puerto Rico Arquivado 08 de xuño de 2011 en Wayback Machine., United States Census Bureau United States Census (2000). Consultado o 6 de agosto de 2010.
- ↑ "Population Density" Arquivado 10 de febreiro de 2007 en Wayback Machine., Geographic Information Systems - GIS of Interest. Consultado o 6 de agosto de 2010.
- ↑ New York City Department of City Planning, ed. (2005). "The Newest New Yorkers: 2000" (PDF) (en inglés). Consultado o 23 de abril de 2022.
- ↑ Censo 2000
- ↑ New York City Department of City Planning, ed. (2005). "Appendix Table 5-4: Ten Largest Sources of the Foreign-Born by County New York Metropolitan Region, 2000" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 14 de xuño de 2007. Consultado o 6 de agosto de 2010.
- ↑ New York State Office of the State Comptroller, ed. (Xuño 2006). "Queens: Economic Development and the State of the Borough Economy" (PDF) (en inglés). Consultado o 6 de agosto de 2010.
- ↑ United Jewish Appeal-Federation of New York, ed. (2002). "Jewish Community Study of New York" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 14 de xuño de 2007. Consultado o 6 de agosto de 2010.
- ↑ Asian American Federation of New York, ed. (2004). "Census Profile:New York City's Indian American Population" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 22-04-2004. Consultado o 28-3-2007.
- ↑ New York City Department of City Planning, ed. (2005). "NYC2005 — Results from the 2005 American Community Survey : Socioeconomic Characteristics by Race/Hispanic Origin and Ancestry Group" (PDF). Consultado o 6 de agosto de 2010.; Population Division American Community Survey, New York City Department of City Planning
- ↑ Archive of the Mayor's Press Office, Mayor Giuliani Proclaims Puerto Rican Week in New York City, 9 de xuño de 1998.
- ↑ Roberts, Sam (9 de abril, 2005). The New York Times, ed. "In Manhattan, Poor Make 2 Cents for Each Dollar to the Rich". Arquivado dende o orixinal o 03 de abril de 2007.
- ↑ Roberts, Sam (27-3-2007). The New York Times, ed. "In Surge in Manhattan Toddlers, Rich White Families Lead Way" (en inglés).
- ↑ "Homeownership". Arquivado dende o orixinal o 17 de xaneiro de 2009. Consultado o 06 de agosto de 2010.
- ↑ Center for an Urban Future, ed. (Decembro 2005). "Creative New York" (PDF) (en lingua inglesa). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 28-01-2011. Consultado o 20-2-2009.
- ↑ New America Media, ed. (27 de xullo de 2005). "el diario/La Prensa: The Nation's Oldest Spanish-Language Daily". Arquivado dende o orixinal o 22-05-2008. Consultado o 9-6-2007.
- ↑ The Governors Island Preservation & Education Corporation, ed. (2005). "Request for Expressions of Interest" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 02-08-2008. Consultado o 26-3-2007.
- ↑ New York City Economic Development Corporation (ed.). "Media and Entertainment" (en lingua inglesa). Arquivado dende o orixinal o 28-01-2008. Consultado o 19-7-2006.
- ↑ The New York City Partners, do Concello de Nova York, sobre cidades irmandadas Arquivado 21 de maio de 2008 en Wayback Machine. (en inglés).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: a cidade de Nova York |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Lankevich, George L. (1998). NYU Press, ed. American Metropolis: A History of New York City (en inglés). ISBN 0814751865.
- Edwin G. Burrows e Mike Wallace (1998), Gotham: A History of New York City to 1898, Oxford University Press.
- Anthony Burgess (1976). New York, Little, Brown & Co.
- Federal Writers' Project (1939). The WPA Guide to New York City, The New Press (reedición de 1995).
- Kenneth T. Jackson (ed.) (1995). The Encyclopedia of New York City, Yale University Press.
- Kenneth T. Jackson e David S. Dunbar (eds.) (2005), Empire City: New York Through the Centuries, Columbia University Press.
- E. B. White (1949). Here is New York, Little Bookroom (2000 reissue).
- Colson Whitehead (2003). The Colossus of New York: A City in 13 Parts, Doubleday.
- E. Porter Belden (1849). New York, Past, Present, and Future: Comprising a History of the City of New York, a Description of its Present Condition, and an Estimate of its Future Increase, Nova York, G.P. Putnam.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]
Listaxe | Cidade | Estado | Pob. | Listaxe | Cidade | Estado | Pob. | Nova York Os Ánxeles Chicago | ||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1 | Nova York | Nova York | 8.622.698 | 11 | Austin | Texas | 950.715 | |||
2 | Os Ánxeles | California | 3.999.759 | 12 | Jacksonville | Florida | 892.062 | |||
3 | Chicago | Illinois | 2.716.450 | 13 | San Francisco | California | 884.363 | |||
4 | Houston | Texas | 2.312.717 | 14 | Columbus | Ohio | 879.170 | |||
5 | Phoenix | Arizona | 1.626.078 | 15 | Fort Worth | Texas | 874.168 | |||
6 | Filadelfia | Pensilvania | 1.580.863 | 16 | Indianapolis | Indiana | 863.002 | |||
7 | San Antonio | Texas | 1.511.946 | 17 | Charlotte | Carolina do Norte | 859.035 | |||
8 | San Diego | California | 1.419.516 | 18 | Seattle | Washington | 724.745 | |||
9 | Dallas | Texas | 1.341.075 | 19 | Denver | Colorado | 704.621 | |||
10 | San Jose | California | 1.035.317 | 20 | Washington, D.C. | Distrito de Columbia | 693.972 | |||
Datos do censo de 2017.[1] |