The New York Times
The New York Times é un xornal publicado na cidade de Nova York e distribuído nos Estados Unidos e moitos outros países, fundado o 18 de setembro de 1851 por Henry Jarvis Raymond e George Jones, o primeiro tamén fundador de Associated Press. É propiedade da The New York Times Company, que tamén posúe outras 40 publicacións, incluíndo o International Herald Tribune e o Boston Globe. O diario é afectuosamente chamado a «Dama Gris» (Gray Lady, en inglés).
A súa sede atópase no The New York Times Building, na Oitava Avenida de Nova York.
The New York Times Magazine
[editar | editar a fonte]The New York Times Magazine é unha revista incluída na edición dominical de The New York Times. Presenta artigos máis longos que os habitualmente publicados no xornal e atraeu a moitos colaboradores notables, como o ilustrador Christoph Niemann ou o humorista John Hodgman.[1][2] A revista destaca polo seu deseño e a súa fotografía, especialmente relacionada coa moda.
Notas
- ↑ "About – Christoph Niemann". www.christophniemann.com. Consultado o 2024-03-20.
- ↑ "John Hodgman - The New York Times". www.nytimes.com (en inglés). Consultado o 2024-03-20.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: The New York Times |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte] Este artigo sobre xornalismo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |