Saltar ao contido

Thomas Hart Benton

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaThomas Hart Benton

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento15 de abril de 1889 Editar o valor en Wikidata
Neosho, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte19 de xaneiro de 1975 Editar o valor en Wikidata (85 anos)
Kansas City, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
EducaciónSchool of the Art Institute of Chicago (en) Traducir
Western Military Academy (en) Traducir
Kansas City Art Institute (en) Traducir
Academia Julian (pt) Traducir
Corcoran College of Art and Design (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoPintura Editar o valor en Wikidata
Lugar de traballo Estados Unidos de América
Nashville
Norfolk
Washington, D.C.
Virxinia Occidental
Nova York
Chicago
Kansas City
París
Os Ánxeles
Joplin (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpintor, ilustrador, mestre, gravador, escultor, deseñador, artista gráfico, debuxante de banda deseñada, profesor universitario, litógrafo, debuxante, muralista, debuxante arquitectónico Editar o valor en Wikidata
EmpregadorKansas City Art Institute (en) Traducir (1935–1941)
Art Students League of New York (pt) Traducir (1926–1935)
City and Country School (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Membro de
Xénero artísticoArte de xénero e social-artistic project (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
MovementoRegionalismo (arte) (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
ProfesoresJean-Paul Laurens (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
AlumnosKenneth Riley (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
RepresentanteArtists Rights Society Editar o valor en Wikidata
Carreira militar
Rama militarArmada dos Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
ConflitoPrimeira guerra mundial Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Arquivos en
Familia
CónxuxeRita Piacenza Benton Editar o valor en Wikidata
FillosJessie Benton Editar o valor en Wikidata
PaiMaecenas Eason Benton Editar o valor en Wikidata
Premios

WikiTree: Benton-3037 Find a Grave: 32688692 Editar o valor en Wikidata

Thomas Hart Benton (15 de abril de 1889 - 19 de xaneiro de 1975), foi un pintor e muralista estadounidense, un dos máximos expoñentes do movemento artístico rexionalismo xunto a Grant Wood e John Steuart Curry.

Vida e obra

[editar | editar a fonte]

Primeiros anos

[editar | editar a fonte]

Benton naceu en Neosho, Missouri, nunha das familias máis poderosas de Missouri, seu pai Maecenas Eason Benton foi un avogado e congresista e o seu tío avó Thomas Hart Benton fora senador. Benton pasou a súa infancia entre Washington, D.C. e Missouri, no canto de seguir unha carreira política como pretendía seu pai, desenvolveu interese pola arte e traballou como caricaturista para o xornal Joplin American de Joplin, Missouri.

Aprendizaxe

[editar | editar a fonte]

En 1907 Benton matriculouse no Art Institute of Chicago e en 1909 transladouse a París para estudar na Académie Julian. Alí tratou a artistas como Diego Rivera e especialmente Stanton Macdonald-Wright, partidario do sincromismo, que influíu fortemente na obra de Benton. En 1923 Bento estableceuse en Nova York, o seu traballo como debuxante artístico da Armada dos Estados Unidos desde 1919 mudou o seu estilo significamente, concentrouse en escenas e debuxos realísticos da vida e traballo nos estaleiros.

Rexionalismo

[editar | editar a fonte]

De volta a Nova York a comezos dos anos vinte, Benton declarouse inimigo do modernismo e comezou a realizar unha obra naturalista e representacionista hoxe coñecida como rexionalismo e que tivo o seu cumio nos murais America Today da New School for Social Research pintados en 1930-1931, fortemente influídos por El Greco.

En 1932 a Benton, relativamente pouco coñecido, elixírono para realizar os murais que debían representar a Indiana na Exposición Internacional de Chicago de 1933, os Murais de Indiana xeraron controversia, Benton pintou xente común sen suavizar a historia do estado, pintando mesmo membros do Ku Klux Klan.

O 24 de decembro de 1934 Benton apareceu na primeira portada en cor de Time, no interior nun artigo titulado “The U.S. Scene” presentaba a Benton, Wood e Curry como os novos heroes da arte estadounidense, o que deu visibilidade ó rexionalismo como movemento artístico.

En 1935 Benton traballou nun mural para o Capitolio do Estado de Missouri en Jefferson City, titulado Social History of Missouri é quizabes a mellor obra de Benton, pero causou controversia, a aparición de Jesse James, a escravitude e slavery e Tom Pendergast. Benton estableceuse en Kansas City, Missouri e aceptou un posto como profesor no Kansas City Art Institute. As súas obras desta época xeralmente amosa a melancolía, desesperación e beleza da vida dunha pequena cidade. En 1937 publicou a súa autobiografía, An Artist in America. Neste período, Benton comezou a producir litografías en edicións limitadas asinadas e con edicións reducidas.

Últimos anos

[editar | editar a fonte]
The Sowers, da II GM

Durante a segunda guerra mundial, Benton creou unha serie, amplamente distribuída The Year of Peril, que pretendía poñer de relevo os ideais americanos fronte a amezada do fascismo e o nazismo. Despois da guerra o rexionalismo viuse eclipsado polo Expresionismo abstracto.[1] Benton permaneceu activo outros trinta anos, pero a súa obra centrouse menos no comentario social e máis en crear estilizadas imaxes bucólicas das granxas preindustriais. Tamén pintou murais en diversas cidades, o mural Independence and the Opening of The West para a Biblioteca e Museo Harry S. Truman en Independence, Missouri deu lugar a unha amizade duradiera co expresidente Harry Truman. Benton morreu en 1975 no seu estudio, traballando no seu mural, The Sources of Country Music para a Country Music Hall of Fame in Nashville.

  1. "New Britain Museum of American Art". Arquivado dende o orixinal o 10 de maio de 2008. Consultado o 12 de xaneiro de 2009. 

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]