Bremen
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde agosto de 2018.) |
Este artigo ou sección precisa dunha revisión do formato que siga o libro de estilo da Galipedia. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
- Este artigo trata sobre a cidade alemá, para o artigo sobre o estado tamén alemán véxase Estado de Bremen.
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Alemaña | ||||
Estado federado | Estado de Bremen | ||||
Enclave en | Baixa Saxonia | ||||
Capital de | |||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 569.396 (2022) (1.791,23 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 317,88 km² | ||||
Bañado por | Río Weser, Lesum, Schönebecker Aue (en) , Blumenthaler Aue (en) , Wümme e Ihle | ||||
Altitude | 11 m-6 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Organización política | |||||
• Xefe do goberno | Andreas Bovenschulte (2019–) | ||||
Membro de | |||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 28195, 28197, 28199, 28201, 28203, 28205, 28207, 28209, 28211, 28213, 28215, 28217, 28219, 28237, 28239, 28259, 28277, 28279, 28307, 28309, 28325, 28327, 28329, 28355, 28357, 28359, 28717, 28719, 28755, 28757, 28759, 28777 e 28779 | ||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | 0421 | ||||
Código NUTS | DE501 | ||||
Clave de rexión en Alemaña | 04011 | ||||
Número de municipio alemán | 04011000 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Páxina web | bremen.de | ||||
Bremen (en alemán pronunciado [ˈbʁeːmən]) é unha cidade situada no noroeste de Alemaña. Forma, canda o porto de Bremerhaven (60 km ao NO), a Cidade Libre Hanseática de Bremen ou Estado de Bremen, un dos 16 estados federados que conforman Alemaña, do cal é a capital.
Xeografía
[editar | editar a fonte]Bremen é unha cidade no noroeste de Alemaña, atravesada polo río Weser a uns 60 km de distancia do Mar do Norte. A cidade atópase a uns 50 km ao leste de Oldenburg, 110 km ao suroeste de Hamburgo, 120 km ao noroeste de Hanover e 105 km ao nordés de Osnabrück.
Clima
[editar | editar a fonte]Bremen posúe un clima oceánico moderado debido a súa proximidade á costa do Mar do Norte.
Datos climáticos para Bremen | |||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Mes | Xan | Feb | Mar | Abr | Mai | Xuñ | Xul | Ago | Set | Out | Nov | Dec | Anual |
Temperatura máxima en °C | 14,6 | 18,5 | 23,5 | 30,2 | 34,4 | 34,9 | 36,8 | 37,6 | 33,4 | 28,6 | 20,1 | 16,1 | 37,6 |
Media máxima en °C | 3,9 | 4,8 | 8,7 | 12,8 | 18,0 | 20,2 | 22,4 | 22,6 | 18,4 | 13,5 | 8,0 | 5,1 | 13,2 |
Media diaria en °C | 1,4 | 1,9 | 5,0 | 8,1 | 12,7 | 15,3 | 17,4 | 17,4 | 13,9 | 9,7 | 5,2 | 2,7 | 9,2 |
Media mínima en °C | −1,1 | −1,1 | 1,3 | 3,4 | 7,4 | 10,3 | 12,4 | 12,1 | 9,3 | 5,8 | 2,3 | 0,3 | 5,2 |
Temperatura mínima en °C | −21,8 | −23,6 | −18,7 | −7,6 | −3,5 | 0,5 | 3,0 | 3,4 | −1,2 | −7,8 | −14,1 | −17,5 | −23,6 |
Chuvia media mm | 55,1 | 35,6 | 51,2 | 40,8 | 54,2 | 73,4 | 65,0 | 61,2 | 60,1 | 55,4 | 57,7 | 61,6 | 671,3 |
Media de días con chuvia (≥ 1.0 mm) | 11,3 | 8,6 | 11,0 | 9,0 | 9,5 | 11,1 | 10,8 | 10,1 | 10,6 | 10,5 | 11,5 | 12,0 | 126 |
Humidade relativa media (%) | 87 | 84 | 80 | 75 | 71 | 73 | 75 | 75 | 81 | 84 | 87 | 88 | 80 |
Media de horas de sol mensuais | 47 | 71 | 107 | 170 | 214 | 193 | 205 | 193 | 143 | 108 | 54 | 40 | 1 545 |
Fonte: DWD; wetterkontor.de;[1][2] |
Poboación
[editar | editar a fonte]En 2015, Bremen contaba cunha poboación de 557.464 habitantes, dos cales 89.713 (16%), aproximadamente, tiñan unha nacionalidade estranxeira.[3] A área urbá chega a case 900 000 habitantes e a área metropolitana Bremen-Oldenburg inclúe uns 2,3 millóns de habitantes.
Nº | Nacionalidade | Poboación |
---|---|---|
1 | Turquía | 20 624 |
2 | Siria | 7 211 |
3 | Polonia | 7 188 |
4 | Bulgaria | 4 552 |
5 | Rusia | 2 666 |
6 | Italia | 2 073 |
7 | Serbia e Montenegro | 2 062 |
8 | Afganistán | 1 955 |
9 | Romanía | 1 778 |
10 | España | 1 690 |
Historia
[editar | editar a fonte]Bremen semella ser un antigo asentamento alemán. Unha acta proclama a súa fundación no ano 788 aínda que recentemente recoñeceuse coma falsa polo que a data de fundación segue a ser descoñecida. Durante o século VIII as tropas de Carlomagno chegaron ao río Weser coa finalidade de cristianizar as tribos asentadas a carón do río, polo que Bremen converterse nunha cidade obispal de certa importancia mercantil.
No século XII , o poder da cregaxe vese igualado polo de Henrique o León. O nobre saíu vitorioso e converteuse no soberano da cidade, o que conduciu a un goberno civil e a unha perda do poder clerical, desta forma Bremen converteuse nunha cidade comercial cuxos barcos dominaban a parte sur do Mar do Norte. Esta dominación rematou cando a Liga Hanseática, que era orixinalmente unha alianza do Mar Báltico soamente, tomou unha posición no Mar do Norte. A comezos do século XIV os barcos de Bremen artimañando coma piratas abordaron as naves hanseáticas. En 1358[4] co fin de evitar unha guerra aberta, os conselleiros municipais de Bremen acoden ao consello da Liga Hanseática en Lübeck e aceptan formar parte dela.
En 1404 foi erixida a estatua de pedra de Roland na Marktplatz[5], para substituír unha anterior de madeira que fora destruída.
Bremen continuou sendo un membro reticente da Liga Hanseática, esixindo apoio para as súas guerras contra os líderes dos clans frisóns que reinaban ao redor da desembocadura do río Weser, mais en poucas ocasións chegaron ao ámbito do Mar Báltico. En 1425, o conflito acadou un novo nivel cando os cidadáns queimaron documentos hanseáticos na praza do mercado (Bremer Markplatz). Entón Bremen é expulsado da liga en 1427, o que non deixa de ter repercusións: a repentina perda de poder leva a reclamacións territoriais dos estados veciños e perdas territoriais significativas. Máis tarde Bremen volverá a ser parte da Liga ata ser expulsada novamente no 1563 por terceira vez.
En 1623 é construído o primeiro porto artificial alemán en Bremen-Vegesack e no ano 1646 trala Guerra dos Trinta Anos contra os suecos convértese nunha cidade reino independente. A cidade foi ocupada polas tropas napoleónicas no ano 1811 integrándose ao sistema administrativo francés como capital do departamento de Bouches-du-Weser ata o fin da ocupación francesa tres anos despois para finalmente ser recoñecido como Estado soberano, da Confederación Alemá (1871) no Congreso de Viena de 1815. O Estado de Bremen absorberá 1827 ao porto de Bremerhaven conformando así o estado actual.
Despois da Segunda Guerra Mundial, durante a cal a cidade foi bombardeada dende xuño de 1942 a marzo de 1945, Bremen foi ocupada polas forzas británicas que non tardaron en ceder a cidade aos estadounidense que querían ter un porto preto do Mar do Norte. Esta situación permitiu que a cidade non fose absorbida polo estado e Baixa Saxonia que estaba baixo ocupación británica.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 31 de marzo de 2022. Consultado o 28 de agosto de 2018.
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 18 de outubro de 2014. Consultado o 18 de outubro de 2014.
- ↑ 3,0 3,1 "Statistisches Jahrbuch 2016". Statistisches Landesamt Bremen: 39. 2016. ISSN 0942-9883.
- ↑ "Bremen | History, Facts, & Points of Interest". Encyclopedia Britannica (en inglés). Consultado o 2018-09-06.
- ↑ Centre, UNESCO World Heritage. "Town Hall and Roland on the Marketplace of Bremen". whc.unesco.org (en inglés). Consultado o 2018-08-29.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Bremen |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Listaxe | Cidade | Estado | Pob. | Listaxe | Cidade | Estado | Pob. | Berlín Hamburgo Múnic |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1 | Berlín | Berlín | 3 531 201 | 11 | Leipzig | Saxonia | 531 809 | |
2 | Hamburgo | Hamburgo | 1 810 698 | 12 | Dresden | Saxonia | 529 781 | |
3 | Múnic | Baviera | 1 378 176 | 13 | Hannover | Baixa Saxonia | 525 875 | |
4 | Colonia | Renania do Norte-Westfalia | 1 017 155 | 14 | Nürnberg | Baviera | 510 602 | |
5 | Frankfurt | Hessen | 691 518 | 15 | Duisburgo | Renania do Norte-Westfalia | 488 005 | |
6 | Stuttgart | Baden-Württemberg | 613 392 | 16 | Bochum | Renania do Norte-Westfalia | 373 976 | |
7 | Düsseldorf | Renania do Norte-Westfalia | 592 393 | 17 | Wuppertal | Renania do Norte-Westfalia | 349 470 | |
8 | Dortmund | Renania do Norte-Westfalia | 580 956 | 18 | Bonn | Renania do Norte-Westfalia | 327 913 | |
9 | Essen | Renania do Norte-Westfalia | 573 468 | 19 | Bielefeld | Renania do Norte-Westfalia | 323 395 | |
10 | Bremen | Bremen | 548 319 | 20 | Mannheim | Baden-Württemberg | 314 931 | |
Datos do censo de 2011 |
Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |