Teatro musical
O teatro musical é unha forma de representación teatral que combina cancións, diálogo falado, interpretación e danza. A historia e o contido emocional dun musical (humor, patetismo, amor, rabia) comunícanse a través de palabras, música, movemento e aspectos técnicos do entretemento como un todo integrado. Aínda que o teatro musical se solapa con outras formas teatrais como a ópera e a danza, pódese distinguir pola importancia similar que se lle dá á música en comparación co diálogo, o movemento ou outros elementos. Desde comezos do século XX, as obras escénicas de teatro musical normalmente chamáronse simplemente musicais.[2]
Aínda que a música formou parte das presentacións dramáticas desde os tempos antigos, o teatro musical occidental moderno xurdiu durante o século XIX, con moitos elementos estruturais establecidos polas obras de Gilbert e Sullivan en Gran Bretaña e as de Harrigan e Hart nos Estados Unidos. A estas seguíronas as numerosas comedias musicais eduardianas e as obras de teatro musical de creadores estadounidenses como George M. Cohan a principios do século XX. Os musicais do Princess Theatre (1915–1918) e outros espectáculos como Of Thee I Sing (1931) foron pasos artísticos alén das revistas e outros entretementos de principios do século XX e deron lugar a obras tan innovadoras como Show Boat (1927) e Oklahoma! (1943). Algúns dos musicais máis famosos das décadas seguintes inclúen West Side Story (1957), The Fantasticks (1960), Hair (1967), A Chorus Line (1975), Les Misérables (1985), The Phantom of the Opera (1986), Rent (1996), The Producers (2001), Wicked (2003) e Hamilton (2015).
Características
[editar | editar a fonte]O teatro musical remóntase a varias fontes teatrais do século XIX, incluída a opereta, a ópera cómica, a comedia musical, a pantomima, o minstrel show, o vaudeville e o burlesque.
Existen diversas variedades de musicais dependendo do xeito en que se escribisen. Unha das formas máis básicas, coa que se escribiron os primeiros musicais, consiste en tomar cancións xa existentes e escribir unha historia arredor delas, o que se denomina musical jukebox, en alusión ás máquinas reprodutoras de discos de vinilo, que compilaban cancións de diversos artistas para que o cliente as escollese a cambio dunha moeda.
Porén, este xeito de escribir volveuse un pouco limitado, xa que en ocasións se engadían cancións polo simple feito de seren populares. Isto quitaba profundidade á obra, polo que algúns comezaron a compor cancións orixinais para os seus musicais. Isto permitiu que as obras adquirisen tons que nunca poderían adoptar con cancións da radio, así como emocións máis fortes. A partir disto a comedia musical comezou a nutrirse da ópera, onde os diálogos das personaxes eran completamente cantados. Por exemplo, en Rent, ópera rock escrita e composta por Jonatan Larson, os diálogos son cantados case na totalidade da obra.
Outra forma máis común de escribir musicais é unha mestura de ambas as formas: cancións orixinais, mais con segmentos en bloques, onde a estrutura ten forma de canción-escena-canción-escena. A orde pode variar, mais en síntese os diálogos son recitados como nunha obra teatral tradicional. En certos momentos, unha canción comeza de imprevisto para afondar máis nos sentimentos das personaxes ou para narrar un feito libre de diálogos.
Algunhas obras, como as de George Gershwin, Leonard Bernstein e Stephen Sondheim, foron convertidas tanto en "teatro musical" como en producións "operísticas".[3][4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Morley 1987, p. 15.
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para musical.
- ↑ "Porgy and Bess: That old black magic" The Independent, 27 de outubro de 2006, consultado o 27 de decembro de 2018
- ↑ Lister, David. "The Royal Opera opens a window on Sondheim", The Independent, 5 de abril de 2003, consultado o 27 de decembro de 2018
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Teatro musical |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Allain, Paul; Harvie, Jen (2014). The Routledge Companion to Theatre and Performance. Routledge. ISBN 978-0-4156-3631-5.
- Allen, Robert C. (c. 1991). Horrible prettiness: burlesque and American culture. University of North Carolina. ISBN 978-0-8078-1960-9.
- Bradley, Ian (2005). Oh Joy! Oh Rapture! The Enduring Phenomenon of Gilbert and Sullivan. Oxford University Press. ISBN 0-19-516700-7.
- Buelow, George J. (2004). A History of Baroque Music. Bloomington, Indiana: Indiana University Press. ISBN 978-0-253-34365-9.
- Carter, Tim; Butt, John, eds. (2005). The Cambridge history of seventeenth-century music. The Cambridge History of Music 1. Cambridge University Press. p. 591. ISBN 978-0-521-79273-8. Arquivado dende o orixinal o 12 de xaneiro de 2013. Consultado o 2009-05-26.
- Everett, William A.; Laird, Paul R., eds. (2002). The Cambridge companion to the musical. Cambridge companions to music. Cambridge University Press. ISBN 978-0-521-79189-2.
- Gokulsing, K. Moti; Dissanayake, Wimal (2004) [1998]. Indian popular cinema : a narrative of cultural change (Revised and updated ed.). Stoke-on-Trent: Trentham. p. 161. ISBN 978-1-85856-329-9.
- Hoppin, Richard H., ed. (1978). Anthology of Medieval Music. Norton introduction to music history. Nova York: Norton. ISBN 978-0-393-09080-2.
- Horn, Barbara Lee (1991). The age of Hair: evolution and impact of Broadway's first rock musical. Nova York: Greenwood Press. p. 166. ISBN 978-0-313-27564-7.
- Jha, Subhash K. (2005). The Essential Guide to Bollywood. Roli Books. ISBN 81-7436-378-5.
- Jones, John B. (2003). Our Musicals, Ourselves. Hanover: University Press of New England. ISBN 978-0-87451-904-4.
- Lord, Suzanne (2003). Brinkman, David, ed. Music from the Age of Shakespeare : A Cultural History. Westport, Connecticut: Greenwood Press. ISBN 978-0-313-31713-2.
- Lubbock, Mark (2002) [1962]. "American musical theatre: an introduction". The Complete Book of Light Opera (1st ed.). Londres: Putnam. pp. 753–56.
- Morley, Sheridan (1987). Spread a little happiness: the first hundred years of the British musical. Londres: Thames and Hudson. ISBN 978-0-500-01398-4.
- Parker, Roger, ed. (2001). The Oxford illustrated history of opera. Oxford illustrated histories (illustrated ed.). Oxford University Press. p. 541. ISBN 978-0-19-285445-2.
- Rubin, Don; Solórzano, Carlos, eds. (2000). The World Encyclopedia of Contemporary Theatre: The Americas. Nova York: Routledge. ISBN 0-415-05929-1.
- Shakespeare, William (1998) [First published 1623]. Orgel, Stephen, ed. The Tempest. The Oxford Shakespeare. Oxford University Press. p. 248. ISBN 978-0-19-283414-0.
- Wilmeth, Don B.; Miller, Tice L., eds. (1996). Cambridge guide to American theatre (2nd ed.). Cambridge University Press. ISBN 978-0-521-56444-1.
- Wollman, E. L. (2006). The Theater Will Rock: a History of the Rock Musical: From Hair to Hedwig. Michigan: University of Michigan Press. ISBN 0-472-11576-6.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Internet Broadway Database – Cast and production lists, song lists and award lists
- Guidetomusicaltheatre.com – synopses, cast lists, song lists, etc.
- The Broadway Musical Home
- History of musicals (V&A museum website)
- Castalbumdb – Musical Cast Album Database
- Synopses and character descriptions of most major musicals (StageAgent.com)