Área metropolitana de Barcelona
Este artigo ou sección precisa dunha revisión do formato que siga o libro de estilo da Galipedia. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
A Área metropolitana de Barcelona (AMB) está integrada por tres organismos territoriais de xestión. En conxunto ofrecen servizos a 36 municipios cunha poboación de 3 150 380 habitantes (INE, 2007) nunha extensión de 633 km² e unha densidade de 4 977 hab/km².
É o núcleo central da Rexión urbana de Barcelona, que conta cunha poboación de 4.856.579 habitantes cunha densidade de poboación de 1.496 hab/km².Autoritat do Transport Metropolità: Ámbito do Sistema Tarifario Integrado
Esta constituída por:
- Mancomunitat de Municipis: intégrana 31 municipios. Xestiona as áreas comúns que afectan a: espazos públicos, infraestruturas e vialidade, equipamentos, urbanismo e vivenda. Conta con 3 029 389 habitantes e unha extensión de 495 km². Vistos os servizos que ofrece podería considerarse como a área metropolitana xenuína de Barcelona.
- Entitat do Transport: intégrana 18 municipios. Dá servizo a unha poboación de 2.790.803 habitantes nunha extensión de 332 km². Son os que forman un estrito continuo urbano coa capital. Creada para xestionar de forma conxunta os servizos de transporte público de viaxeiros no seu ámbito territorial.
- Entitat do Medi Ambient[Ligazón morta]: intégrana 33 municipios. Dá servizo a unha poboación de 3.121.795 habitantes nunha extensión de 583 km². Encargada de xestionar os servizos hidráulicos e o tratamento de residuos.
Xeografía
[editar | editar a fonte]A área metropolitana de Barcelona atópase na costa central catalá e ao redor do seu capital. Pódense diferenciar dúas zonas:
- A zona limítrofe e que forma un continuo urbano coa cidade: está delimitada polo Mar Mediterráneo e a Serra de Collserola. Nela atópanse algunhas cidades, como Badalona, Santa Coloma de Gramenet, L'Hospitalet de Llobregat, Esplugues de Llobregat ou Cornellà de Llobregat. Aquí a fronteira entre municipios son rúas, avenidas ou ben as canles dos ríos Llobregat e Besòs.
- A zona metropolitana adxacente: aquí hai diferentes núcleos de poboación nos que predominan barrios residenciais de casas unifamiliares, industrias, bosques... Nesta zona atópanse cidades como Cerdanyola del Vallès, Sant Vicenç dels Horts ou Sant Cugat del Vallès.
Municipios da área metropolitana
[editar | editar a fonte]
Cidade |
Comarca |
Organismos |
Habitantes |
Area en km² |
Densidade |
Distancia Barcelona |
---|---|---|---|---|---|---|
Barcelona | Barcelonès | MM/ET/EMA | 1.595.110 | 101 | 15.951 | --- |
L'Hospitalet de Llobregat | Barcelonès | MM/ET/EMA | 251.848 | 12 | 20.987 | limítrofe |
Badalona | Barcelonès | MM/ET/EMA | 216.201 | 22 | 10.295 | 10,8 |
Santa Coloma de Gramenet | Barcelonès | MM/ET/EMA | 116.765 | 7 | 16.681 | limítrofe |
Cornellà de Llobregat | Baix Llobregat | MM/ET/EMA | 84.477 | 7 | 12.068 | 10 |
Sant Boi de Llobregat | Baix Llobregat | MM/ET/EMA | 80.727 | 22 | 3.669 | 11,5 |
Sant Cugat del Vallès | Vallès Occidental | EMA | 74.345 | 48 | 1.517 | 10 |
El Prat de Llobregat | Baix Llobregat | MM/ET/EMA | 62.663 | 31 | 2.021 | limítrofe |
Viladecans | Baix Llobregat | MM/ET/EMA | 61.718 | 20 | 3.086 | 21,8 |
Castelldefels | Baix Llobregat | MM/ET/EMA | 58.955 | 13 | 4.535 | 27,7 |
Cerdanyola del Vallès | Vallès Occidental | MM/EMA | 57.758 | 32 | 1.925 | 17,7 |
Esplugues de Llobregat | Baix Llobregat | MM/ET/EMA | 46.286 | 5 | 9.257 | limítrofe |
Gavà | Baix Llobregat | MM/ET/EMA | 44.678 | 31 | 1.489 | 23,1 |
Sant Feliu de Llobregat | Baix Llobregat | MM/ET/EMA | 42.273 | 12 | 3.523 | 16 |
Ripollet | Vallès Occidental | MM/EMA | 35.661 | 4 | 8.915 | 18 |
Sant Adrià de Besòs | Barcelonès | MM/ET/EMA | 32.734 | 4 | 8.184 | limítrofe |
Montcada i Reixac | Vallès Occidental | MM/ET/EMA | 32.111 | 23 | 1.396 | limítrofe |
Sant Joan Despí | Baix Llobregat | MM/ET/EMA | 31.671 | 6 | 5.279 | 13,8 |
Barberà del Vallès | Vallès Occidental | EMA | 29.208 | 8 | 3.651 | 15 |
Sant Vicenç dels Horts | Baix Llobregat | MM/EMA | 27.106 | 9 | 3.012 | 16,9 |
Sant Andreu de la Barca | Baix Llobregat | MM/ET/EMA | 25.743 | 6 | 4.291 | 19 |
Molins de Rei | Baix Llobregat | MM/EMA | 23.54 | 16 | 1.472 | 12,9 |
Sant Just Desvern | Baix Llobregat | MM/ET/EMA | 15.391 | 8 | 1.924 | limítrofe |
Badia del Vallès | Vallès Occidental | MM/EMA | 13.975 | 1 | 13.975 | 20 |
Corbera de Llobregat | Baix Llobregat | MM | 13.133 | 18 | 691 | 25,4 |
Castellbisbal | Vallès Occidental | EMA | 11.540 | 31 | 372 | 22 |
Pallejà | Baix Llobregat | MM/EMA | 10.819 | 8 | 1.352 | 17 |
Montgat | Maresme | MM/ET/EMA | 9.778 | 3 | 3.259 | 14 |
Cervelló | Baix Llobregat | MM | 7.944 | 22 | 331 | 20 |
Santa Coloma de Cervelló | Baix Llobregat | MM | 7.508 | 7 | 1.073 | 18 |
Tiana | Maresme | MM/ET/EMA | 7.417 | 8 | 927 | 15 |
Begues | Baix Llobregat | EMA | 5.898 | 50 | 118 | 20 |
Torrelles de Llobregat | Baix Llobregat | MM/EMA | 4.974 | 14 | 355 | 21 |
El Papiol | Baix Llobregat | MM/EMA | 3.781 | 9 | 420 | 15 |
Sant Climent de Llobregat | Baix Llobregat | MM/EMA | 3.631 | 11 | 330 | 19 |
la Palma de Cervelló | Baix Llobregat | MM/EMA | 3.009 | 5 | 602 | 21 |
Total | 3.150.380 | 633 | 4.977 |
Grandes proxectos metropolitanos
[editar | editar a fonte]Aeroporto
[editar | editar a fonte]O Aeroporto de Barcelona atópase en plena [1][Ligazón morta] ampliación e remodelación. Xa se puxo en servizo a terceira pista e entrou en funcionamento a nova torre de control. A [2][Ligazón morta] Terminal Sur espérase que entre en servizo durante o ano 2008. Estase traballando á súa vez na nova cidade aeroportuaria, a nova terminal de carga, así como nos novos viarios de conexión e nas infraestruturas ferroviarias que o conectarán con Barcelona. O aeroporto, que no ano 2006 superou os 30 millóns de pasaxeiros, poderá asumir un tráfico de 55 millóns de pasaxeiros ao ano unha vez as obras finalicen. Será como unha [3][Ligazón morta] cidade de 40.000 habitantes que atenderá directamente a máis de 150.000 pasaxeiros ao día, 80.000 deles na nova Terminal Sur.
Porto
[editar | editar a fonte]Unha vez acabada a súa ampliación[Ligazón morta] en 2011 dobraría tanto a súa superficie como as súas infraestruturas, o que á súa vez permitirá duplicar o tráfico de mercancías. Un dos seus principais atractivos será a intermodalidade a través dos novos accesos viarios e ferroviarios, a chegada do ancho de vía europeo e a proximidade ao aeroporto (3 km). A pesar de que a primeira pedra da ampliación colocouse no 2001, co obxecto de desviar a canle do río Llobregat 3 km cara ao sur, o colosal tamaño da infraestrutura supón que o estado das obras[Ligazón morta] aínda diste do aspecto que terá á súa finalización.
Distrito económico Gran Vía
[editar | editar a fonte]Entre os municipios de Barcelona e L'Hospitalet de Llobregat estase levantando a que será a terceira operación máis relevante de Cataluña en teito edificable (1,5 millóns de m2). O investimento previsto rolda os 1 800 millóns de euros e proporcionará traballo a 30 000 persoas. Nesa contorna atravesada pola Gran Vía, que será soterrada en parte (700 metros) e deprimida o resto (2 000 metros), situaranse:
- O Hotel Hesperia Tower, o segundo máis alto de Barcelona (xa en funcionamento)
- A cidade xudicial[Ligazón morta] máis grande do mundo, deseñada por David Chipperfield. Terá 11 edificios de vidro reflector de entre 40 e 72 metros de altura
- O segundo recinto feiral máis grande de Europa, Fira Gran Vía M2[Ligazón morta], que se atopa a 2,5 km do actual recinto feiral de Montjuïc e que consolida a grande expansión de Feira de Barcelona
- A Praza de Europa, un centro direccional de 335.000 m2 de teito na que se levantarán 17 edificios de entre 15 e 20 plantas.
Sincrotrón
[editar | editar a fonte]O sincrotrón Arquivado 28 de marzo de 2006 en Wayback Machine. de Cerdanyola del Vallès é a maior instalación científica que se porá en marcha en España nos próximos anos, que empezará a funcionar en 2009. Os sincrotróns son aceleradores de partículas que producen unha luz moi pura, capaz de penetrar na materia, polo que son unha ferramenta fundamental na análise de moléculas. Teñen aplicacións en ámbitos como bioloxía, enxeñería, biotecnoloxía e nanotecnoloxía. Os gobernos central e autonómico asinaron un convenio en marzo de 2005 no que se comprometen a asumir a partes iguais o custo da operación, que será de 170 millóns de euros. As obras deron comezo en outubro do 2006.
Parc de Recerca Biomèdica
[editar | editar a fonte]O prbb, Parque de Investigación Biomédica de Barcelona é unha infraestrutura científica en plena fase de equipamento e posta en marcha dos 80 grupos de investigación independentes, integrados por máis de 1.000 persoas, aos que acollerá cando estea a pleno rendemento, durante o ano 2007. Será centro especializado en:
- Informática biomédica e bioloxía de sistemas
- Regulación xénica e epixenética
- Bioloxía celular e desenvolvemento
- Farmacoloxía e Patofisioloxía clínica
- Xenética humana e bioloxía da evolución
- Epidemioloxía e saúde pública
O prbb, que foi financiado pola Unión Europea, xerará coñecementos de alto nivel para descifrar a base xenética e molecular da vida e axudar a solucionar os problemas de saúde emerxentes. A sorprendente concentración de investigadores de alto nivel, que traballaron nos mellores centros internacionais, está atraendo constantemente novos talentos do ámbito científico de todo o mundo.
Fronte marítima
[editar | editar a fonte]Para o ano 2008, Barcelona [4], Sant Adrià de Besòs [5] e Badalona [6] rexenerarían e transformado toda a súa fronte marítima. transcorrerían 20 anos desde que as escavadoras empezasen a derruír a barreira industrial que separaba a cidade do mar. Os Xogos Olímpicos de 1992 deron ese primeiro impulso. E 10 anos máis tarde foi o Fórum Universal das Culturas 2004 o que ofreceu outro impulso transformador. Finalmente, xa son moi poucas as obras pendentes, todas xa en execución. Recuperáronse para uso e goce de cidadáns e turistas 10 quilómetros de praias; construíronse 4 portos deportivos, o zoo mariño e un bo número de parques e instalacións deportivas ao longo da fronte marítima.
AVE
[editar | editar a fonte]O 20 de febreiro de 2008, un día antes do inicio da campaña electoral para as eleccións xerais españolas, púxose en circulación o primeiro tren AVE comercial para pasaxeiros (liña Madrid-Guadalaxara-Calatayud-Zaragoza-Lleida-Tarragona-Barcelona) con destino final na Estació de Sants. A cidade contará con dúas grandes estacións intermodais interconectadas a través dun túnel subterráneo que cruzará a cidade: a Estación de Sants[Ligazón morta], actualmente en remodelación e que absorberá o tráfico da Península, e a Estación da Sagrera(estación da Sagrera), que fará o propio co tráfico europeo. Parece que existe un sólido compromiso entre Adif e as institucións implicadas para que a conexión coa fronteira francesa e Perpiñan sexa unha realidade no 2009.
Liña Orbital Ferroviaria
[editar | editar a fonte]A nova Liña Orbital Ferroviaria[Ligazón morta] é unha actuación estratéxica que ten como obxectivo potenciar o transporte ferroviario rompendo a radialidade comunicativa na rexión metropolitana que ten como eixo a cidade de Barcelona e contribuír á vertebración do territorio. De acordo co trazado proposto, a nova liña contará cun total de 106 quilómetros, dos cales 51 xa son operativos. Unirá 25 estacións entre Vilanova i la Geltrú e Mataró, 17 das cales xa están construídas.
Liña 9 do Metro
[editar | editar a fonte]A [Ligazón morta liña 9 do Metro de Barcelona será a máis longa de Europa con 46.6 quilómetros e 51 estacións, 15 delas intermodais. Todas as estacións estarán adaptadas para as persoas con problemas de mobilidade. Os tramos desdobrados nos seus extremos está previsto que entren en servizo no 2008 e o resto da liña cara ao 2013. Cando estea a pleno rendemento espérase que dea servizo a 90 millóns de viaxeiros durante o primeiro ano de funcionamento, conectando os municipios de Badalona, Santa Coloma de Gramenet, Barcelona, L'Hospitalet de Llobregat e El Prat de Llobregat. Terá unha estación en cada unha das dúas terminais do Aeroporto de Barcelona.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galipedia ten un portal sobre: Barcelona |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Àrea Metropolitana de Barcelona Arquivado 09 de agosto de 2013 en Wayback Machine.
- [Ligazón morta Plan do delta][Ligazón morta]