Saltar ao contido

Asociación de Lingüística Computacional

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Asociación de Lingüística Computacional
AcrónimoACL
Tiposociedade científica, editorial e editor de acceso aberto
Campo de traballolingüística computacional
Data de fundación1962
SedeStroudsburg
PaísEstados Unidos de América
Na rede
https://www.aclweb.org/portal/
GitHub: acl-org
editar datos en Wikidata ]

A Asociación de Lingüística Computacional (ALC ou ACL, do inglés Association for Computational Linguistics) é un organismo científico centrado no traballo e investigación no eido do Procesamento da Linguaxe Natural (PLN).[1] Cada ano, organiza un congreso homónimo que constitúe como un dos eventos de maior impacto sobre PLN, xunto co EMNLP.[2][3] Este congreso ten lugar cada verán naqueles lugares onde se levan a cabo investigacións de valor sobre lingüística computacional. Este organismo naceu en 1962, baixo o nome orixinal de Asociación de Tradución Automática e Lingüística Computacional (ATALC). En 1968, pasou a chamarse Asociación de Lingüística Computacional (ALC)[4], e actualmente conta cunha sección europea (EACL, das súas siglas en inglés), unha norteamerican (NAACL, das súas siglas en inglés), e unha asiática (AACL, das súas siglas en inglés).[5][6][7]

A actual ALC naceu en 1962, baixo o nome Asociación de Tradución Automática e Lingüística Computacional (ATALC) e cunha afiliación inicial de 100 persoas. En 1965, ATALC asumiu a dirección da revista Tradución Automática e Lingüística Computacional. A esta revista sucedéronlle outras, tales como a Revista Norteamericana de Lingüística Computacional (1974–1978, 1980–1983), que despois pasou a chamarse Lingüística Computacional (1984–presente)[8][9]. Desde 1988, MIT Press encárgase da publicación desta revista de ACL.[10][11]

O primeiro congreso anual tivo lugar en 1963, en conxunto coa conferencia nacional da Asociación de Maquinaria Computacional.[12] Durante unha temporada, o congreso anual era relativamente informal e só se publicaban abstracts. Con todo, en 1968, o organismo adoptou o seu nome actual, Asociación de Lingüística Computacional (ALC), e sería en 1979 cando se comezarían a publicar as actas dos congresos, baixo o nome de Proceedings of the ACL, as cales irían tomando paulatinamente a súa forma actual.[8] Moitas das conferencias se organizaron xunto coa Sociedade Lingüística de Estados Unidos de América e outras coa Asociación para a Información de Ciencia e Tecnoloxía e a Asociación de Estudos Cognitivos.[12]

O goberno de Estados Unidos patrocinou moitas das investigacións entre 1989 e 1994, o que tivo como resultado un aumento no índice de retención de persoas autoras, así como un incremento na investigación sobre temas imprescindibles no ámbito de ALC, como recoñecemento de discurso. Xa no século XXI, lográronse manter uns altos índices de autores que unían esforzos nunha disposición máis estable en torno a temas individuais de investigación.[13] Actualmente, ACL contén máis de 100.000 artigos de investigación sobre lingüística computacional e PLN[1].

Conferencia Anual de ACL

[editar | editar a fonte]

Cada ano, ACL organiza a súa Conferencia Anual,[14] que ten lugar en Europa, Norte América, e Australia e Asia. En 2020, a Conferencia Anual recibiu por primeira vez máis traballos dende China que os Estados Unidos.[15]

Ano Localización
do 11 ao 16 de agosto de 2024 Bangkok, Tailandia
do 9 ao 14 de xullo de 2023 Toronto, Canadá
do 22 ao 27 de maio de 2022 Dublín, Irlanda
do 1 ao 6 de agosto de 2021 Bangkok, Tailandia En liña debido á COVID-19
do 5 ao 10 de xullo de 2020 Seattle, Washington En liña debido á COVID-19
do 28 de xullo ao 2 de agosto de 2019 Florencia, Italia
do 15 ao 20 de xullo de 2018 Melbourne, Australia
do 30 de xullo ao 4 de agosto de 2017 Vancouver, Canadá
do 22 ao 27 de xuño de 2014 Baltimore, Maryland
do 19 ao 24 de xuño de 2011 Portland, Oregón
do 15 ao 20 de xuño de 2008 Columbus, Ohio
do 25 ao 30 de xuño de 2005 Ann Arbor, Michigan
do 7 ao 12 de xullo de 2002 Fildelfia, Pensilvania

Actividades

[editar | editar a fonte]

ACL organiza varias das principais conferencias e talleres no campo da lingüística computacional e o Procesamento da Linguaxe Natural. Estas inclúen:

Ademais das conferencias, ACL tamén patrocina as revistas Lingüística Computacional e Transaccións da Asociación de Lingüística Computacional (TALC). Os artigos científicos e outras presentacións ofrecidas nos eventos de ACL e outros relacionados co organismo arquívanse en liña na antoloxía ACL Anthology, de acceso aberto.[16]

Grupos de especial interese

[editar | editar a fonte]

ACL conta cun gran número de grupos de especial interese centrados en áreas específicas do PLN. Algúns destes inclúen:[17]

SIG Description
SIGANN Anotación lingüística
SIGBIOMED Procesamento de linguaxe biomédica
SIGDAT Datos lingüísticos e métodos basados en corpus
SIGDIAL Procesamento do diálogo
SIGFSM Modelos autómatas finitos
SIGGEN Xeración da linguaxe natural
SIGHAN Procesamento do chinés
SIGHUM Tecnoloxías da linguaxe para as Ciencias Sociais e Humanidades
SIGLEX Léxico: o organismo que engloba as avaliacións semánticas de SemEval e as avaliacións palabra-sentido de SENSEVAL
SIGMT Arquivado 26 de abril de 2021 en Wayback Machine. Tradución automática
SIGMOL Matemáticas da linguaxe
SIGMORPHON Morfología e fonoloxía computacional
SIGNLL Aprendizaxe da linguaxe natural
SIGPARSE Parsing da linguaxe natural
SIGSEM Semántica computacional
SIGSEMITIC Métodos computacionais para as linguas semíticas
SIGSLAV PLN para as linguas eslavas
SIGSLPAT Procesamento da fala e a linguaxe para tecnoloxías de asistencia
SIGTYP Tipoloxía
SIGWAC A web como un corpus

Presidentes

[editar | editar a fonte]

Cada ano, ACL elixe un distinguido lingüista computacional que devén vicepresidente da organización no seguinte ano de calendario e presidente un ano máis tarde. Os últimos presidentes de ACL foron:[18]

Year Name
2022 Tim Baldwin
2021 Rada Mihalcea
2020 Hinrich Schütze
2019 Zhou Ming
2018 Marti Hearst
2017 Joakim Nivre
2016 Pushpak Bhattacharyya
2015 Christopher D. Manning
2014 Gertjan van Noord
2013 Haifeng Wang
2012 Ken Church
2011 Kevin Knight
2010 Ido Dagan
2009 Steven Bird
2008 Bonnie Dorr
2007 Mark Steedman
2006 Jun'ichi Tsujii
2005 Martha Palmer
2004 Johanna Moore
2003 Mark Johnson
2002 John Nerbonne
2001 Eduard Hovy
2000 Wolfgang Wahlster
  1. 1,0 1,1 "What is the ACL and what is Computational Linguistics?". aclweb.org. 
  2. "The top 10 NLP Conferences" (en inglés). 
  3. "Natural Language Processing (NLP) Conferences". conferenceindex.org. 
  4. "What is the ACL and what is Computational Linguistics?". aclweb.org. 
  5. "Welcome to the EACL!". www.eacl.org (en inglés). 
  6. "About NAACL". naacl.org (en inglés). 
  7. "AACL index". aaclweb.org. Arquivado dende o orixinal o 27 de setembro de 2023. Consultado o 30 de agosto de 2024. 
  8. 8,0 8,1 "Some Notes on ACL History". 
  9. "Computational Linguistics - ACL Anthology". aclanthology.org. Consultado o 2024-08-30. 
  10. "MIT Press". mitpressjournals.org (en inglés). 
  11. "CL Journal". cljournal.org. 
  12. 12,0 12,1 "Reflections on 20 Years of the ACL: An Introduction": 89–91. doi:10.3115/981251.981273. Consultado o free. 
  13. "Towards a Computational History of the ACL: 1980-2008": 13–21. 
  14. "ACL". ACL HomeAssociation for Computational Linguistics (en inglés). 
  15. "ACL Conference Statistics". ACL2020. 
  16. "ACL Anthology". 
  17. "ACL". aclweb.org. 
  18. "ACL Officers". aclweb.org (en inglés). 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]