Propano
O propano (do grego pro primeira orde e pion graxa, e o sufixo químico -ano dado que é o primeiro nos ácidos graxos) é un gas incoloro e inodoro. Pertence aos hidrocarburos alifáticos con enlaces simples de carbono, coñecidos como alcanos. A súa fórmula química é C3H8.
Combustión do propano:
C3H8 + 5O2 → 3CO2 + 4H2O
Xerais
[editar | editar a fonte]As mesturas de propano co aire poden ser explosivas con concentracións do 1,8 ao 9,3 % Vol de propano. A chama do propano, igual que a dos demais gases combustibles, debe de ser completamente azul; calquera parte amarelenta, alaranxada ou rubia da mesma, denota unha mala combustión. A temperatura ambiente, é inerte fronte á maior parte dos reactivos aínda que reacciona por exemplo co bromo en presenza de luz. En elevadas concentracións, o propano ten propiedades narcotizantes.
Historia
[editar | editar a fonte]O propano identificouno como compoñente volátil na gasolina o Dr. Walter O. Snelling da oficina de minas dos Estados Unidos en 1910. Debido á volatilidade destes hidrocarburos lixeiros, foron coñecidos como "salvaxes" ("wild" en inglés) pola gran presión de vapor na gasolina non refinada. O 31 de marzo, o New York Times informou sobre o traballo con gas licuado do Dr. Snelling e que "... unha botella de aceiro deste gas será suficiente para alumear un fogar común durante tres semanas."[1]
Tensión de vapor
[editar | editar a fonte]Tensión de vapor do propano en función da temperatura:
Temperatura (°C) | Presión (Pa) |
---|---|
80 | 1 765 197 |
40 | 1 287 123 |
30 | 1 103 248 |
15 | 735 499 |
0 | 490 333 |
-10 | 372 653 |
-20 | 269 683 |
-30 | 184 365 |
-40 | 122 583 |
Síntese
[editar | editar a fonte]O propano acostúmase obter do gas natural ou dos gases dos procesos de "cracking" producidos nas instalacións petroquímicas.
Usos
[editar | editar a fonte]O principal uso do propano é o aproveitamento enerxético como combustible. Con base ao punto de ebulición máis baixo que o butano e o maior valor enerxético por gramo, ás veces mestúrase con este ou utilízase propano en vez de butano. Na industria química é un dos produtos de partida na síntese do propeno. Ademais, utilízase como gas refrixerante (R290) ou como gas propulsor en aerosois.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "GAS PLANT IN STEEL BOTTLE.; Dr. Snelling's Process Gives Month's Supply in Liquid Form.". The New York Times (en inglés): 9. 1 de abril de 1912. Consultado o 18 de febreiro de 2012.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- PHYSICAL constants of organic compounds. In: LIDE, D. R.; TAYLOR, F. (Ed.). CRC handbook of chemistry and physics. 89th ed. Boca Raton, 2009. Dispoñible en: <http://www.hbcpnetbase.com/ Arquivado 24 de xullo de 2017 en Wayback Machine.>. Consultado o 15 de setembro de 2009.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Propano |
- Instituto nacional de Seguridade e Hixiene no Traballo de España: Ficha internacional de seguridade química do propano. (en castelán)
- Especificación do propano comercial no Reino Unido[Ligazón morta] (en inglés)