Un paso adelante
Un paso adelante (UPA) foi unha serie española emitida por Antena 3 entre 2002 e 2005.
Argumento
[editar | editar a fonte]Un paso adelante narra a historia dun grupo de mozos que comezan os seus estudos na Escola de Artes Escénicas de Carmen Arranz. A partir de aí, as historias céntranse nas relacións entre eles e os seus estudos, sen esquecer as tramas persoais e profesionais protagonizadas polos seus profesores.
Actores
[editar | editar a fonte]A serie foi canteira de actores e artistas. Cabe salientar a enorme popularidade acadada por Mónica Cruz (Silvia Jáuregui), irmá da actriz Penélope Cruz, e Miguel Ángel Muñoz (Roberto Arenales), que ademais tiveron un romance na vida real e ocuparon páxinas nas revistas do corazón.
Pablo Puyol (Pedro Salvador) e Beatriz Luengo (Lola Fernández) conseguiron comezar as súas carreiras musicais en solitario despois de formar parte xunto a Múñoz do grupo UPA Dance, que acadou un enorme éxito. Silvia Marty (Ingrid Múñoz) completa o elenco de actores xuvenil principal.
En canto ós profesores estaban interpretados por Lola Herrera (Carmen Arranz), Natalia Millán (Adela Ramos), Jaime Blanch (Gaspar), Beatriz Rico (Diana de Miguel), Alfonso Lara (Juan), Víctor Mosqueira (Cristóbal), Toni Acosta (JJ), Marta Ribera (Eva Ruiz) , Juan Echanove (Mariano), Esther Arroyo (Irene Miró), Fanny Gautier (Alicia Jáuregui), Fabián Mazzei (Horacio), Rocío Calvo (Claudia) e Satur Barrio (Cristina). A maioría deles non estiveron durante toda a serie, senón que algúns deixárona e outros incorporáronse máis tarde.
Dafne Fernández (Marta), Pedro Peña (Antonio), Chiqui Fernández (Puri), Raúl Peña (Jero), Arantxa Valdivia (Luisa), Mario Martín (Román), Alfonso Bassave (Josè), William Miller (Nacho), Erika Sanz (Erika), Patricia Arizmendi (Sonia), Elisabeth Jordán (Tania), Edu del Prado (Cesar), Junior Míguez (Junior), Ricardo Amador (Rafa), Asier Etxeandia (Beni) ou Yotuel Romero (Pavel) son outros actores que pasaron pola serie.
Ademais, a serie recibiu cameos coma os de Víctor Manuel, Pepón Nieto, Almudena Cid, Pilar Bardem, Amparo Soler Leal, Jorge Sanz, Rafael Amargo, Carlos Larrañaga ou os actores galegos José Ángel Egido e Sonia Castelo entre outros.
Capítulos
[editar | editar a fonte]Un paso adelante consta dun total de 84 capítulos emitidos en 6 tempadas desde o 8 de xaneiro de 2002 ata o 24 de abril de 2005.
Música e coreografías
[editar | editar a fonte]Estando a trama centrada nunha escola de artes escénicas, a música e o baile estiveron sempre moi presentes na serie, aparecendo normalmente máis dunha coreografía en cada episodio.
Da serie xurdiu o grupo UPA Dande, formado por Pablo Puyol, Beatriz Luengo e Miguel Ángel Múñoz. Sacaron un disco e fixeron unha xira de éxito, pero decidiron separarse, xa que Luengo e Puyol querían lanzar as súas carreiras en solitario.
O grupo continuou con Múñoz, Elisabeth Jordán (Ex participante de Popstars) e Edu del Prado, que non puideron revalidar o éxito acadado pola formación anterior.