Saltar ao contido

Navarino

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaNavarino
Imaxe

Localización
Mapa
 55°05′S 67°40′O / -55.08, -67.67
EstadoChile
RexiónRexión de Magallanes e da Antártica Chilena
ProvinciaProvincia Antártica Chilena
ComunaCabo de Hornos Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie2.473 km² Editar o valor en Wikidata
Bañado porOcéano Pacífico e Océano Atlántico Editar o valor en Wikidata

Navarino, illa chilena pertencente á Provincia da Antártica Chilena na XII Rexión de Magallanes e a Antártida Chilena. Atópase situada ao sur da Illa Grande de Terra do Fogo, separada desta polo canle Beagle. Concentra a maior parte da poboación da Provincia da Antártida Chilena e da comuna de Cabo de Fornos. Os seus principais poboados son Puerto Williams, a capital provincial, Puerto Navarino, ao poñente Caleta Eugenia e Puerto Toro ao oriente da illa, todos situados na ribeira norte da Illa. Un camiño costeiro que bordea a canle de Beagle une ditas localidades. A maioría da súa poboación son mariños e pescadores dedicados á recolección de centola.

Historia e arqueoloxía son, probablemente, o máis valioso recurso da Illa Navarino e os seus sectores adxacentes. O descubrimento da cultura yámana a través dos restos existentes poden dar un aumento no definido Turismo Científico, desenvolvido nas bases dun museo local. As rutas das Misións Inglesas poderían seguir, facendo un alto en todos os puntos onde a escena dos feitos foron transcendentes. Tamén é posible facer un activo Turismo Científico na base da Arqueoloxía, Aves Acuáticas, Xeoloxía e Botánica da Illa, ademais de aproveitar o seu lugar estratéxico.

Geografia

[editar | editar a fonte]

A illa esta cuberta de bosques que acubillan unha nutrida vida animal. A paisaxe predominante é de montañas con lagos, bosques e tundra xunto a fervenzas e represas de castores. O punto máis alto é Cerro La Bandera, parte dos Dentes de Navarino que culmina a 900 metros e debe o seu nome a que no cume foi posta unha Bandeira chilena que era facilmente vista desde Puerto Williams. Ao norte está o Canle Beagle que dá coa Arxentina, ao sur a Baía Nassau que dá coas Illas Wollaston, ao poñente o Canle Murray que dá coa Illa Hoste e ao oriente o Paso Goree que dá coa Illa Lennox e a Illa Picton.

  • Superficie: A illa en total ten 2.473 km².
  • Altitude: 172 metros.
  • Latitude: 55º 04' 59" S
  • Lonxitude: 067º 40' 00" O

No norte da illa Navarino, onde está Porto Williams, as precipitacions medias son de 467 mm., cunha temperatura de 6 °C. O mes máis caloroso ten unha temperatura media de 9,6 °C, e o máis frío de 1,9 °C. No sur, hai máis precipitacións anuais de 800 mm e temperaturas un pouco máis frías. As choivas son distribuídas parejamente durante todo o ano e unha parte dela en neve.

No extremo norte da Illa Navarino atópase un tipo de vexetación caracterizada polo Bosque deciduo magallánico, cuxas especies características son Lenga (Nothofagus pumilio), xunto con Ñirre (Nothofagus antarctica) nas áreas máis secas, Coihue (Nothofagus betuloides) nas áreas máis húmidas e algunhas zonas de matogueiras, e Tundra Magallánica en áreas de drenaxe pobre.

Inmediatamente ao sur está o bosque húmido sempreverde magallánico, probablemente asociado ao incremento de precipitacións, a maior altitude e o melloramento da drenaxe do chan. A especie característica é Nothofagus betuloides (Coihue), formando comunidades puras en sectores de maior altitude ou costas expostas ao vento.

A porción sur da illa, que rodea os lagos Navarino e Windhond, máis os territorios da costa sur, teñen unha vexetación de Tundra magallánica. Esta formación agrupa unha serie de comunidades vexetais, entre as cales destaca a Tundra Esfagnosa (Sphagnum magellanicum) e a Tundra Pulvinada (Donatia fascicularis - Astelia pumilia).

Finalmente está o Deserto andino, que inclúe todos os territorios que por efecto das condicións climáticas derivadas da altitude, carecen de vexetación arbórea ou de matogueira alta e que non alcanzan valores de cobertura superior ao 30%, ou sen ningunha vexetación.

Poboación

[editar | editar a fonte]

En total a Illa Navarino conta con 3.000 habitantes aproximadamente repartidos en varias vilas e aldeas. 2.262 habitantes deles viven en Puerto Williams. Practicamente todos os habitantes viven no norte pero tamén existen asentamentos no sur.

Vilas e aldeas

[editar | editar a fonte]

Os asentamentos son:

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]