Salvador Cabeza de León
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 4 de febreiro de 1864 Betanzos, España |
Morte | 20 de maio de 1934 (70 anos) Santiago de Compostela, España |
Alcalde de Santiago de Compostela | |
30 de novembro de 1910 – 1 de xaneiro de 1914 ← Francisco Piñeiro Pérez – Luis Blanco Rivero → | |
Catedrático de universidade | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | avogado, político, xurista |
Partido político | Comunión Tradicionalista |
Membro de | |
Salvador Cabeza de León, nado en Betanzos o 4 de febreiro de 1864 e finado en Santiago de Compostela o 20 de maio de 1934[1], foi un destacado galeguista, profesor e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Membro da Xuventude Católica, foi un convencido carlista. Licenciouse en Dereito na Universidade de Santiago de Compostela en 1884. Amigo de Alfredo Brañas, do que foi profesor auxiliar, ata obter a súa propia cátedra de Dereito Internacional en 1903. Tras a dimisión presentada por Francisco Piñeiro Pérez, foi elixido provisionalmente alcalde de Compostela o día 30 de novembro de 1910, ata a súa toma de posesión efectiva no 20 de febreiro de 1911, despois de que Piñeiro reconfirmase a súa renuncia días antes. Permanecería no cargo ata o 1 de xaneiro de 1914[2]. Tamén foi decano da Facultade de Dereito.
En novembro de 1890 participou na constitución da Asociación Regionalista Gallega que presidiu Manuel Murguía. En 1917 deu o discurso de apertura do curso universitario 1917-1918 da USC coa lectura de Notas sobre la disciplina escolar en la Universidad de Santiago durante los siglos XVI, XVII y XVIII. Foi socio fundador da Real Academia Galega. En 1919 integrouse na Irmandade da Fala de Compostela. O 21 de xuño de 1920 foi elixido vogal do Comité Compostelán da Asociación Española para o Progreso das Ciencias.[3] En 1921 fundou con outras personalidades a agrupación folclórica compostelá Cantigas e Agarimos, da que foi elixido o seu primeiro presidente[4]. En 1925 pasou a ocupar a presidencia do Seminario de Estudos Galegos, que non abandonou ata a súa morte. En 1927 escribiu o limiar de Estampas Compostelanas, a primeira publicación bibliográfica de Ksado, quen na edición de 1948 a substituíu por outra de Valentín Paz-Andrade.
Morreu en 1934, a punto de xubilarse.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou o 25 de xaneiro de 1886 en Santiago con Marina Anido Anido,[5] que finou o 19 de novembro de 1934,[6] coa que tivo tres fillos: María, Miguel e Salvador Cabeza Anido[7].
Predecesor: Francisco Piñeiro Pérez |
Alcalde de Santiago 1910 - 1914 |
Sucesor: Luís Blanco Rivero |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Ha muerto el decano de la facultad de Derecho, D. Salvador Cabeza de León". El Pueblo Gallego. 22 de maio de 1934. p. 1.
- ↑ El Eco de Santiago, 2-1-1914, p. 1.
- ↑ El Compostelano, 22-6-1920. A presidencia ocupouna Lino Torre Sánchez-Somoza, sendo vogais, aparte do propio Cabeza, Máximo de la Riva García, Marcelino Blanco de la Peña e Eugenio Labarta, sendo secretarios Ruperto Lobo Gómez e Antonio García Varela.
- ↑ Páxina de Cantigas e Agarimos.
- ↑ Gaceta de Galicia, 26-1-1886.
- ↑ El Eco de Santiago, 19-11-1934, p. 3.
- ↑ El Compostelano, 19-1-1934.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Salvador Cabeza de León |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Dicionario biográfico de Galicia 1. Ir Indo Edicións. 2010-2011. p. 155-156.
- Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.
- Aparisi, Luis M. (2016). Gallegos en la Real Academia Española (PDF) (en castelán). Asociación Cultural da Vieira.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Personalidades da cultura de Galicia
- Membros de número da Real Academia Galega
- Alcaldes de Santiago de Compostela
- Alcaldes de Galicia durante a Restauración
- Nados en Betanzos
- Nados en 1864
- Finados en 1934
- Membros do Seminario de Estudos Galegos
- Irmandades da Fala
- Carlistas de Galicia
- Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela
- Profesores da Universidade de Santiago de Compostela
- Escritores de Galicia en lingua galega
- Escritores de Galicia coa obra no dominio público
- Académicos correspondentes da Real Academia Española