Saltar ao contido

Patria Mirabal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaPatria Mirabal
Biografía
Nacemento(es) Aída Patria Mercedes Mirabal Reyes Editar o valor en Wikidata
27 de febreiro de 1924 Editar o valor en Wikidata
Salcedo, República Dominicana (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte25 de novembro de 1960 Editar o valor en Wikidata (36 anos)
Actividade
Ocupacióndatilógrafa (pt) Traducir, activista política Editar o valor en Wikidata
Familia
IrmánsMaría Teresa Mirabal
Minerva Mirabal
Bélgica Adela Mirabal Reyes Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteBygone Badass Broads: 52 Forgotten Women Who Changed the World (en) Traducir, (p.163-165) Editar o valor en Wikidata
Find a Grave: 6023925 Editar o valor en Wikidata


Aída Patria Mercedes Mirabal Reyes de González, nada en Ojo de Agua o 27 de febreiro de 1924 e falecida en La Cumpre o 25 de novembro de 1960, foi unha mecanógrafa e activista dominicana. Foi unha das irmás asasinadas polo ditador Rafael Leónidas Trujillo.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Recibiu o nome de Patria por nacer o 27 de febreiro, cando se conmemora a independencia do seu país. Desde pequena tivo afección pola pintura. Terminou o ensino intermedio e graduouse en dactilografía no colexio Inmaculada Concepción de la Vega.

Pola súa participación nos esforzos para derrocar o ditador Rafael Leónidas Trujillo Molina, o goberno puxo en poxa pública todas as súas pertenzas campestres e confiscou a casa e as propiedades da familia González Mirabal. Con todo, preocupada polo futuro dos nenos do país, Patria seguía apoiando a súa irmá Minerva nos seus esforzos contra o goberno e opúñase a Trujillo.

Patria foi asasinada a golpes xunto a Minerva e María Teresa, as súas irmás, e Rufino de la Cruz, o condutor do Jeep no que viaxaban o 25 de novembro de 1960 cerca da ponte Marapica, na estrada entre Santiago e Puerto Plata, mentres regresaba ao seu fogar despois de visitar os esposos das súas irmás Minerva e María Teresa na fortaleza de Puerto Plata, onde se atopaban presos por sedición.[1]

Recoñecementos

[editar | editar a fonte]

En memoria de Patria e as súas irmás Minerva e María Teresa, cada 25 de novembro conmemórase o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, pola resolución oficial da ONU aprobada pola súa asemblea o 7 de febreiro de 1999.[2][3][4]

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Casou aos 17 anos con Pedro Antonio González, membro dunha prestixiosa e acomodada familia de terratenientes da rexión do Cibao. Desa unión naceron: Nelson Enrique, Noris Mercedes, e Fidel Raúl Ernesto.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]