Mosteiro de Sopoćani
Манастир Сопоћани (sr) | ||||
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | Serbia | |||
Distritos da Sérvia (pt) | Ráscia (pt) | |||
Município da Sérvia (pt) | Novi Pazar (en) | |||
Xeografía | ||||
Parte de | ||||
Diocese | Eparchy of Raška and Prizren (en) | |||
Superficie | 0,53 ha | |||
Datos históricos | ||||
Fundador | Estevo Uroš I | |||
Creación | 1259 | |||
Parte dun sitio do Patrimonio da Humanidade | ||||
Data | 1979 (3ª Sesión) | |||
Identificador | 96-002 | |||
Cultural Monument of Exceptional Importance (en) | ||||
Páxina web | manastirsopocani.org |
O Mosteiro de Sopoćani (en serbio: Сопоћани), unha doazón do Rei Estevo Uroš I de Serbia, construíuse entre 1259 e 1270, preto da fonte do río Raška na rexión de Ras, o centro do Estado medieval serbio. Foi declarado Patrimonio da Humanidade, en 1979 con Stari Ras.
Historia
[editar | editar a fonte]A igrexa dedicouse á Santísima Trindade e rematouse ao redor do ano 1265, o interior decorouse pouco despois. O arcebispo Sava II, que se converteu en xefe da igrexa ortodoxa serbia en 1263, está representado en procesión de arcebispos na zona do altar. Os frescos de Sopoćani son considerados por algúns expertos en arte medieval serbio como os máis bonitos da época. Na fachada occidental da nave existe un famoso fresco da Dormición da Virxe.
No século XVI os monxes tiveron que deixar temporalmente o mosteiro varias veces debido á ameaza otomá. Finalmente, durante un dos ataques de 1689, os turcos otománs incendian o mosteiro e levaron o chumbo do teito. Os irmáns escapáronse con algunhas importantes reliquias a Kosovo pero non regresaron a Sopoćani. Que quedou abandonado durante douscentos anos, ata o século XX. A igrexa pouco a pouco foi decaendo: escaváronse as súas bóvedas, caeu a cúpula e os restos dos edificios que a rodeaban quedaron cubertos por lixo e terra.
Finalmente, durante o século XX o mosteiro foi restaurado e se asentou unha nova fraternidade de monxes. A pesar de ter estado sometidos durante dous séculos aos elementos, a maior parte dos frescos de Sopoćani conserváronse ben.
En 1979, o mosteiro foi declarado Patrimonio da Humanidade pola Unesco dentro do conxunto monumental Stari Ras e Sopoćani.[1]
Galería
[editar | editar a fonte]-
Edificio do mosteiro.
-
Detalle do fresco Dormición da Virxe de Sopoćani c. 1265
-
Detalle do fresco Dormición da Virxe.
-
Stefan Uroš I co seu fillo Dragutin
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Stari Ras e Sopoćani". Sector da Cultura da UNESCO. Consultado o 28 de marzo de 2015.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Mosteiro de Sopoćani |